literatura

A víscera

Censura

Fondo político

As persoas intervintes na sesión do simposio desta segunda feira (Foto: Consello da Cultura Galega).
CULTURA

O Consello da Cultura Galega desenvolve un simposio sobre a figura de Martín Sarmiento

O simposio ten como obxectivo profundar no legado do escritor Martín Sarmiento, "un pioneiro en concibir a Galiza como país".
O artista David Rubín vén de crear as viñetas de 'Cosmic detective' e vai presentar en decembro 'O lume'. (Foto: Manuel Barreiro)
Contracultura

David Rubín: "En 'Cosmic detective' mestúrase o xénero negro e policial dos 40 cunha ciencia ficción cósmica"

David Rubín, ilustrador, pon as mans que están detrás das viñetas de 'Cosmic detective', unha banda deseñada guionizada por Jeff Lemire e Matt Kindt. Rubín aborda o proceso de creación e de publicación dunha historia que, como el di, "mestura o xénero negro, policial, e as historias de detectives dos anos corenta, cunha ciencia ficción cósmica bastante tola".
Pablo Nogueira busca fomentar o hábito da lectura coas súas obras.  (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Pablo Nogueira: "Desde a literatura debemos dar resposta a unha sociedade cada vez máis diversa"

Pablo Nogueira, mestre e escritor, vén de recibir o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade coa obra 'Ringo. Memorias dun coello fedello', que será publicada por Xerais ao resultar gañadora do certame. Nogueira busca fomentar o gusto pola lectura e o valor da diversidade e aborda os intereses e motivacións das crianzas á hora de seguir unha historia xa que, como el di, "o bo que ten a literatura infantil é que todo pode ser posíbel, permite soñar e crear novos mundos".
Detalles das capas dos cinco libros, obra do grafista Pepe Barro.
CULTURA

Sermos Galiza agasalla as persoas lectoras con cinco libros

O 8 de xuño de 2012 saía á rúa o primeiro número de 'Sermos Galiza'. Moitas cousas mudaron desde aquela: o semanario deu paso a un diario, superouse a enésima crise do capitalismo, vivimos unha pandemia, comezou unha guerra en Europa... As formas de relacionarse socialmente e o modo en que o xornalismo enfrontou eses cambios foron acompañados neste tempo desde unha óptica galega. Para celebrar o aniversario, Sermos Galiza S.A. edita cinco libros que debuxan a última década.
O profesor e experto en linguas antigas Xosé Antón Parada. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Xosé Antón Parada: "As linguas, onde tamén se forxan, é na tradución das obras máis importantes da historia"

A publicación do 'Código de Hammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica' (Rinoceronte, 2022) traducido da súa lingua orixinal, a acadia, achega textos fundamentais para o desenvolvemento da humanidade. A obra presentouse esta sexta feira en Ribeira. O seu tradutor, Xosé Antón Parada, conversa con 'Nós Diario' do "proceso de vertido" ao galego e da trascendencia desta edición que agora ve a luz.
O Día das Librarías busca asentarse no calendario cultural. (Foto: Arxina)
Día das Librarías

Increméntase o interese pola lectura, malia un contexto económico adverso

O interese pola lectura aumenta entre a xete nova. Esa é a percepción dos libreiros que, non obstante, ven o futuro con cautela por mor do desbocado incremento do prezo do papel.
Gonzalo Navaza Navaza ocupará a vacante producida polo pasamento en marzo de 2021 do historiador Xosé Ramón Barreiro.
CULTURA

Gonzalo Navaza entra este sábado na Real Academia Galega

Navaza ingresará na Real Academia Galega como membro de número este sábado nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar no salón de actos da institución a partir das 12:30 horas. O filólogo e escritor pronunciará o discurso titulado Nomes de persoa na toponimia de Lalín, centrado na súa terra natal. Daralle resposta Antón Santamarina, coordinador do Seminario de Onomástica.
Odete Semedo, gañadora na categoría de Lingua Portuguesa.
CULTURA

Os premios Rosalía de Castro do PEN Clube xa teñen gañadoras

Odete Costa Semedo, na categoría de Literatura en lingua portuguesa;  José Mª Merino, na de Literatura en lingua castelá;  Josep Mª Miró i Coromina , na de Literatura en lingua catalá; e Leire Bilbao, na de Literatura en euskera, foron as persoas galardoadas. 
 
José Manuel Dopazo. (Foto: Chan da Pólvora)
star
Libros

A fala única da illa de Ons

Até aquí podo contar [A Lingua da Illa de Ons] recolle gravacións realizadas a persoas nacidas entre 1915 e 1959.
Páxinas de 'Black is Beltza. Ainhoa'.
star
Banda deseñada

"Non hai revolución sen cancións"

Esta é a segunda entrega en banda deseñada do universo Black is Beltza, o proxecto transmedia impulsado por Fermín Muguruza.

Soberanía Estética

Literatura para tempos confusos

O novo académico numerario da RAG, Gonzalo Navaza. (Foto: Miguel Grandío)
CULTURA

Gonzalo Navaza ingresa a próxima semana na RAG como membro numerario

A entrada na Academia do filólogo e escritor oficializarase o próximo 5 de novembro coa lectura do discurso 'Nomes de persoa na toponimia de Lalín'.
Álvaro Cunqueiro durante a súa viaxe a Bretaña en 1964. (Foto: RAG)
CULTURA

Un monográfico sobre Cunqueiro estrea a nova revista 'Cumieira das letras'

A Universidade de Vigo presenta esta quinta feira un anuario de estudos literarios.
O escritor José Luís Baños de Cos aborda violencias como a homofobia ou o machismo na obra 'Lume'. (Foto: Arxina)
Contracultura

José Luis Baños: "Entendo o teatro de forma reivindicativa, como unha forma de facernos preguntas"

José Luís Baños de Cos, escritor, afonda na súa obra 'Lume', que lle valeu o V Premio Vidal Bolaño e que aborda diversas violencias sociais como a homofobia ou o machismo. Baños de Cos analiza como achegar o teatro á adolescencia sen deixar a un lado os temas que a afectan, xa que, como el di, "entendo que a algunhas persoas lles pareza duro, mais só estou contando cousas que acontecen na realidade".
A escritora Marilar Aleixandre, coa obra 'As malas mulleres'. (Foto: Arxina)
CULTURA

Marilar Aleixandre gaña o Premio Nacional de Narrativa 2022 por 'As malas mulleres'

O xurado destacou da obra a súa "orixinal estrutura híbrida".
A obra de Marta Orriols está traducida a 16 idiomas e xa se pode ler en galego. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Marta Orriols: "Na miña novela intento plasmar a diferenza que existe entre a pena e a compaixón"

A escritora Marta Orriols (Sabadell, Catalunya, 1975) conversa con 'Nós Diario' sobre 'Aprender a falar coas plantas' (Premio Òmnium á mellor novela do ano en lingua catalá) e que vén de ser publicada en galego por Aira Editorial. A obra conta a historia de Paula, que perde a súa parella nun accidente unhas horas despois de que el lle comunicara que estaba namorado doutra muller. Orriols fala da morte e dos aspectos que a rodean como o dó, a idealización ou a toma de conciencia tras a perda.