Ana Pontón pide seriedade a PP e PSdeG e sinala a solución para Alcoa: "Intervención pública"
A líder do BNG escolleu Lugo para destacar que, tras "seis presidentes homes, todos de forzas estatais", é "o momento" de ter unha presidenta "coas mans libres para defender os intereses das galegas.
Traballadoras da limpeza de Lugo féchanse na sede da Xunta tras a proposta "insuficiente" da patronal
As profesionais, que levan 102 días en folga indefinida, reclaman a inclusión no convenio de cláusulas de revisión.
Feche de traballadoras da limpeza en Lugo
A afección do Lugo berrará o sábado "Tino, vaite xa!"
Izquierda por Almería non se presentará finalmente ás eleccións galegas
Dúas facultativas para 4.000 persoas: veciñanza da Fonsagrada denuncia na Valedora a falta de persoal médico
O BNG pide manter e mellorar a unidade psiquiatría-infanto-xuvenil do HULA, "referencia para case 40.000 menores"
Denuncian o intento de desmantelar o único hospital de día de saúde mental infanto-xuvenil de Lugo
Paula Alvarellos toma posesión como nova alcaldesa da cidade de Lugo
Pontón comprométese en Lugo a mellorar a axuda no fogar con máis financiamento e reverter a precariedade
O Concello de Lugo pendura a bandeira de Palestina da Casa Consistorial
O alcalde en funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado de concelleiras e concelleiros, participou esta tarde nun acto simbólico, realizado por dous veciños procedentes de Palestina que residen en Lugo, no que se pendurou a bandeira de Palestina da Casa Consistorial. Arroxo explicou que “realizamos esta acción en cumprimento co acordo do pleno de decembro, como mostra da solidariedade do Concello e de toda a veciñanza de Lugo co pobo palestino”. Arroxo explicou que a bandeira foi pendurada de xeito simbólico, mais non permanecerá na fachada da Casa Consistorial debido ás restricións marcadas pola Lei de Bandeiras. “Buscaremos unha ubicación definitiva para a bandeira, como mostra do apoio a unha solución pacífica para o conflito en Palestina”. Con esta medida, Lugo convértese, xunto con Girona e Málaga, nos únicos concellos de todo o Estado que penduraron a bandeira de Palestina da súa casa consistorial. Unha das veciñas de Lugo de orixe palestina que participou no acto é Yasmín Letum, a rapaza que fora expulsada en novembro da cancha do Breogán por exhibir a bandeira do seu país no partido contra o hapoel.