Luís Bará

Pontevedra
POLÍTICA

PSOE e Marea súmanse a PP e Cs para “cuestionar o modelo” de cidade de Pontevedra

Aproban na comisión do PXOM a revisión do plan. As catro forzas suman 13 concelleiros por 12 do BNG.

Luís Bará. Campaña BNG. Xerais 2016. Reparto material informativo.
Luís Bará, número 1 do BNG Nós por Pontevedra

"Somos nacionalistas, non collemos atallos nen bandeiras de conveniencia"

É, a respeito do 20D, o rosto novo do nacionalismo galego en campaña. Luís Bará (Vilaboa, 1965) está a desenvolver unha actividade frenética no tramo final da carreira cara ao 26X. Aténdenos por telefone á saída do mitin de Vigo, na noite da terza feira. Acredita firmemente en que o futuro na Galiza se chama nacionalismo galego.

Ana Pontón
Acto coa mocidade no Local da Música de Pontevedra

Pontón defende que "nunha lexislatura sen maiorías absolutas, Galiza non pode ser espectadora"

Sprint final de campaña e a portavoz nacional do BNG estivo en Pontevedra, cidade emblemática para a formación nacionalista. Pontón esfórzase por transmitir a mensaxe de que Galiza ten de ter no Congreso "unha voz que defenda os nosos intereses durante os 365 días do ano".

bará
LUíS BARá (Nº1 NóS CANDIDATURA GALEGA POR PONTEVEDRA)

“Queremos que Galiza teña protagonismo de por si no Congreso, sen ser satélite nin actor secundario”

Á espera da ratificación por parte das asembleas comarcais que se realizan no país, Luís Bará será o candidato do BNG-Nós Candidatura Galega ao Congreso por Pontevedra. Así o propuxo a Executiva Nacional do Bloque. Concelleiro en Pontevedra, asegura que de saír elixido deixará a Corporación Municipal e dedicarase “en corpo e alma” a representar Galiza en Madrid.

Luís Bará
MEMORIA E HISTORIA

Luís Bará: “Trato de transmitir o relato emocional da represión e a resistencia”

A Luís Bará débese que a memoria histórica tivese por primeira vez un lugar de relevancia no goberno da Xunta. Desde o seu cargo de director xeral de Creación e Difusión Cultural conseguiu que, entre 2005 e 2009 se puidese falar dunha política pública da memoria. Agora a través do blog “Non des a esquecemento” relata episodios da represión e a resistencia desde unha escrita emocional coa que busca difundir historias que foron enterradas polo silencio e o esquecemento.

Sabela Bará
UN DOS NOVOS NOMES DA PERMANENTE DE GALIZA NOVA

Sabela Bará: “Á mocidade galega interésalle afortalar o nacionalismo”

Estudante de Tradución na Universidade de Vigo, Sabela Bará é un dos novos nomes da permanente que foi elixida na asemblea de Galiza Nova realizada o pasado domingo. O nacionalismo é, ao seu ver, o proxecto que beneficia ao país e a súa mocidade. 

Luis Bará
CULTURA

Luís Bará: "O PP é o herdeiro da ideoloxía reacionaria e antigalega que lle deu cobertura ao franquismo"

Do 2005 ao 2009 a recuperación da memoria entrou na axenda da Xunta. A Consellaría de Cultura desenvolveu un amplo programa que inauguraba unha política pública da memoria na Galiza. Á fronte del estaba Luís Bará, concelleiro hoxe en Pontevedra, que impulsa agora o programa “Represaliadas e resistentes”. Fálanos do que significou a loita contra o esquecemento desde o goberno galego e a intención do PP de borrar tamén o traballo institucional desenvolvido.  Imaxe capa: Pontevedraviva