manifestación

Galiza

O PP trata de impedir as manifestacións en Santiago

O goberno municipal do PP está a poñer atrancos para o desenvolvemento de mobilizacións sociais na capital galega. Na manifestación do pasado domingo en defensa do aborto libre e gratuíto un bar tivo que permitir o acceso á rede eléctríca xa que o Concello rexeitou o permiso para o enganche. Só un exemplo dunha práctica xa habitual polo PP. 

SOCIAL

Manifestación polo aborto libre e gratuíto

Manifestación en Compostela (Imaxe Nós-UP)
Galiza

Máis de trinta colectivos e unha manifestación apoian os catro independentistas que irán a xuízo os días 24 e 25

Centos de persoas manifestáronse en Compostela en solidariedade cos presos e a presa independentistas que van ser xulgadas en Madrid o 24 e 25 deste mes baixo a acusación de pertenza a Resistencia Galega.

Manifetación de Vigo
Galiza

Nin un paso atrás nos dereitos das mulleres, marcha polo aborto libre en Compostela

Ás 17 h, este domingo, desde a estación dos camiños de ferro de Compostela. Esa é á cita á que convida a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, composta por máis de cincuenta entidades. Contra a contrarreforma de Gallardón e polos dereitos das mulleres a decidiren sobre os seus corpos. 

ECONOMÍA

12 de Xuño: a clase obreira protesta contra a embestida da Troika

Unha greve xeral en Ferrolterra coa correspondente manifestación que se realizará ás 12h completarase pola tarde con outras tres mobilizacións convocadas pola CIG en Vigo, Compostela e Ribeira para rexeitar unhas políticas que xeran "fame e miseria" e que elevaron as cifras do desemprego até os níveis máis altos desde 2008

Manifestación nacional contra a minaría salvaxe (Compostela, 2/06/13)
SOCIAL

Manifestación nacional contra a minaría salvaxe (Compostela, 2/06/13)

Galiza Vídeos
Imaxe Salvemos Cabana
SOCIAL

Unha manifestación na defensa do territorio confrontará as políticas mineiras da Xunta

Milleiros de persoas están chamadas a se mobilizaren este domingo en Compostela contra a minaría salvaxe convocada pola Rede de colectivos contra a minaría destrutiva na Galiza

SOCIAL

''Unitaria e apartidista'': así será a manifestación contra a minaría, que procura repetir a maré humana do 'Nunca Máis'

Realizarase en Compostela o vindeiro 2 de xuño para mostrar á Xunta de Galiza o rexeitamento da cidadanía galega ao seu plan de converter nunha mina a ceo aberto o 62% dos concellos do País

Contra a mina: troula e reivindicación
SOCIAL

Contra a mina: troula e reivindicación

Video de Xosé Bocixa de cara á mobilización nacional do 2 de xuño contra a minaría
mani preferentes 2 Fevereiro
Galiza

As plataformas de preferentistas convocan unha manifestación o 25 con remate na casa do presidente da Xunta

O 25 de maio as Plataformas de Afectad@s por Preferentes volven a Compostela para participar nunha manifestación que sairá ás 11.30 da Praza de Galiza e que ten previsto rematar diante da residencia do presidente da Xunta, en Montepío. 

SOCIAL

16 de xuño, protesto nacional en prol do aborto: as mulleres móvense polo dereito a decidir

Até 50 organizacións convocan unha manifestación en Compostela en defensa da lei actual de 2010 e contra a reforma que pretende impor o ministerio de Xustiza, que carrexará "un aborto diferente entre ricas e pobres, unha volta á minoría de idade das mulleres, unha caza de bruxas do século XXI e o cuestionamento das vidas" das grávidas

Rolda de prensa da presentación da manifestación contra a minaría.
Galiza

ContraMINAacción convoca unha manifestación nacional o 2 de xuño en Compostela “Contra a minaría salvaxe”

O 2 de xuño a mediodía e na Alameda será a hora e punto de partida da manifestación nacional que o colectivo ContraMINAcción, integrado por varias organizacións, convocan co lema “Contra a minaría salvaxe”. Protéstase contra o incremento de concesións mineiras por parte da Xunta que esquecen o medio ambiente, espazos protexidos e mesmo a veciñanza dos distintos territorios. 

Preferentes diante da Deputación de Pontevedra
ECONOMÍA

Os concellos do Morrazo convocan unha manifestación unitaria de apoio aos preferentistas

A mobilización será a quinta feira en Cangas e exixirá solucións xa para @s milleir@s de estafd@s da comarca. Cifran en 60 millóns de euros os cartos atrapados neste calote nesa zona

Galiza

Manifestación contra o saqueo de Galiza

#NONáLOMCE
SOCIAL

#NONáLOMCE

Até 24 mobilizacións convocadas polas organizacións nacionalistas quitaron 40.000 persoas ás rúas contra unha contrarreforma do ensino recentralizadora que outorga á nosa lingua menos importancia que á relixión.
Lores, afectados preferentes
Galiza

O Concello de Pontevedra convoca unha manifestación de apoio aos estafados nas preferentes

A mobilización terá lugar o 10 de maio e impúlsase após a cancelación unilateral e sen explicacións por parte da Secretaria de Estado de Economía da reunión que ía manter co alcalde para tratar este problema

Acampada de traballadoras e traballadores de Unísono
ECONOMÍA

Acampada, folga e manifestación contra os despedimentos en Unísono Vigo

Esta quinta será unha xornada de mobilizacións na cidade olívica para impediren a destrución de 97 postos de traballo. Vídeo no interior.

[Foto: GZVídeos]
SOCIAL

Manifestación de afectad@s polas preferentes en Vigo

POLÍTICA

O PSdG pide explicacións á CRTVG pola "censura" da manifestación pola sanidade en Monforte

O grupo parlamentar reclama a comparecencia do director xeral da compañía, Alfonso Sánchez Izquierdo, para que comente por que considera que unha protesta que xunta 9.000 persoas "non ten suficiente relevancia para ser noticia" nos medios públicos nacionais
Manifestación pola Sanidade Pública en Vigo
Galiza

Masiva manifestación en Vigo para exixir un 'Hospital Público 100%'

Máis de vinte mil persoas protestaron contra os recortes convocad@s polo Xunta de Persoal do Chuvi e a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo.