ECONOMÍA
O Manifesto de Monterroso une empresas e produtoras agroalimentarias contra Altri
21/maio/24
“Somos fillas dunha paisaxe que nos alimenta, que é o noso fogar. Somos irmás da terra, o ar e a auga”. Así comeza o manifesto das produtoras e dos produtores presentando esta terza feira en Monterroso (A Ulloa) e no que alertan da “ameaza” e do “perigo” que a macrocelulosa que a empresa portuguesa Altri proxecta en Palas de Rei supón para o corazón da Galiza. Denominacións de Orixe e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica opóñense á celulosa.