Berta Ojea: "Tiña que facer o posíbel para traer María Casares á Galiza e á súa lingua natal"
A traxectoria vital e artística da actriz María Casares (A Coruña, 1922- Alloue, Francia, 1996) centra a palestra que ofreceu a actriz galega Berta Ojea en Cangas dentro da programación das XXIV Xornadas Mulleres en Acción. "Era unha intelectual enorme”, afirma Berta Ojea, que auspiciou a publicación na editorial Kalandraka do libro ‘A única, María Casares’, da autora francesa Anne Plantagenet, con tradución de Isabel Soto.
ENQUISA | Debería renomearse o Teatro Colón da Coruña como 'María Casares'?
Valentín González Formoso e Xosé Regueira, presidente e vicepresidente da Deputación da Coruña, o primeiro do PSdeG-PSOE e o segundo do BNG, reabriron hoxe o eterno debate na Coruña sobre o nome que debe levar o teatro máis grande da cidade. Para Formoso, hai "mil maneiras" de homenaxear a intérprete mantendo a denominación actual, Teatro Colón; pola contra, Regueira pide "debatelo" porque ela "ten dereito" a recibir esta distinción e que o edificio pase a chamarse Teatro María Casares. O debate vén xa de vello.
E vostede, como cre que debería denominarse o edificio?