star
ECONOMÍA
Como podemos salvar as abellas?
20/maio/24
A Galiza conmemorou esta segunda feira o Día Mundial da Abella, unha xornada que serviu para reflexionar sobre o momento que atravesa o sector do mel no país. Este ano a Universidade de Vigo (UVigo) rematará un dos seus proxectos sobre apicultura coa idea de achegar solucións nun momento delicado pola baixa produción.