memoria

Fortaleza da Frouxeira en Santa Cilia de Foz.
star
Reportaxes

Pardo de Cela: épica na historia galega

Épica, dramática ou maldita, a figura de Pardo de Cela pouco ten que envexar á Jeanne d'Arc da tradición francesa, ao mitificado Cid da literatura castelá/española ou ao Brian Boru da Irlanda medieval. Mais para alén do mito, a historia de Pedro Pardo de Cela –"o Mariscal"− non é senón a dun home do seu tempo, un daqueles cabaleiros da Galiza do século XV que protagonizaron un dos momentos máis decisivos de cantos viviu o pobo galego: unha historia, a súa, a nosa, que cómpre ter ben presente.
A xuíza Canales entregou as chaves do pazo á avogada do Estado Consuelo Castro nun acto celebrado o 10 de decembro de 2020 (Foto: M. Dylan / Europa Press).
O 10 de decembro de 2020 retornou ao dominio público

Meirás, un ano despois: sensacións "agridoces" e o seu futuro no ar

Un intento frustrado de "mudanza", un xuízo contra un investigador e diferentes e contraditorias sentenzas sobre a titularidade do mobiliario e a posibilidade de indemnizar os Franco, cruce de acusacións entre Administracións... Os últimos 365 días, desde que o Pazo de Meirás volveu ao dominio público, foron frenéticos para un movemento memorialista que lembra que o futuro do edificio aínda non se decidiu.
Urbano Rodríguez Moledo
CULTURA

Marín homenaxea Urbano R. Moledo, xornalista e escritor asasinado en 1936

Moledo foi un xornalista, activista e autor teatral moi activo até o seu asasinato, cando só tiña 34 anos. Instalado en Vigo, durante a Segunda República militou na UXT e exerceu como animador social e cultural do concello de Lavadores.

Franquismo e "amnistía"

A recoñecida actriz galega María Casares. (Foto: Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

As mulleres resistentes amosan o seu legado no Vello Cárcere de Lugo

A mostra homenaxea loitadoras contra o fascismo
'As viúvas do mar' (1969), de Carlos Valcárcel, a foto da que, segundo dicía, estaba máis orgulloso.
O fotógrafo Carlos Valcárcel faleceu esta fin de semana aos 92 anos

As imaxes dunha Galiza que esmorece

O pasado domingo 28 de novembro falecía no seu Lugo natal o fotógrafo Carlos Valcárcel aos 92 anos de idade. Un afeccionado a quen o tempo lle outorgou o título de mestre e que, ademais, logrou documentar coas súas imaxes a difícil vida cotiá dunha Galiza xa desaparecida, mais aínda presente na memoria colectiva. 
d2f5b552-28d1-4eb5-8a83-bb5d73084343-min
MEMORIA E HISTORIA

Sobredo lembra os seus ‘mártires’

Cadro "Las cigarreras" de Gonzalo Bilbao.
star
Mapas

"A Terranova"

Non era nin máis nin menos que unha traballadora da Fábrica de Tabacos da Coruña orgullosa do seu oficio e consciente da súa clase. Cando a finais de febreiro de 1833 os responsábeis da factoría decidiron diminuír a carga de traballo e, de facto, reducir os xornais do cadro de persoal non dubidou en pórse á fronte dunha protesta que rematou por converterse na primeira folga de mulleres da historia do movemento obreiro galego. 
Manuel Rivas
star
Libros: 'As voces baixas', de Manuel Rivas

O Manuel Rivas máis imprescindíbel

Creo que ningunha persoa que siga a obra deste autor pode prescindir da lectura de As voces baixas, porque resulta fundamental para entender a obra e a figura de Rivas no seu conxunto e nas súas raíces máis profundas
Lito García Lago
star
Libros: 'Pasou o que pasou', de Lito García Lago

Os tolos anos 80

Pode que o que máis resalta nun libro coma este, polo menos para as persoas que non viviron (ou non lembramos, por idade) a vida pública daqueles anos, sexa a colección de eventos estrambóticos que tiveron lugar daquela

Sobredo, sempre

Misas por Franco

Monumento ao 10 de marzo: símbolo da clase obreira galega

Indiferença

Concentración contra as agresións LGTBfóbicas o pasado mes de xullo na Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

20-N, día da memoria trans: convocan unha vixilia silenciosa en lembranza das vítimas da LGBTIfobia

A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS A Coruña) convoca a toda a cidadanía a participar nunha vixilia silenciosa en apoio e lembranza de todas as vítimas da LGTBIfobia.

Monumento en memoria de Alexandre Bóveda (Foto: Fundación Alexandre Bóveda)
POLÍTICA

O Goberno español recoñece que a Lei de Memoria non dará pé a xulgar os crimes do franquismo

A lexislación penal non permite a retroactividade, di o ministro de Memoria Democrática, Félix Bolaños. Desde Podemos contradino, e afirman que si se poderán xulgar os crimes do franquismo. O BNG presenta 44 emendas "para rematar coa impunidade" e Feixoo ve un intento de distraer a atención. "É escandaloso", exclama o presidente da Xunta.
As e os deputados soberanistas Néstor Rego, Bel Porzueta, Mireia Vehí, Gabriel Rufián, Josep Pagès e Genis Boadella (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Soberanistas emendan a Lei de memoria para que se xulgue aos torturadores

Formacións soberanistas presentaron unha serie de emendas conxuntas á Lei de memoria democrática que se está a tramitar no Congreso. Entre as emendas, destacan as que piden a supresión do título de Rei de España, a restitución das vítimas, que se poida xulgar os responsábeis de xenocidio ou as que reclaman recoñecer a persecución cultural e lingüística, 
 
Alfonso Molina, Pedro Barrié de la Maza e Francisco Franco (Imaxe: Galicia Única)
MEMORIA E HISTORIA

O Concello da Coruña ten desde hai ano e medio un informe que aconsella retirar as honras a Barrié de la Maza e a Alfonso Molina

Desde hai ano e medio, o Goberno municipal da Coruña ten no seu poder un informe encargado ao Instituto Cornide que aconsella retirar as honras e distincións a Alfonso Molina e Pedro Barrié de la Maza, entre outros. Neste período de tempo, non houbo actuación municipal ningunha ao respecto.

O teatro, a política e a memoria

memoria pntevedra
MEMORIA E HISTORIA

As pegadas até hoxe do franquismo centran as III Xornadas contra a Impunidade da Deputación de Pontevedra

Desenvolverase o 26 e 27 de novembro no Pazo da Deputación e nelas debaterase sobre monarquía e igrexa e as súas relacións coa ditadura ou sobre como os beneficios obtidos polas empresas afíns ao réxime chegan á actualidade.