memoria

Juan García-Gallardo e Alfonso Fernández Mañueco asinan o acordo de Goberno en Castela e León. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Honras a franquistas e menos protección para o colectivo LGTBI: primeiros pasos do Goberno PP-Vox en Castela e León

A Lei de concordia que substituirá a Lei de memoria histórica en Castela e León ou a paralización do anteproxecto de lei para garantir o principio de igualdade de trato e de non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero son só algunhas das medidas que Vox  promove, e que pretende levar a cabo no resto do Estado español.
Milicianos de Pasaia en xullo do 36. (Foto: Fototeka Kutxa).
MEMORIA E HISTORIA

Un libro recupera a presenza galega no exército de Euskadi en 1936

A Asociación de Recuperación da Memoria Histórica de Marín (Armhm) presentará o 20 de abril a publicación 'Galegos no exército de Euzkadi 1936-.1937' de Sergio Balchada Outeiral editada pola Deputación de Pontevedra.
Un mural que lembra a figura de Gata Cattana.
star
Música

Só a memoria nos volve eternos

Jasper lembra algunhass das persoas amigas -na vida e na música- desaparecidas.
Paula_Carballeira (Foto: Distrito Xermar)
star
Libros: 'As alumnas', de Paula Carballeira

Os ángulos cegos

Somos especialmente conscientes do drama que supuxo a derrota republicana en termos de execucións e exilios, pero hai unha parte da historia da represión que segue a ser menos coñecida. O retroceso do sistema educativo e dos dereitos das mulleres convertían o Estado español nunha inmensa gaiola.
A historiadora M. Victoria Martins imparte a charla 'A negación da sexualidade das mulleres: a Sección Feminina' (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

María Victoria Martins: "Segue en pé esa idea de que as mulleres non deben ter o mesmo desexo sexual que os homes"

O departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra organizará mañá a xornada 'Individuas de dudosa moral: a sexualidade feminina, outra vítima da represión franquista', nas que se abordará esta temática desde unha ampla perspectiva. Nós Diario conversa coa investigadora e historiadora María Victoria Martins, encargada de abrir a xornada.  
A concelleira de Cultura, Sonia Outón xunto ao historiador Xosé Álvarez (Foto: Concello de Vilagarcía).
MEMORIA E HISTORIA

A represión no Salnés após o 1936 analizarase nunhas xornadas en Vilagarcía

Do día 7 ao 9 de abril terán lugar no Auditorio de Vilagarcía as xornadas 'O Salnés, 1936: República, rebelión militar e represión'. Participarán historiadoras e historiadores como Aurora Marco e Dionisio Pereira. 
Suso Vaamonde, Bernardino Graña e Méndez Ferrín nun festival en solidariedade con Cuba, en 1993.
O libro quere revisar a figura dun artista chave na historia da música galega

Unha biografía recupera a figura e a extensa obra de Suso Vaamonde

Unha condena por cantar o retrouso dunha canción converteuno no primeiro exiliado da democracia. Aquel episodio popularizou a figura de Suso Vaamonde, mais acabou por ocultar un inxente labor musical e un compromiso cívico que agora recupera Fernando Fernández Rego nunha biografía editada por Galaxia.
Imaxe de arquivo do Arsenal Militar de Ferrol. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Exixen ao Concello de Ferrol que retire as honras a militares franquistas

"É un traballo que está sen rematar porque aínda queda en Ferrol simboloxía franquista que depende de Defensa e por iso presentamos esa moción, solicitando ao alcalde que podamos defendela no Pleno".
Imaxe de arquivo do Arsenal de Ferrol. (Foto: Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

O Ministerio de Defensa muda os nomes franquistas das rúas do Arsenal de Ferrol após unha denuncia ante a Fiscalía

No seu comunicado, o Colectivo de Presas e Presos políticos de Ferrol na ditadura afirma recibir con ledicia o "cambio de actitude" do Ministerio de Defensa, mais queren que "se fale claramente de eliminación de simboloxía franquista".
Franco, preparando unha intervención para o NO-DO.
star
Reportaxes

Por que o franquismo fomentou o 'folclore'?

A Galiza era exótica. Fermosa. Doce. Traballadora. Humilde e agradecida. Submisa. Atrasada. Pobre. Unha Arcadia sen conflito, detida no tempo, que precisaba ser colonizada para levala ao progreso. Á civilización. Así era, segundo a investigadora Beatriz Busto, autora do ensaio Um país a la gallega (Através), a imaxe do país que o franquismo proxectaba a través do NO-DO. Unha construción da subalternidade que, segundo esta antropóloga, chegou aos nosos días, atravesando a publicidade, o cinema, a política ou, mesmo, os nosos corpos. 
VI Andaina da Vergoña polas rúas da Coruña este 12 de marzo.
MEMORIA E HISTORIA

Un paseo "da vergoña" visita e denuncia as pegadas franquistas que aínda perduran na Coruña

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizou este sábado a VI Andaina da Vergoña para denunciar as homenaxes "aínda visíbeis" na cidade herculina a personaxes relacionados coa ditadura franquista.
Ilustración de Castelao para os seus álbums de guerra, acompañada do texto "Non enterran cadavres; enterran semente" (Javier Baltar Tojo).
star
Reportaxes

'Xeración Perdida 36': cine contra a desmemoria

Porque foron, somos. Porque somos, serán. A xeración 36 dedicou tanto o seu esforzo político e social como a súa propia vida ao servizo da Galiza. Unha xeración á que pertenceron Ánxel Casal, Brígida Muñiz ou Alfredo Suárez Ferrín. Un documental dirixido por Xosé Antón Moure e producido por Fílmika Galaika busca a recuperación dos seus nomes e dos doutras persoas coma eles, que quixeron borrar da memoria.
A actriz e escritora Paula Carballeira en escena (Foto: D8).
CULTURA

Paula Carballeira: "Para cuestionarse a vida, para saber de onde vimos, é moi importante a memoria histórica"

A escritora, intérprete e actriz Paula Carballeira é a autora do texto da obra As alumnas, unha homenaxe á figura da pedagoga María Barbeito. A peza reflexiona sobre os cambios na educación e as consecuencias que tivo en varias xeracións de mulleres. En conversa con Nós Diario, a creadora relata o proceso que a levou a tratar este tema no teatro
Concerto de Fuxan Os Ventos no pazo dos deportes de Lugo, o 1 de maio de 1973.
star
Pioneiros e baluartes da música en lingua galega

Fuxan os Ventos: 50 anos de música combativa

Colexio Menor do Santísimo Sacramento, Lugo, 1972. Epicentro do nacemento dun dos máis importantes e coñecidos grupos de música galega da historia. De Mondoñedo a Pontedeume, de Catalunya a Euskal Herria, de Lisboa a Bruxelas pasando por París ou Zúric. Fuxan os Ventos foron os encomendados de levar a música, cultura e lingua galegas alá onde for preciso, en tempos onde a arte estaba desprovista e o folklore era militancia.  
star
Entrevistas

Fátima Braña: "A xente quere Entroido. O problema son as dinámicas de desertización do rural"

O Boi, o Charrelo, as Señoritas, ... o Entrudio na Veiga, na comarca de Valdeorras, conseguiu manter cos anos unha festa que estivo prohibida durante a ditadura e que case desaparece como consecuencia da emigración forzada. O traballo da veciñanza, a través da asociación O Son de Trevinca e o Fulión da Veiga, foi quen de recuperar algunhas máscaras como a do Charrelo en 2014. Solicitaron ao Concello a realización dun estudo máis completo e de ámbito universitario. Nese traballo, presentado en 2019, participou a antropóloga Fátima Braña.
Retrato de María Vázquez no que o seu pai escribiu: "Mestra de Miño, fusilada polos fascistas de Pontedeume o 21 de agosto do 36".
star
Reportaxes

María Vázquez. A mestra na memoria

María Vázquez Suárez foi, segundo as crónicas da época, a primeira muller en falar en público en Miño. Tamén unha persoa comprometida non só politicamente coa II República e as ideas socialistas, que defendía como afiliada á UXT e militante do PSOE, senón tamén como feminista e mestra dunhas nenas ás que ofreceu os máis avanzados métodos educativos do seu tempo. Por todo iso non resulta sorprendente que o seu sexa un deses nomes silenciados, ocultados polo paso do tempo e o accionar do fascismo español, que lle arrebatou a vida en 1936.
 
Marta Pérez, actriz e dramaturga, dirixe Inversa Teatro desde o ano 2009.
CULTURA

Marta Pérez: "Quedamos co relato do vencedor, mais que ocorre cos vencidos? Semella que se silencia"

Mergullarse na memoria histórica sempre é un exercicio complexo, sobre todo se ten que ver coas raíces propias. Desa busca de respostas nace O Péndulo, unha obra de Inversa Teatro na que a súa directora, Marta Pérez, traslada a experiencia do seu bisavó, apresado e fusilado en 1936. A peza estrearase no Auditorio Municipal de Vigo o próximo 4 de marzo.
Cruz erguida en 1939 pola Falanxe no Outeiro da Obra de Celanova (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

Rexistran unha petición no Concello de Celanova para retirar un monumento falanxista

"O Comité de Memoria Histórica de Celanova abre a vía administrativa para conseguir que as institucións democráticas cumpran unha lei que desde hai 14 anos as sucesivas corporacións municipais están a eludir, no que na práctica constitúe a asunción daquel legado falanxista", sinala o colectivo memorialista.
Manifestación en Betanzos o 15 de abril de 1931 para celebrar a proclamación da II República.  (Foto: Arquivo Ricardo Migal Naveira)
MEMORIA E HISTORIA

Unha longametraxe documental recuperará a Xeración Perdida do 36

O estudo realizado polo Grupo de Investigación Hispona da Universidade de Santiago (USC) para a Deputación da Coruña servirá de base para unha obra audiovisual que se comezará a gravar en marzo.
CULTURA

Galería de imaxes da presentación do último ensaio de Francisco Rodríguez