A Mesa pola Normalización Lingüística

xabarinclub
Semanario

Aí vén o Xabarín: televisión para unha nova xeración

O fenómeno Xabarín foi un fito histórico da televisión galega e un referente para unha xeración enteira. Situouse na vangarda do audiovisual e descubriu todo un mundo de entretemento infantil e xuvenil moderno e de calidade. Actualmente, presta nome e imaxe a unha iniciativa popular que pretende chegar ao Parlamento para devolver o galego á mocidade a través de programación específica. Seguimos as pegadas do Xabarín e descubrimos o camiño ao futuro da televisión na nosa lingua.
O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, ante os medios (Imaxe: Arxina)
LINGUA

“Sr. Feixoo: combata o virus e non o galego”: chamada nas redes a desmentir as afirmacións do presidente da Xunta

Ás 20:00 horas desta segunda feira e após que Feixoo saíse en defensa do español como lingua vehicular no ensino.

EuropaPress_2296533_ninos_alumnos_escolares_educacion_escuela_centro_escolar
LINGUA

A Mesa insta a Xunta a aproveitar a modificación da LOMCE para finiquitar as restricións ao galego

Solicitou unha xuntanza co conselleiro de Educación, para presentarlle un modelo de sistema educativo co galego como lingua vehicular.

Steering Committee_ELEN_out2020_01 (1)
LINGUA

ELEN debate sobre o efecto da Covid nas linguas minorizadas

A Mesa participa no comité directivo da Rede Europea pola Igualdade das Linguas.
Concentración da Mesa pola Normalización Lingüística por unha Toxa en galego.
LINGUA

"A Toxa, querémola en galego"

"Temos lingua e temos dignidade. Na Galiza, en galego". A Mesa pola Normalización Lingüística levou as súas protestas contra a "barbarización" da toponimia galega á illa da Toxa, onde este sábado se clausurou o 'II Foro La Toja Vínculo Atlántico'.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
LINGUA

"É unha necesidade": bota a andar a iniciativa popular por unha canle infantil e xuvenil en galego

Preséntase a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular 'Xabarín' 

Conciencia e respecto para recuperarmos o idioma

xabarin2
LINGUA

A Mesa anuncia unha iniciativa lexislativa por unha canle Xabarín

A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou que presentará unha proposición non de lei de iniciativa popular ao Parlamento de Galiza co obxectivo de instar o Goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle Xabarín.

IMG_20200915_135420
'Por un contido infantil e xuvenil na TVG' revoluciona Twitter

Víctor Tilve: "O ideal é que a Galega recoñeza que a xente quere Xabarín Club"

Máis de sete milleiros de persoas apoian a campaña desencadeada pola conta 'Por un contido infantil e xuvenil na TVG', creada por un galego da 'Xeración Xabarín'.
xabarin club
LINGUA

Case 2.000 persoas exixen á CRTVG que implante unha canle televisiva para o público infantil

O documento coas firmas, que neste momento superan as 1.800, será entregado ao director xeral da Corporación de Radio Televisión da Galiza, Alfonso Sánchez Izquierdo, e ao Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. A idea é que haxa unha programación continuada para as crianzas na lingua do país.
EuropaPress_3281145_app_radar_covid-19
LINGUA

O profesorado critica que o Sergas eliminase o galego das comunicacións das PCR

As e os docentes demandan que as institucións sanitarias galegas deixen a “discriminación” á lingua da Galiza e lamentan a “indefensión” ante os “gobernos de Feixoo e Sánchez”. A Mesa xa denunciou a situación a través da Liña do Galego.

Bases do premio de Igualdade
LINGUA

O galego "non ten premio" para o Ministerio de Igualdade

A resposta do Goberno español a unha pregunta parlamentar do BNG por excluír o galego nas bases duns premios do Ministerio de Igualdade a teses, equipara as linguas oficiais diferentes do español con calquera lingua estranxeira.
Mobil redes sociais
LINGUA

A app do Ministero de Sanidade para a Covid-19 “ignora as linguas co-oficiais do Estado”

A Mesa tramitou unha queixa a través da Liña do Galego.

Participantes da Asemblea Ordinaria da Mesa pola Normalización Lingüística (Nós Diario)
LINGUA

Lucía Barreiro e Carlos G. Vieito súmanse á permanente da Mesa pola Normalización Lingüística

A asemblea aprobou a memoria de 2019 e o programa de actividades proposto para este ano 2020, fondamente marcado polo coronavirus.

Naciçóns Unidas
LINGUA

A Mesa denuncia na ONU os “ataques” da xustiza española contra o galego

A rede europea para a igualdade das linguas, ELEN, traslada ao Consello de Dereitos Humanos da ONU a súa preocupación por decisións da xustiza española sobre linguas minorizadas do Estado.

a mesa galega covid
LINGUA

"A Xunta exclúe o galego da formación sobre Covid-19"

A Mesa anuncia que presentará unha queixa ás institucións sanitarias galegas pola “indefensión á que somete o goberno galego, unha vez máis, á cidadanía ao eliminar a nosa lingua da xestión da pandemia”
Debate CRTVG 2020
LINGUA

A Mesa agasalla ‘Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez’ ás cabezas de lista das candidaturas ao 12-X

Incide en que un futuro presidente ou presidenta “debe dar exemplo nun bo uso do noso idioma”.

2020'Astrocito' é unha obra de Miguel Porto no que adolescentes e robots xigantes conviven nunha terra devastada.
CULTURA

'A viñeta de Schrödinger' trae de volta a banda deseñada 'made in Galiza'

Como lembra Kiko da Silva, houbo un tempo, non tan afastado, no que para as publicacións de banda deseñada en galego o primeiro número era tamén o último. Afortunadamente iso cambiou, e boa proba é a saída do prelo do terceiro número de 'A viñeta de Schödinger', que está dirixido polo propio Kiko da Silva.
galego ensino propostas Mararelos (Arxina
LINGUA

A Mesa e a comunidade educativa dan un paso adiante polo galego

A Mesa, movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e organizacións sindicais deseñan de forma conxunta un modelo de sistema educativo co galego como lingua vehicular e de aprendizaxe 

2020061213323073831
LINGUA

A Mesa felicita os policías locais de Carballo que crearon o aplicativo informático XesPol, que permite tramitar en galego