Milladoiro

O grupo Milladoiro hai 45 anos (Foto: Milladoiro).
star
CULTURA

Milladoiro, 'un longo camiño branco' na excelencia musical do país

Hai unhas semanas, Pepe Ferreirós, ilustre e ilustrado gaiteiro do grupo que inspira estas liñas, telefonoume para me preguntar se podía dicir unhas palabras a modo de presentación do concerto do grupo que tivo lugar no Palacio da Ópera da Coruña no domingo día 19 de maio. Non dubidei nin medio segundo.