música

xabarín club 25 anos
Concertos en Compostela 12 e 13 de marzo

O Xabarín Club fai un cuarto de século

O Xabarín Club, o espazo infantil da TVG máis lembrado e popular, fai 25 anos. A canle pública celébrao cun programa dobre de concertos estes 12 e 13 de marzo na Sala Capitol de Compostela.
 

dios ke te crew - vídeo silencio
O grupo hip hop presentarao o 11 de maio

'O Ciclo da Serpe' será o terceiro disco de Dios Ke Te Crew

A Xénese (2006) e a Humanose (2011) seguirao O Ciclo da Serpe. O grupo hip hop Dios Ke Te Crew vén de anunciar o seu terceiro disco, oito anos despois do anterior e coa formación reducida a trío.
 

_IX_7421
Quince categorías na sexta edición dos Martín Códax

“Premios para unir todas as familias musicais galegas”

A sexta edición dos Premios Martín Códax da Música comeza. Até o 17 de marzo, a organización do certame acepta propostas e proxectos que, en 15 categorías, poden inscribirse na web www.premiosmartincodaxdamusica.com. “O certame continúa construíndo pontes para tratar de unir a todas as familias musicais galegas”, afirma o voceiro de Músicas ao Vivo, Xabier Mera.
 

elas son artistas
Segunda edición do festival na área da Coruña

Punk, narración oral, swing, monólogos, folk: Elas Son Artistas

Elas Son Artistas, Festival Metropolitano de múisica e artes pola igualdade, atinxe a súa segunda edición. Entre o 24 de maio e o 2 de xuño a área metropolitana da Coruña será escenario de 20 propostas culturais “nas que as mulleres creadoras son artistas”.
 

Son do Camiño
O festival avanza os cabezas de cartel

Iggy Pop e David Guetta, confirmados para O Son do Camiño

A segunda edición do festival Son do Camiño de Santiago de Compostela xa confirmou os cabezas de cartel. Entre eles estarán o histórico precursor do punk -conta 72 anos- Iggy Pop ou o picadiscos e produtor de electrónica comercial David Guetta.
 

Budiño-Xoel-López_Reno
'Fulgor' é o seu sétimo disco

O xiro pop de Budiño

Hai 22 anos que Xosé Manuel Budiño debutou en disco con aquela peza chave do novo folk galego, Paralaia. Seis discos despois ensaia un sorprendente e maduro xiro pop no seu novo traballo, Fulgor, que acaba de colocar na rúa e presentará o vindeiro 15 de marzo na Sala Capitol de Compostela.
 

[Wikipedia] Mercedes Peón
CULTURA

A revista británica 'Songlines' escolle 'Deixaas' entre os mellores discos europeos do ano

A “lírica exploratoria”, os seus “dinámicos concertos” ou a súa “frenética” paixón multiinstrumentista son algúns dos argumentos escollidos pola revista musical británica Songlines para salientar Deixaas, o último disco de Mercedes Peón, entre o mellor facturado en Europa o pasado ano.
 

CAVAQUINHO PRIMEIRA VEZ FORA DE PORTAS  COM JOSÉ AFONSO  FRANKFURT 1980  Henrique Tabot, Guilherme Inês e Júlio Pereira
Rescate en disco de dous concertos inéditos de José Afonso

O Zeca volve aos escenarios

Galinhas do mato (1985) foi o derradeiro disco en vida de José Afonso. Xa moi enfermo, a súa voz apenas comparece en dúas cancións. O seu testamento ficou así demediado. Mais os arquivos, oficiais e oficiosos, adoitan agochar sorpresas. O vindeiro 6 de abril publicarase a gravación de dous concertos inéditos do Zeca, un de 1968 e outro de 1980.
 

suso vaamonde
Libro sobre Suso Vaamonde

A historia do cantor que se exiliou do Réxime do 78

Voz do trebón é o primeiro libro que repasa a peripecia do cantautor Suso Vaamonde (Ponte Caldelas, 1950–Vigo, 2000). O seu autor é o xornalista Miguel Boó e presentarase en Salvaterra de Miño, vila á que tan vencellado estivo Vaamonde, o vindeiro sábado 16 de febreiro.
 

JF-VH
No ciclo Liberdades Sonoras

O singular folk de Josephine Foster, en Lugo o 23 de marzo

Josephine Foster, estadounidense de 1974, é unha das máis celebradas voces do novo folk. Prolífica -16 discos desde 2000- e aventureira, estará no Vello Cárcere de Lugo o vindeiro 23 de marzo, sábado ás 20.00 horas, dentro do ciclo Liberdades Sonoras.
 

cartaz golfostela
22 de febreiro na sala Malatesta

Golfostela, escaparate do 'underground' pop da capital

A variedade preside a subterránea escena musical compostelá. Golfostela será o festival autoxestionado que dea conta dela. O vindeiro 22 de febreiro, na sala Malatesta, haberá pop, blues, rock alternativo e sons máis duros.
 

sumrrá - foto cedida
O combo de jazz celebra a súa residencia nas Crechas

Un cento de domingos con Sumrrá

O jazz non é unha teoría, é un acontecemento. Non unha idea, senón unha práctica. Así parece entendelo Sumrrá, o trío compostelán que este domingo, 10 de febreiro, fará o seu concerto número 100 na Casa das Crechas de Compostela. O escenario como hábitat preferente en que a música nace, muta, desenvólvese, afirma a súa praxe.
 

roger waters 2
CULTURA

O fundador de Pink Floyd Roger Waters chama a “parar o golpe de Trump en Venezuela”

É un músico capaz de encher estadios para escoitar a súa reconstrución de The Wall, o mítico dobre disco de Pink Floyd. Roger Waters (Surrey, 1943), baixista e compositor, un dos fundadores da lendaria banda psicodélica devida en sinfónica, chamou esta segunda feira a “parar o golpe de Trump en Venezuela”.
 

20181228_214501
Sábado 9 de febreiro en Outeiro de Rei

A cantautora Paloma Suanzes actuará na Casa Museo Manuel María

Verbas de Auga é o espectáculo que a cantautora Paloma Suanzes presentará o vindeiro 9 de febreiro, sábado, na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. Será ás oito do serán e con entrada de balde.
 

kalte sonne
Presenta disco compartido cos chineses Alpaca

A banda lucense Kalte Sonne e a exploración do post metal

Kalte Sonne circula por lugares musicais pouco transitados. Nin sequera no metal, xénero dado ao extremismo sonoro e, nalgunhas zonas, á investigación formal. Formada en Lugo en 2013, a banda dedícase a ese peculiar subxénero que responde á etiqueta de sludge metal. Agora presenta disco, compartido cos chineses Alpaca.
 

fotoenredadas2
Proxecto con Uxía, Carmen París e Ugia Pedreira

A música como encontro: Martirio e os alalás

“Promover, fomentar e difundir a arte como encontro”. Velaquí o obxectivo expreso de Enredadas, o espectáculo de coplas e alás que ofrecerán o 9 de marzo en Compostela Martirio, Uxía, Carmen París e Ugia Pedreira.

eels
Oito de setembro

O intenso rock alternativo e confesional de Eels, en Compostela

A súa proposta, incardinada na nación alternativa que realimentou o rock estadounidense nos noventa, é singular. Intensa e confesional, Eels son en realidade o seu cantante, compositor e letrista: Mark Oliver Everett. Estarán por primeira vez en Galiza o oito de setembro, en Santiago de Compostela.
 

Ezetaerre
Entrevista con Ezetaerre, grupo de rap

"Neste mundo individualista ao final o cariño e o amor son sentimentos colectivos"

Ezetaerre son Garchu (Miguel), Pirola (Juan) e Petrowski (Pedro). Comezaron a súa andaina no 2016 nun acto de protesta contra a fusión das facultades de Comunicación Audiovisual (a súa carreira) e Socioloxía. Os tres viñan do movemento estudantil e desta unión xurdiron verbas combativas a modo de rap galego. Mais tres foron as palabras que sempre os acompañaron, xa convertidas en lema: dignidade, solidariedade e humildade. Acaban de publicar Pólvora e tormenta (2018), o seu segundo disco.

berri txarrak
Os navarros actuarán o 16 de marzo

A derradeira xira de Berri Txarrak parará en Compostela

É unha das bandas máis recoñecidas do panorama musical en euskera. Nos seus inicios, hai xa un cuarto de século, transitou sonoridades próximas ao denominado metal alternativo. Mais nunca parou quieta. Agora Berri Txarrak di adeus coa xira Ikusi Arte Tour 2019, que o 16 de marzo parará en Santiago de Compostela.
 

foz
24 de xaneiro na Libraría Bahía

Poesía e música tradicional focega

Maraxe e Ricardo Seixo ofrecerán, esta quinta feira ás 20.30 horas en Foz, un recital de poesía e música tradicional.