narrativa oral

reigosa
star
Reportaxes

Brancaflor, Xoán Soldado e outros nomes propios nos contos galegos de tradición oral

A onomástica asociada ao conto folclórico forma parte intrínseca do noso patrimonio cultural inmaterial. Os contos que contamos son resultado dunha demorada decantación de diversas tradicións orais e literarias con ecos das súas orixes e pegadas das diferentes culturas coas que estiveron en contacto. Os nomes propios de protagonistas e lugares onde suceden forman parte da súa portentosa bagaxe.