Noia

Actuación de Trémola Teatro.
Axenda

Teatro en Noia: "Que animaliño é?" de Trémola Teatro

O espectáculo de Trémola Teatro poderá verse a partir das 12.30 horas no Campo da feira de Noia

Paulina Ceremuzynska.
Axenda

Concerto en Noia: "Polonia e Galiza" de Paulina Ceremuzynska e Manuel Vilas

O concerto englóbase dentro do IX Festival Internacional de Arpa Vila de Noia e terá lugar a partir das 20.00 horas na Igrexa de Santa María a Nova
Beatriz Martínez e Diego Langarica na presentación do Noia Harp Fest.
O Festival Internacional de Arpa desenvólvese en Noia até o vindeiro domingo día 7

A arpa é a protagonista musical en Noia

Esta cuarta feira comezou a novena edición do Festival Internacional de Arpa de Noia cun primeiro Encontro das Escolas de Arpa da Galiza. O festival dedicado a este instrumento conta cun programa internacional de primeiras figuras que mostrarán a versatilidade e diversidade da creación musical contemporánea. 
Beatriz Martínez e Diego Langarica .
Axenda

Arrinca o IX Festival Internacional de Arpa Vila de Noia

Beatriz Martínez e Diego Langarica actúan na xornada inaugural do IX Festival Internacional de Arpa Vila de Noia
Nova iluminación da Ponte Nafonso (Foto: Xunta da Galiza)
CULTURA

A Xunta anuncia a nova iluminación na controvertida actuación sobre a Ponte Nafonso

A actuación da Xunta na Ponte Nafonso está no albo da crítica veciñal, que xa realizou dúas concentracións de repulsa polo resultado da intervención.
IES Virxe do Mar. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Que está a ocorrer no IES Virxe do Mar de Noia? "Indignación" no profesorado coa Consellaría de Educación

Os docentes do centro público asinaron un comunicado no que denuncian a falta de persoal e as deficiencias educativas que isto provoca.
Concentración en Noia contra a resolución de Augas da Galiza (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A plataforma 'Vida e Ría ou Minaría?' denunciará a resolución de Augas da Galiza en San Fins

Unha concentración da Plataforma 'Vida e Ría ou Minaría' agardaba a participación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto en Noia. No seu lugar viaxou o portavoz popular Pedro Puy que tivo que escoitar os apupos da veciñanza decidida a denunciar a resolución de Augas da Galiza que permitiría realizar vertidos nunha zona sensíbel, a pouca distancia dos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia.
A Galiza é o principal produtor de marisco bivalvo na Unión Europea desde hai décadas. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Seis zonas de marisqueo de bivalvo están fechadas para a extracción

Seis zonas en tres das cinco rías galegas nas que se desenvolve a extracción de moluscos infaunais, aqueles que se recollen debaixo da area, están fechadas ao marisqueo. A razón, as biotoxinas lipofílicas, cuxa incidencia fai perder grandes cantidades económicas ao sector. Tanto profesionais como persoal científico coinciden na necesidade de mellorar as redes de saneamento na Galiza e de realizar estudos para analizar a influencia da actividade humana sobre a proliferación de mareas vermellas.
Os activistas colocaron unhas enormes letras co lema reivindicativo «A Creba é do pobo».
SOCIAL

Os activistas poñen fin á ocupación simbólica da illa da Creba

Recabaron probas de ilegalidades que se están a acometer na Illa da Creba para denuncialas publicamente e poñelas en coñecemento das autoridades

creba2
POLÍTICA

Ocupan a Illa da Creba en Muros reclamando a súa devolución ao pobo

Ducias de activistas acaban de desembarcar na illa para realizar unha ocupación simbólica e pacífica da mesma.
Tubaxe de verteduras na mina de Varilongo, en Santa Comba. (Foto: Ecoloxistas en Acción)
SOCIAL

Rafaella Resources proxecta minaría a ceo aberto en Santa Comba

Colectivos ambientais temen que tamén se proxecte minaría a ceo aberto nas minas de San Fins de Lousame, a 10 quilómetros da ría de Muros e Noia e controladas tamén por Rafaella Resources.
A compañía Oviravai.
Axenda

Espectáculo en Noia: "A teacher Lu" de Oviravai

A compañía Oviravai presentará "A teacher Lu" no Teatro Coliseo de Noia
Compañía 5S.
Axenda

Danza en Noia: "Rubindo Rochedos; contos, lendas e café" da Compañía 5S

A Compañía 5S presenta a súa obra "Rubindo Rochedos; contos, lendas e café" no Teatro Coliseo Noela
Savourna Stevensoń.(Foto: Nós Diario).
CULTURA

O Noia Harp Fest crea o I Premio Internacional de Composición

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia publicou as bases para participar nun certame de composición que ten como protagonista ese instrumento. Ademais dun premio en metálico, a obra gañadora estrearase en concerto, da man da Real Filharmonía da Galiza o vindeiro ano.
O acto 'Pola defensa da illa da Creba' tivo lugar no local social da Esteirana, no municipio de Muros. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Unha ateigada palestra reivindica a privatizada illa da Creba para o pobo

Rodrigo Molinos 'Bolato' anunciou este domingo a posta en marcha dunha plataforma para a recuperación da illa da Creba.
A illa da Creba (no centro) atópase a 200 metros da Punta Uhía, na parroquia de Esteiro do Concello de Muros. (Foto: @SergioLousame)
SOCIAL

A privatizada illa da Creba foi posta en aluguer para eventos e uso turístico

Este domingo 8 de maio terá lugar ás 12.30 horas en Esteiro (Muros) a presentación do caderno 'A illa da Creba. Un baldío comunal', editado pola fundación Galiza Sempre. O acto, que levará por título 'Pola recuperación da illa da Creba', decorrerá no local social da Esteirana. Nós Diario fai un repaso sobre a historia desta illa, que fica en mans privadas.
O Burela non estará na final. (Foto: Futgal).
DEPORTES

Marín coroará os mellores equipos de fútbol sala do país o Día das Letras

Ourense-Poio e Noia-O Parrulo xogaranse os títulos.
Brais Sánchez, de pé á dereita, co resto da banda na praia de Ornanda, en Porto do Son (Foto: Morde).
CULTURA

Momboi: "Experimentamos cos ritmos e texturas, a mestura é o noso sinal de identidade"

Momboi vén de estrear o seu primeiro LP, Vacacións en Ornanda, un traballo moi persoal que trae a memoria estética do desaparecido Hostal Azteca da praia de Ornanda, en Porto do Son, e a explotación da costa da Galiza dos anos 90. Nós Diario conversa con Brais Sánchez, voz, guitarra e letrista de Momboi, unha formaciónque completan Daniel García 'Carba' (baixo e voces), André Garabato (teclado e sintetizadores) e Beny Mayo (batería). 

373a2c99-0cd0-466b-8ea8-e9568ecce589
CULTURA

O BNG salienta o "compromiso político" de Avilés de Taramancos no 30º cabodano do poeta

Galiza é terra de "raíces firmes" e de "poetas comprometidos", salientou a deputada nacionalista Mercedes Queixas na homenaxe deste sábado en Noia.
Un axente da Garda Civil (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

“Arriba España e morte aos maricóns”: condenan 4 garda civís destinados en Noia por homofobia

Segundo a sentenza, recorrida ante o Supremo, os condenados estiveron anos acosando e vexando o seu compañeiro con insultos e comentarios graves.