Normalización Lingüística

Iván Méndez, gañador do Galitwitter 2019
Iván Méndez (Galitwitter 2019)

"As redes sociais proban a vitalidade do galego"

Iván Méndez é filólogo galego, aínda que a maioría da xente o coñecerá pola conta de Twitter "Éche o que hai, Iván" (@echeoquehai), que vén de gañar a edición 2019 do Galitwitter, concurso no que a comunidade desta rede social vota a súa conta favorita do ano. O coruñés impúxose aos chíos de @emgalego nunha final moi axustada, con 50,1% dos votos.
Detalle do cartaz da Nova Antoloxía da Música Galega Contemporánea
Nova Antoloxía da Música Galega Contemporánea

Galeguíza-T, a mocidade de Oleiros a pular pola lingua

Hai uns días vía a luz nas redes a Nova antoloxía da música galega contemporánea, impulsada polo colectivo Galeguíza-T, un grupo de de estudantes do IES Neira Vilas de Oleiros. O coordinador do Equipo de Dinamización Lingüística do centro, Alberto Pombo, cóntanos como naceu este proxecto que está a revolucionar as redes.
galego CTNL LGx15
9 de novembro en Teo

LGx15 ou como achegar a lingua á mocidade

LGx15. Ideas para o futuro da lingua, evento organizado pola Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización da Lingua (CTNL), chega á quinta edición con propostas sobre o uso do galego no cinema, na rede, no transmedia ou na música. Oito intervencións trasladarán, o vindeiro sábado 9 de novembro en Teo, experiencias de compromiso lingüístico en diferentes eidos, do cotiá á atención médica, procurando influír nas actitudes e alzar a conciencia lingüística.

aula estudantes clase
Lingua

A CIG denuncia a irrelevancia das axudas da Xunta ao galego nos centros docentes

As axudas da Xunta destinadas a dinamizar e normalizar a lingua nos centro docentes públicos non alcanzan o 20% dos importes solicitados, feito polo que desde a CIG cualifícanas de “irrelevantes” e sinalan a existencia de “desidia” na súa tramitación.

Corunha
POLÍTICA

A alcaldesa da Coruña levará directamente a área de normalización lingüística

A socialista Inés Rei xestionará tamén as áreas de Seguridade Cidadá e Barrios. José Manuel Lage Tuñas, coa carteira de Economía e Facenda, e Juan Díaz Villoslada, Urbanismo, Vivenda e Mobilidade, aparecen como os executivos con maior peso político dun novo goberno local que, a falta de acordos de coalición, iniciará o mandato como un gabinete monocolor.

thumbnail_PremiosMilPrimaveras
Convocan as traballadoras de normalización

47 proxectos de fomento do galego optan aos premios Mil Primaveras

Os premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora de Traballadoras de Normalización da Lingua (CTNL), recoñecen “proxectos de posta en valor e fomento do galego”. Á edición deste ano optan 47 iniciativas diferentes.
 

diccionario
Con motivo do Día das Letras Galegas

A empresa ferrolá Englishpanish ofrece a tradución gratuíta de páxinas web ao galego

Con motivo do Día das Letras Galegas, a empresa Englishpanish ofrecerá á súa clientela a tradución gratuíta das súas páxinas web ao galego. Esta promoción, cuxo obxectivo é a normalización lingüística, durará o que reste de ano e cubrirá 1000 palabras.

Axencia tributaria
LINGUA

Campaña polo galego na declaración da renda

“Eu declaro [a renda] en galego. É lóxico. Por dereito”. Con este lema, a Asociación de Funcionarias pola Normalización Lingüística inicia unha campaña para que as contribuíntes escollan o galego á hora de presentar a declaración da renda.
 

331ae613570240eabe110ae6dd98a926_f24934
A transmisión non familiar do galego centra a terceira xornada

Malas Linguas para “activar falantes”

sergio celta
LINGUA

“O galego fainos únicos”: Sergio Álvarez ou Sofía Toro defenden máis galego no deporte

Os XX Encontros de Normalización Lingüística do Consello da Cultura Galega analizan a situación da lingua no deporte, tanto profesional, como de base ou tradicional. Deportistas, lingüistas, afeccionados danse cita 12 e 13 de abril para debater sobre a realidade lingüística e achegar propostas.

premiorosalia
LINGUA

Premio para a AS-PG e o proxecto Apego polo seu labor normalizador

A AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) e o proxecto “Apego” son as iniciativas gañadoras do VIII Premio Rosalía de Castro de Lingua que promove a Deputación da Coruña

polo galego
LINGUA

O estado de saúde do galego nos concellos

A decisión do goberno municipal de Vigo de incluír o castelán como lingua das sesións plenarias reabre o debate sobre a defensa do idioma por parte das administracións. Debruzámonos sobre este tema no Sermos213, xa na rúa e na nosa loxa.

¿Normalización lingüística?

galego
SOCIAL

A Xunta concede as axudas á normalización cando só fican 20 días para o remate do curso

A Consellaría de Educación publicou a pasada sexta feira a resolución pola que concede axudas aos proxectos de fomento da lingua nos centros públicos do país. A CIG-Ensino critica as cantidades “raquíticas” e denuncia que se difunda esta resolución “cando só faltan 20 días para rematar o curso”.

Non por min; por eles

Normalización lingüística 08
POLÍTICA

Deputación da Coruña triplica os orzamentos para normalización lingüística nos concellos

Sete servizos novos e catorce concellos máis beneficiarios son as novidades da nova convocatoria da entidade provincial.

anxos sobrinho
ANXOS SOBRIñO, NOVA PRESIDENTA DA CTNL

"O traballo do persoal técnico de normalización ten que reverter na sociedade"

Anxos Sobriño (O Rosal, 1971) é a nova presidenta da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Substitúe no cargo Nel Vidal, que levaba nove anos á fronte da entidade. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, traballa no equipo lingüístico da Audiencia de Pontevedra.

Goretti Sanmartín
A CTNL APLAUDE AS MEDIDAS

Goretti Sanmartín anuncia o impulso dos Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos

A vicepresidenta da Deputación da Coruña anunciou a creación, reforzamento e mantemento dos Servizos de Normalización Lingüística, unha aposta na que acredita o presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), Nel Vidal, quen salienta que o anuncio da deputada do Bloque debería ampliarse ás outras deputacións.

MANUEL BRAGADO, EDITOR DE XERAIS E PRESIDENTE DE CULTURGAL

"Fomos e somos dependentes do proceso de normalización lingüística"

Dise da cultura da autonomía que baleirou de contido o feito diferencial e esqueceu os conflitos de clase.  Falamos con Manuel Bragado.

LINGUA

A Mesa esixe que a Xunta “aplique xa os acordos existentes” sobre a lingua

Marcos Maceira sinala que “o fracaso da política lingüística débese ao incumprimento dos acordos” e critica que na vez de actuar nese sentido o Goberno fale de "consensos".