SOCIAL
Case 23.000 persoas concorren esta fin de semana ás oposicións de educación
17/xuño/22
En concreto, as probas para o corpo de mestres comezarán o sábado 18 de xuño, mentres que para o resto (inspectores, profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño) serán o domingo 19. Todas elas optan ás 2.484 prazas.