SOCIAL
Veciñanza da Ribeira Sacra ve "carencias" na candidatura da Auga: "Como os encoros poden ser considerados un valor singular?"
10/abr./24
Máis de medio cento de asociacións culturais e veciñais da Ribeira Sacra censuran que os que foron argumentos de exclusión da primeira candidatura deste territorio a Patrimonio da Humanidade sexan agora "valores engadidos" na proposta renovada pola Xunta da Galiza.