O martirio esquecido de María Gómez
María Gómez de Soutomaior foi outra mártir da rebelión galega contra Castela do século XV. Irmá de Sueiro Gómez de Soutomaior e curmá de Pedro Madruga, exemplifica aquela nobreza que apostou por unha Galiza de seu, arredada de Castela, unida a Portugal e virada cara aos pobos do Atlántico.
O nunca contado sobre Pardo de Cela, no 'Sermos Galiza'
Non esquezas procurar o semanario que estará nos puntos de venda habituais o sábado e que analiza os segredos arredor da figura de Pardo de Cela, inclúe unha entrevista con Sés, debulla o estado do galego en Tik Tok e moito máis!
A rebelión do século XV: A loita de Pedro Madruga por unha Galiza de seu
O martirio útil do mariscal Pedro Pardo de Cela
O Pardo de Cela vivo
Os irmandiños bercianos
Pescudamos na revolta irmandiña nos territorios estremeiros do Bierzo da man de Javier Lago Mestre, licenciado en Historia Moderna pola Universidade de Salamanca, que vén de participar no ciclo de conferencias “Economia, História e Realidade Social” organizada pola Asociación Cultural O Facho da Coruña. Eis un extracto do texto, publicado no número 332 de Sermos Galiza.
A rebeldía contra Castela das fillas de Pardo de Cela
O asasinato de Pardo de Cela en 1483 por orde dos Reis Católicos non representa a derrota definitiva da rebelión galega contra Castela. As súa fillas Beatriz e Constanza de Castro darán continuidade á loita do pai, non desmerecendo o valor e a perseveranza do seu predecesor. A primeira mantivo a lealdade á causa pola que morreu seu pai coas armas na man até 1487, morrendo a segunda en combate coas forzas castelás no castelo de Caldaloba en 1484. Eis un extracto da información publicada ao respeito no número 326 de Sermos Galiza.
Pardo de Cela, un mártir da causa galega
Pedro Pardo de Cela exemplifica a oposición dunha parte maioritaria da sociedade galega á política centralizadora dos Reis Católicos. Este domingo 17 de decembro é o 534 aniversario da súa execución.
Pardo de Cela, un rebelde galego do século XV
Máis de 1500 galegos víronse obrigados a exiliarse en Portugal e Bretaña por opoñerse a política centralizadora dos Reis Católicos. O 17 de decembro de 1483 -outras fontes citan o 3 de outubro- era decapitado en Mondoñedo Pardo de Cela.