A Galiza rexistra 42 novas vivendas turísticas cada día
A Galiza ten rexistradas un total de 26.791 vivendas de uso turístico, cifra que desde o pasado mes de decembro aumentou en máis de 5.000 inmóbeis, un 23% de incremento.
A Galiza ten rexistradas un total de 26.791 vivendas de uso turístico, cifra que desde o pasado mes de decembro aumentou en máis de 5.000 inmóbeis, un 23% de incremento.
Os investidores dan por descontado unha nova crise no sector inmobiliario do Estado español e recortan a súa exposición ao mesmo. Neste sentido, os datos coñecidos nas últimas semanas avanzan un escenario semellante para a Galiza. As subas de tipo de xuro derivadas das políticas do Banco Central Europeo (BCE) nótanse.
Na Galiza hai rexistradas 15.391 vivendas de uso turístico (VUT) que supoñen 81.531 prazas, o que representa 13% máis de inmóbeis que hai un ano —13.502— e 27% de aumento respecto de hai dous. Mentres, o prezo do aluguer dun piso residencial aumentou nestes anos na Galiza por riba de 16%.