CONTRACULTURA
O Rabelo: "Todas as persoas queer con proxectos artísticos que coñezo están optando polo crowdfunding"
07/xuño/23
Xanhe Redondo, máis coñecido polo seu nome artístico 'O Rabelo', vén de pór en marcha unha campaña de crowdfunding para levar adiante o seu próximo disco, 'Silva', que estará acompañado dun documental e unhas xornadas sobre o rural e o queer así como dun libro de poesía, 'Betadine'.