política cultural

Natividad de Jesús González e Fran Quiroga inauguraron a xornada.
CULTURA

A cultura estuda o seu impacto ambiental

A "XVI Xornada Innovación cultural e territorio", que se celebra no Pazo de Mariñán, está organizada pola área de Cultura da Deputación en colaboración co comisario Fran Quiroga.

Mercedes Peón fechará as actuacións do sábado.
star
CULTURA

A música galega busca a proxección internacional

Focus Galicia é un evento no que protagonistas da música galega se atopan con produtores e programadores de 13 Estados nun contexto que tenta "maridar música, patrimonio e gastronomía" para buscar vías de saída cara ao mercado exterior. Unha selección de solistas e bandas de música tradicional e das chamadas "músicas do mundo" procurarán un lugar no mercado internacional.
Xaime Toxo, presidente do Ateneo, no acto desta quinta feira.
CULTURA

O Ateneo de Pontevedra recorrerá a decisión da Xunta de negarlle un local

Xaime Toxo, agradeceu os apoios recibidos de particulares e colectivos tras coñecerse a decisión "equivocada" da Xunta na que aprecia "falta de rigor" e "moitísima ignorancia, soberbia e prepotencia " na baremación da documentación esixida

A deputada do PSdeG Noa Díaz.
CULTURA

Noa Díaz denuncia "arbitrariedade" no reparto de axudas ao cinema

O PSdeG reclámalle ao Goberno galego que informe sobre as subvencións nominativas achegadas a festivais de cinema da Galiza.

Xaime Toxo, á dereita, na presentación dun libro de Francisco Xosé Fernández Naval (no centro) organizada polo Ateneo de Pontevedra, xunto co pintor Antón Sobral.
CULTURA

O Ateneo de Pontevedra pode perder o seu local

A Xunta de Galiza denégalle a renovación da cesión do espazo.
OXantar do Convivio do ano pasado.
star
CULTURA

Convivio da Cultura Galega: arte e pensamento no campo da festa

Este sábado 8 de xullo terá lugar a décima edición do Convivio da Cultura Galega, un encontro de entidades e, ao tempo, festa popular, que se consolida na axenda cultural e que pretende combinar a tradición coa planificación de proxectos de calado que enriquezan o patrimonio mantendo os esteos da identidade cultural do país. 
 
Rosario Álvarez e Håkan Casares, 
onte, na presentación do informe.
star
CULTURA

Medran os hábitos culturais, pero mingua o investimento en cultura

O Consello da Cultura Galega presentou onte o informe Corenta anos de cultura galega en estatísticas. Segundo este estudo, a evolución positiva nos hábitos de consumo cultural levou a que a sociedade galega superase a media estatal na maior parte dos indicadores consultados. Porén, o gasto público en cultura minguou en todas as administracións.
 
Xornadas profesionais convocadas pola AGPXC no castelo de Soutomaior o pasado 2 de marzo.
CULTURA

A xestión cultural busca modelos sustentábeis

Unha web   impulsada pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), recolle reflexións, retos, recursos e iniciativas inspiradoras no traballo cultural
Unha escena de 'Shakespeare en Roma'. (Foto: Miramemira)
star
Polémica polo uso do castelán no CDG

Como exportar o teatro galego ao exterior?

Un comunicado da Academia Galega de Teatro condenando o uso do castelán nas funcións da obra 'Shakespeare en Roma', que o Centro Dramático Galego levará ao Festival de Teatro de Mérida, pon de relevo as dificultades para representar en galego no Estado español e a falta de consenso existente nas estratexias para exportar o teatro —e, en xeral, a cultura— da Galiza ao exterior.
Francisco Oti, Eduardo Alonso, Xavier Estévez e Xosé Barato nun debate.
star
CULTURA

O teatro galego loita pola estabilidade

As I Xornadas organizadas pola Academia Galega de Teatro no Pazo de Mariñán abordaron a "consistencia e solidez do sistema teatral galego, as dificultades e carencias na programación dos espazos dedicados a exhibición, os problemas para organizar a itinerancia dos espectáculos ou o estado actual das redes e circuítos de distribución". Os resultados distan moito de seren optimistas, malia que tamén se propuxeron alternativas para enderezar o rumbo.

Lectura cidadá

Galería de pintura da Hispanic Society de Nova York. (Foto: Hispanic Society)
star
CULTURA

O patrimonio galego no exterior, a debate

Algúns síntomas de crise económica na Hispanic Society de Nova York, que garda as fotos de Ruth Matilda Anderson, reabre o debate sobre a responsabilidade ante o patrimonio galego no exterior.
Rosario Álvarez e Hakan Casares,  onte na presentación do informe.
star
CULTURA

O Barómetro da cultura sinala como principal debilidade o insuficiente apoio institucional

O Barómetro da cultura galega 2023, presentado esta quinta feira en Compostela, revela que 2022 foi, en termos culturais, un bo ano, pero moi lonxe das expectativas levantadas tras a saída da pandemia.  
 
Xornadas profesionais convocadas pola AGPXC no castelo de Soutomaior o pasado 2 de marzo.
star
CULTURA

O sector da cultura, apremado pola precariedade e a falta de recursos

Unha xornada de debate sobre as condicións de traballo dos profesionais da cultura destapa precariedade, falta de recursos e unha forte estacionalidade que contribúen a que as persoas que traballan no sector teñan dificultades económicas e a que o seu labor non sexa recoñecido pola sociedade. 
 
Malia ser obxecto de controversias, a Cidade da Cultura é unha das iniciativas máis valoradas pola enquisa da Fundación Contemporánea.
star
O Observatorio da Cultura valora positivamente proxectos moi cuestionados

A avaliación da cultura a través de enquisas falsea a valoración do sector

O Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea ocupa titulares e dá unha visión moi indulxente da situación da cultura galega, á que sitúa en sexto lugar entre as comunidades do Estado. Porén, a realidade parece desmentir algunhas das súas conclusións.