SOCIAL
A taxa de pisos públicos en aluguer no Estado sextuplica a da Galiza
20/maio/22
Na Galiza, que representa 5'7% da poboación do total do Estado español, tan só se constrúen 1'5% de todas as vivendas protexidas no territorio estatal.
SOCIAL
Denuncian úlceras e feridas en usuarios dunha residencia financiada pola Xunta
17/maio/22
Traballadoras das Residencias da Galiza e a asociación Vellez Digna veñen de denunciar diante dos responsábeis de Política Social e Sanidade as condicións asistenciais da residencia Mi Casa. O centro localizado en Pazos de Borbén dispón de 22 prazas financiadas na súa integridade pola Xunta.
LINGUA
Unha concesionaria madrileña da Xunta de prevención de riscos laborais denega a atención en galego a persoas usuarias
04/maio/22
Persoal dependente da Consellaría de Política Social denuncia perante a secretaría xeral de Política Lingüística que profesionais da compañía Cualtis rexeitaron facer o recoñecemento médico na lingua do país porque non a sabían falar.
SOCIAL
A etapa de Feixoo, en imaxes (V): as políticas de residencias de maiores
30/abr./22
A pandemia deixou ao descuberto as debilidades do sistema galego de benestar. Un modelo baseado na xestión privada da atención ás persoas maiores e dirixido aos grandes operadores do negocio da dependencia. Precisamente, as residencias dirixidas por estas compañías concentraron o maior número de mortes por coronavirus.
SOCIAL
A Galiza ten a taxa de discapacidade máis alta do Estado español
19/abr./22
A Xunta da Galiza inviste case dous millóns de euros menos en políticas de benestar social que nas últimas contas do Goberno bipartito, en 2009.
TRABALLO
Preacordo de convenio para o persoal das residencias privadas da Galiza
25/mar./22
As organizacións sindicais alcanzaron coa patronal unha serie de "avances" que a próxima semana serán sometidos á valoración das e dos traballadores do sector.
SOCIAL
Unha sentenza impide á Xunta exixir o reintegro da Risga ás persoas que tamén percibiron o IMV
21/mar./22
Un Xulgado de Vigo estima a demanda dunha persoa beneficiaria da Risga á que a Xunta pedía devolver os 4.538,68 euros correspondentes aos meses nos que percibiu tanto esta prestación como o Ingreso Mínimo Vital.
SOCIAL
A residencia de maiores de Oleiros, ao límite pola Covid: "Non hai organización ningunha"
09/feb./22
Unha traballadora do centro denuncia que o Goberno galego "está a reforzar o persoal, mais non é suficiente".
TRABALLO
Traballadoras temporais de Política Social advirten da precariedade: "Temos contratos de dúas horas"
20/xan./22
"É imposíbel vivir cun mínimo de dignidade cos ingresos que xera un contrato de dúas horas por xornada, son moi inferiores ao salario mínimo interprofesional e incluso á Risga", lamentan, nun escrito dirixido á Valedora do Pobo.
SOCIAL
A Xunta valora contratar persoal sen titulación nas residencias públicas
17/xan./22
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera "inaceptábel" que, a pesar da experiencia durante a pandemia, as persoas maiores sigan "maioritariamente en mans de multinacionais".
SOCIAL
A Xunta muda o protocolo Covid para as gardarías: así se xestionarán os casos desde agora
17/xan./22
A ollos da CIG, o novo protocolo "esquece a casuística das escolas infantís".
SOCIAL
Familiares e usuarios de residencias piden a dimisión da conselleira de Política Social
16/xan./22
A Asociación Galega De Familiares e Usuarios De Residencias Vellez Digna solicita a dimisión inmediata de Fabiola García Martínez por non "velar polo cumprimento das medidas preventivas nas residencias" e por dar "protección ás patronais das residencias, deixando indefensas ás persoas usuarias".
SOCIAL
Política Social decide non intervir as residencias afectadas por surtos masivos
11/xan./22
As residencias DomusVi de Bembrive, en Vigo, e Raiola O Hórreo, en Compostela, suman máis dun cento de positivos.
SOCIAL
Denuncian o "escurantismo" da Xunta sobre os casos de Covid e falecementos nas residencias de maiores
11/xan./22
Trega e Vellez Digna exixen tests da Covid diarios nos centros con positivos e lamentan o "escurantismo" do Goberno galego en relación aos datos de contaxios e falecementos nas residencias de maiores, así como a non cobertura das baixas laborais.
SOCIAL
A Galiza, á cola do Estado en prazas residenciais
10/xan./22
Segundo as cifras do Imserso, na Galiza hai un déficit de case 15.000 prazas nas residencias de maiores.
POLÍTICA
As residencias de maiores terán un tope de 150 persoas usuarias
21/dec./21
As residencias de maiores que se constrúan na Galiza deberán estar deseñadas para un máximo de 150 persoas usuarias e dividirse en unidades de convivencia de até 25 persoas. Así o expuxo a conselleira de Política Social, Fabiola García. O novo modelo residencial da Xunta aposta polos xeriátricos privados.
SOCIAL
Só 14% das persoas en situación de "pobreza severa" percibe o Ingreso Mínimo Vital
04/nov./21
Segundo os datos máis recentes, o Ingreso Mínimo Vital (IMV) só cobre 14% das galegas e galegos en situación de extrema vulnerabilidade, e apenas 6% das persoas que padecen pobreza relativa. Persoal do terceiro sector sinala a 'Nós Diario' as causas da escasa cobertura desta prestación e instan a Administración a que axilice os trámites para aumentar os beneficiarios. Aliás, cren que a Risga debe ser complementaria á prestación estatal.
SOCIAL
Urxen aumentar os recursos para afrontar o coidado de persoas con dano cerebral adquirido
26/out./21
Malia que non existe unha cifra concreta de persoas con dano cerebral adquirido, estímase que na Galiza poderían ser entre 35.000 e 50.000. Os colectivos en defensa dos seus dereitos salientan as eivas no acceso aos servizos públicos, que "non son suficientes" e están concentrados nas grandes cidades.
SOCIAL
A taxa de pobreza dispárase no último ano na Galiza e supera a media estatal
16/out./21
Segundo o último informe de EAPN-Galiza, unha de cada dez persoas está nunha situación de pobreza severa na Galiza. As carencias económicas, provocadas pola "falta de vivendas dignas e accesíbeis", agrávanse entre as mulleres e as persoas maiores. Ademais, 53% das pensións están por baixo do limiar de pobreza.