política

POLÍTICA

BNG enceta campaña 'Tod@s somos Snowden'

Impulsa unha recollida de sinaturas para pedir a Rusia que dea Asilo político a Edward Snowden e á ONU que lle outorgue o status de refuxiado político

Xavier Vence e a executiva do BNG.
POLÍTICA

O Bloque reclama explicacións a Madrid: ''non aceptamos converter o maquinista nun chivo expiatorio''

A formación frontista pediu xa na sexta feira 26 a comparecencia da ministra de Fomento, Ana Pastor, para que aclare "por que non se usan as medidas avanzadas, por que se usan trens onde estas non van implantadas e cantos tramos teñen taras". Aliás, exixen comisións de investigación no Parlamento e no Congreso "independentes"

POLÍTICA

En 5 anos, no Estado español, os descarrilamentos pasaron de 1 a 14, só 4 deles por fallo humano

A Comisión de Fomento de accidentes ferroviarios investigou 2 sucesos deste tipo en 2008 fronte os 14 de 2011. Actualmente está a investigar sete descarrilamentos acontecidos entre 2012 e 2013. En 5 anos (2006-2011), o número deste tipo de accidentes pasou de 1 a 14. Só 4 deles tivo coma orixe un fallo humano. No resto as causas tiveron a ver con deficiencias no estado das infraestruturas e con fallos mecánicos.

Gaspar Llamazares
POLÍTICA

IU pide unha comisión de investigación sobre o sinistro de Angrois

O deputado Gaspar LLamazares afirma que Izquierda Unida realiza esta petición por “responsabilidade”, para procurar “a verdade” e a mellora da seguridade ferroviaria.

Olaia Fernández Davila no Congreso español
POLÍTICA

Davila (BNG) suxire que se aplique a Lei de Partidos ao PP se Rajoy non convencer na súa comparecencia

Recta final na semana da comparecencia de Rajoy no Congreso polo mal chamado caso Bárcenas. Olaia Fernández Davila suxire que se debería aplicar a Lei de Partidos ao PP se Rajoy non convencer ao Parlamento.

Golf
INTERNACIONAL

O Estado destina 429.000 euros a mantemento dun campo de golf para militares

O Ministerio de Defensa procura un equipo de 11 'especialistas' (fontaneiros, enxeñeiro superior, director de mantemento...) para as tarefas de mantemento, regado e sega do campo do recinto da base militar de Cuatro Vientos, en Madrid. 

Fernández de Sousa
POLÍTICA

Pescanova financiou o PP nun ano de cita electoral en Galiza

A empresa e outras seis máis achegaron 400.000 euros para o Partido Popular de Manuel Fraga en 2001

PP
POLÍTICA

Deputado do PP lamenta que sinistro de Angrois tape o descenso do paro

O parlamentar do Partido Popular nas Cortes de Valencia, Rafael Marluenda, escribiu no seu twitter que era unha mágoa non poder se felicitar "prudentemente" polo descenso do paro no Estado español por mor do sinistro ferroviario en Galiza.

Barcenas
POLÍTICA

Bárcenas declara ante o xuíz que acordou con Rajoy seguir a cobrar do PP cando estaba imputado

O ex-tesoureiro do PP di que tamén foi decisión de Rajoy a de manterlle despacho, secretaria e coche oficial; e que en 2010 entregou nun sobre ao presidente 25.000 euros procedentes de Pontevedra

POLÍTICA

O Goberno español adía a fragmentación de Renfe até setembro

Ana Pastor comunicou ás centrais sindicais que a fragmentación fica adiada, porén non atribuíu nas súas explicacións a decisión ao sinistro de Compostela

Todo é política, a morte também

Dizem que nom é política, que se trata de acidentes, assassinatos, enfermidades mentais... Mas eu, sanitária, nom podo luitar contra o devir biológico sem política. 

POLÍTICA

O Parlamento rende unha homenaxe ás vítimas do sinistro de Angrois

A Cámara galega uniuse esta sexta feira ás mostras de solidariedade e apoio ás vítimas do accidente ferroviario acontecido en Compostela

SOCIAL

Seguranza de Renfe en Compostela alega ''ordes de arriba'' e manda retirar unha bandeira da Galiza ''por ser política''

Era o único símbolo presente nunha estación de comboios ateigada de cidadás e cidadáns que quixeron mostrar a súa solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Angrois

POLÍTICA

Cancelados todos os actos do Día da Patria

Todas as formacións políticas deasconvocaron as manifestacións e actos con motivo do Día da Patria galega

POLÍTICA

Feijóo sinala dun mínimo de 56 vítimas mortais

Pasada medianoite, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmaba 56 vítimas mortais, cifra que, segundo sinalou, podería incrementarse nas últimas horas. 

POLÍTICA

BNG, Parlamento galego e NÓS-UP amosan as súas condolencias ás familias

As organizacións soberanistas e a Cámara galega manifestaron o seu pesar polo accidente de tren acontecido nas proximidades de Compostela

 

POLÍTICA

Vence insta a mocidade a non renderse

O portavoz nacional do BNG chama @s moz@s galeg@s a pelexar "polo dereito a traballar na súa terra" e subliña a vixencia das figuras de Rosalía e Castelao nun acto de homenaxe organizado por Galiza Nova

POLÍTICA

AGE pide a autodeterminación da Galiza "sen fuxir" de "intervir" tamén no Estado español e en Europa

Argumenta a coligación de Anova e EU que as institución españolas e europeas "afectan a vida de centos de milleiros de persoas"

POLÍTICA

Mato confirma a exclusión de lesbianas e separadas da reprodución asistida: "A falta de varón non é un problema médico"

A ministra española de Sanidade xustifica desta maneira que o Goberno de Mariano Rajoy deixe fóra da sanidade pública as mulleres que decidan ser nais e non representen o modelo familiar católico

San Caetano, sé da Xunta
POLÍTICA

A Xunta gasta máis dun millón de euros nunha nova campaña publicitaria

A CIG denuncia que a administración galega empregue boa parte do seu orzamento para promocional a Lei galega de emprendemento e a dinamización demográfica no país. O BNG exixiu que o executivo de Núñez Feijóo explique no Parlamento os motivos destas contratacións publicitarias