política

Feijóo
POLÍTICA

O Valedor do Pobo sae en defensa de Feijóo e di que as fotografías co narco carecen "de interese xornalístico"

O Valedor do Pobo métese a xornalista e considera que as fotografías de Feijóo co narco Marcial Dorado carecen de "interese informativo". Non o xulgou así a imprensa internacional, que as recolleu de forma moi destacada quer en papel quer nas edicións on line. José Julio Fernández sai así en defensa de Feijóo. Mentres, Rueda súmase ao coro dos que piden unha lei que estabeleza unha sorte de censura previa parapetándose na defensa do dereito das persoas a preservar a súa imaxe.

Daniel Roda BNG
POLÍTICA

"A Xunta só fai propaganda para narcotizarnos. É un goberno de costas á realidade"

Daniel Rodas é de Moaña. Alí vive e desenvolve desde hai anos a súa actividade. Foi horticultor, mariñeiro e traballador do naval. Este moañense tomou posesión como deputado do grupo parlamentar do BNG após a saída de Carlos Aymerich.

Remate da manifestación da CIG o pasado 29 de marzo
POLÍTICA

CIG e BNG chaman a unha "grande mobilización social" contra as políticas do PP

Ambas as dúas organizacións coincidiron en sinalara que urxe "un xiro radical" que tire a Galiza do "colapso económico, financeiro e social" en que a submeteron as políticas do Partido Popular. 

 

POLÍTICA

O goberno español elevará a idade de consentimento sexual no seu Plan de Infancia

O executivo liderado por Mariano Rajoy desenvolverá esta reforma demandada polas Nacións Unidas. 

Helicópteros
POLÍTICA

A Xunta volve conceder a dedo, e á mesma empresa, os operativos de helicópteros contraincendios

Inaer tamén se encarga de xestionar as aeronaves de Salvamento Marítimo e Emerxencias

POLÍTICA

A oposición abandona a Comisión de Sanidade como mostra a rexeitamento ao proceder do PP

A tramitación do Plan de dinamización demográfica da Galiza "pola vía de urxencia" e sen o cumprimento "dos prazos" motivaron o abandono das representantes de BNG, AGE e PSdeG. As deputadas da oposición protestaron desta maneira contra "a anomalía" que supón o debate e aprobación do Plan proposto polo PP. 

Alberto Núñez Feijóo
POLÍTICA

O gabinete de imprensa da Xunta impide perguntar a Sermos Galiza argüíndo "xa sabemos o que vas perguntar"

Así respondía a responsábel de prensa na comparecencia do presidente da Xunta após a xuntanza semanal do Consello de goberno.

POLÍTICA

O herdeiro de Esperanza Aguirre pide que se censuren fotos como a de Feijóo co narco

O sector de Aguirre tamén quer saír no foco. Ignacio González, herdeiro de Esperanza Aguirre no trono madrileño, defendeu nunha entrevista radiofónica que se estabelezan "límites" á publicación de fotografías como a publicada por El País con Feijóo e Dorado como protagonistas.

Xavier Vence
POLÍTICA

Vence: "As amizades perigosas de Feijóo van alén do narco Dorado, aí andan Pablo Crespo ou o chófer testaferro"

O portavoz nacional do BNG considera que as fotografías de Feijóo co narco Manuel Dorado só deixan unha opción ao presidente da Xunta, demitir.

POLÍTICA

Causa Galiza abre accións xudiciais contra o ABC por a incluír no organigrama de Resistencia Galega

A plataforma informa que iniciará accións legais contra o medio español que, “utilizando a intoxicación informativa, se coloca ao servizo dun novo deseño represivo contra o independentismo”

POLÍTICA

AGE presenta unha declaración "en defensa da legalidade republicana"

Con motivo do 82 aniversario da instauración da II República española, Alternativa Galega insta ao Parlamento a se comprometer "coa legalidade republicana" e as persoas "que viviron e loitaron" na defensa "das liberdades e dereitos do pobo galego". 

POLÍTICA

O executivo de Mariano Rajoy deberá dar explicacións a respecto da fortuna do Borbón en Suíza

Unha conta en Suíza con máis de mil millóns de euros dispara as alertas arredor da fortuna persoal do monarca español. A oposición urxe explicacións ao goberno mentres o PP nega que o patrimonio de Juan Carlos I sexa relevante. 

Alberto Núñez Feijóo
POLÍTICA

Feijóo comparecerá no Pleno do Parlamento para explicar as polémicas fotos con Dorado

Así o acordaron os grupos parlamentares na Xunta de Portavoces decorrida esta terza feira. En troca, as forzas da oposición aceptaron suprimir a sesión de control ao presidente.

Lores
POLÍTICA

O goberno español levará Pontevedra aos tribunais pola extra de Nadal

O xulgado admitiu a trámite o recurso presentado en xaneiro de 2012 e fixa para dentro dun ano a celebración do xuízo. O executivo de Mariano Rajoy exixe a devolución do pagamento extraordinario de Nadal que o concello retribuíra @s traballador@s como 'plus' de produtividade. @s nacionalistas denuncian unha "persecución" desde Madrid.

Jesús Vázquez Abad
POLÍTICA

A Xunta destinará nos vindeiros catro cursos mil millóns de euros a colexios privados

A orde, publicada no DOG, e a que fixa a base para a renovación dos concertos, non aclara se renovará os convenios cos colexios que segregan por xénero

POLÍTICA

Beiras (AGE): "Ten que pór o seu cargo a disposición da Cámara de representantes"

O portavoz parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda asegurou que o futuro do presidente da Xunta debe ser determinado pola institución que o investiu e non polo grupo parlamentar do PP. 

POLÍTICA

Pachi Vázquez (PSdeG): "Non son dúas persoas que van de paseo. Son un narco e o número dous da Consellaría de Sanidade"

O líder d@s socialistas galeg@s estima que Núñez Feijóo só quere "escapar á verdade" e enfatiza que o presidente terá que explicar "as viaxes a Andorra e Portugal".

 

POLÍTICA

Jorquera (BNG): "Unha persoa que mantivo relacións de amizade cun capo da mafia é indigna de presidir o goberno galego"

O portavoz parlamentar do grupo nacionalista denunciou que o presidente da Xunta de Galiza converta nun costume "apelar á ignorancia" e salienta que nun "país democrático" un cargo público xa tería demitido "por feitos de menos gravidade". 

A política e o ouro

Asistín en Carballo a unha palestra da Plataforma pola defensa de Corcoesto. As condicións eran, para min que viña de fóra, as peores que podían darse para que alí se xuntase xente: quinta-feira de Semana Santa, cunha arroiada que nos facía medrar as branquias e todo para escoitar a conferencia académica dunha doutora universitaria en Ciencias Químicas que traballa no Centro de Investigacións Oncolóxicas de Madrid
SOCIAL

Estafad@s de Moaña pídenlle ao alcalde que, alén do apoio ao peche, pule por "unha solución"

Valoran de maneira moi positiva o apoio de José Fervenza (PP) mais consideran que "agora cómpre que sirva para algo". Tamén se revolveron contra a TVG: "para que gravades, se o que vou dicir non o ides publicar?"