O Diario Oficial de Galicia publica esta segunda feira, 1 de abril, a orde para renovar os concertos e convenios cos colexios privados para os vindeiros catro cursos. A Xunta vai investir até 1.000 millóns de euros nese período. Unha cifra que é moi semellante á dos anteriores catro anos.
Nesta orde publicada no DOG non se di o que acontecerá neses catro cursos cos cinco colexios onde se segrega por sexo e que nunha sentencia do TSXG invalidaba os convenios.No DOG recóllese que serán prioritarios os concertos dos colexios en rexime de cooperativa.
Cómpre lembrar que desde sindicatos e colectivos de pais e nais tense criticado a constante desviación de fondos da pública para a concertada a e a privada que sedeu co goberno de Feijóo.