política

Feijóo
POLÍTICA

O medo a un novo Nunca Máis podería animar a Feijóo ao adianto electoral

O anuncio do lehendakari Patxi López de convocar as eleccións nacionais vascas para o vindeiro outono puxo riba da mesa máis unha vez o posíbel adianto electoral na Galiza. O actual contexto político e o decorrer económico nos vindeiros meses xogan en contra de Núñez Feijóo.
POLÍTICA

BNG actúa en Bruxelas para evitar a exclusión da frota galega de Mauritania

A organización presentará diversas iniciativas no Parlamento Europeo contra un convenio que implicaría o despezamento de gran parte da frota cefalopodeira da Galiza

Contrarreforma política

No ano 0 do agresivo mandato de Rajoy e o ano 4 da grisácea etapa de Feijoo, o PP afánase na aniquilación do xogo democrático e o proceso autonómico. A radical contrarreforma con eixos no ámbito político, social e económico pasa por facer bascular o marco político cara un amplo proceso de recentralización institucional e de agresión aos principios de participación democrática.
POLÍTICA

EU e FPG sitúan o problema de clase por riba da cuestión nacional

Unha delegación de Esquerda Unida e outra da Frente Popular Galega mantiveron hoxe unha xuntanza, motivada pola "necesidade de artellar unha ferramenta capaz de responder ao estado de quebra que afecta á maioría social".

POLÍTICA

A oposición pon a Feijóo contra as cordas: queren xa unha data e eleccións ''sen pucheirazos''

O presidente da Xunta evita pronunciarse sobre un posíbel adianto electoral, mais ten até a terza para tomar unha decisión. Mentres, Pedro Puy di que o proceder en Euskadi non marcará os tempos na Galiza
Bieito Lobeira, deputado do BNG
POLÍTICA

O BNG insta a Xunta a adherir Galiza á CPLP

O BNG vén de presentar unha proposición non de lei en que insta o goberno da Xunta a adherir Galiza á Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
POLÍTICA

Audiencia Nacional impide a un preso independentista asistir ao funeral do seu pai

Roberto Rodriguez Fialhega, Teto, encarcerado na prisión de Estremera (Madrid), non puido estar presente no enterro do seu pai na localidade de Sober.
MEMORIA E HISTORIA

O BNG di do pasamento de Pousa Antelo que é un día de loito para Galiza

Euskal Herria

A liberdade de Iosu Uribetxeberria, unha cuestión política

O informe médico publicado esta quinta feira, redunda, máis unha vez, en que o cancro de Iosu Uribetxeberria é terminal e irreversíbel. Despois de seren informadas as autoridades xudiciais, o Ministerio Público pide un informe no que se determine se o preso podería ser tratado na cadea.
Galiza

Valdeorras concéntrase contra a política de incendios da Xunta

Os convocantes criticaron a falta de prevención da administración autonómica, a descoordinación de dispositivos e instaron á Xunta a derrogar a Lei de Montes. A protesta convocada pola 'Alianza por un Medio Rural Galego Vivo' (integrada por CIG, FRUGA, ADEGA, e ORGACCMM) foi secundada por centos de persoas ás que se sumaron organizacións coma o BNG e o PSOE local.

POLÍTICA

O PP menospreza @s galeg@s e chama "minoría" á oposición

O parlamentar do grupo popular, Román Rodríguez, dixo non permitir ser chantaxeado por forzas minoritarias a respecto da redución de deputad@s, menosprezando a vontade política dunha importante parte d@s galeg@s.
Ana Luísa Bouza, parlamentaria do BNG.
POLÍTICA

"O PP puxo en marcha un recorte en programas sociais que fai medrar as desigualdades"

Hai 25.000 persoas con dereito á prestación por dependencia que non están a percibila. Trátase de familias que atenden a persoas dependentes, que alén de se veren afectadas polo copago farmacéutico, a redución do transporte sanitario, a carestía do material ortoprotésico e a suba do IVE.

POLÍTICA

O PP de Compostela dá marcha atrás

O equipo de goberno do concello cancela o proceso de contratación despois de seren denunciadas irregularidades no mesmo por parte do BNG. O concelleiro de Medio Rural convidou a outras dúas empresas de desbroce forestal, para iniciaren de novo o procedemento.
Sinatura do convenio entre o presidente da FEGAMP, José Manuel Rey (esquerda) e a conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana (centro) para actuacións en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais a través dos Grumires.
POLÍTICA

Quintana enxalza a coordinación durante o incendio, malia as críticas

A conselleira Rosa Quintana asinou esta mañá un convenio de colaboración co presidente da FEGAMP, José Manuel Rey, para coordinaren actuacións en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais a través dos grumires (grupos municipais de intervención rápida).
POLÍTICA

CxG e Anova na procura de alianzas

As forzas políticas xurdidas logo da Asemblea Nacional do BNG están a tecer novas alianzas á fin de aumentaren o seu número de apoios e oportunidades electorais Anova e Compromiso –que saían da man do BNG-- atópanse na actualidade lonxe de chegaren a acordo.

 

Comisión Europea
ECONOMÍA

O BCE pide reducir os soldos para xerar competitividade

No seu informe mensual o BCE insta ás economías rescatadas a adoptaren máis unha vaga de reformas e axustes estruturais entre as que se atopa a redución de soldos.
Alcalde de Compostela
POLÍTICA

O BNG de Compostela alerta de que un expediente de obras compromete principios de contratación administrativa

O grupo municipal do BNG na capital da Galiza exixe á Xunta de Goberno do Concello compostelán explicacións a respecto da suposta vinculación entre as empresas convidadas.
Concello de Riotorto
POLÍTICA

Riotorto o primeiro concello en rebelarse contra o PP

Cos votos en contra do PP e a abstención do PSOE, o Concello lucense de Riotorto aprobou a segunda feira estudar as medidas necesarias para manteren a paga de Nadal @s traballador@s públicas. Neste senso, Riotorto convértese no primeiro concello en aprobar a medida anunciada polo BNG a pasada semana.
Parlamento da Galiza
POLÍTICA

A reforma electoral salvagarda os intereses partidarios do PP

A proposta do Partido Popular encamiñada a reducir o número de parlamentares, supón unha estratexia electoralista cuxo obxectivo é blindar as provincias do interior (Lugo e Ourense) nas que o partido de Núñez Feijóo concentra o maior número de votos.  

Pintada de Resistencia Galega
POLÍTICA

Desactivados dous explosivos na zona viguesa de Monte Sampaio

Os artefactos estaban a carón de antenas de transmisión de televisión. Varios medios de comunicación recibiron un aviso mediante correo electrónico.