A Audiencia Nacional impediu ao preso independentista galego Roberto Rodriguez Fialhega Teto asistir ao enterro de seu pai, o domingo 19 de agosto, na localidade de Sober, segundo informa o portal do colectivo anti-represivo Ceivar.
Teto, que solicitou o permiso extraordinario por razóns humanitarias tan pronto lle notificaron a morte do seu pai, "nom puido ver realizado o seu desejo ao nom ter resposta, nem afirmativa nem negativa, da Audiéncia Nacional", informa Ceivar.
Desde decembro de 2011 Teto cumpre prisión preventiva a 684 quilómetros da súa casa, na cadea de Estremera (Madrid).
Non é a primeira vez que as institucións penitenciarias ou ben os organismos xudiciais españois denegan a pres@s independentistas permisos para asistiren a funerais de familiares.