PP

Manifestación contra o decreto
Galiza

Un amplo tecido social convoca a cidadanía a se mobilizar contra as políticas antisociais do PP

A Alianza Social Galega, que representa máis de 60 colectivos, entidades e organizacións, chama os e as galeg@s a acudiren ás manifestacións do 20 de decembro que se convocan en diferentes partes do país
SOCIAL

O caso de David Reboredo reafirma "a arbitrariedade" do Goberno español na concesión de indultos

Marcos Reboredo é un dos catro irmáns de David, o vigués que vén de entrar no centro penitenciario da Lama porque o goberno español non o quixo indultar. Quen o coñece di que está "completamente rehabilitado" e que traballa arreo como axente de saúde, facendo as veces de mediador entre outr@s enferm@s e os centros onde se recuperan da súa adicción. Porén, o ministro de Xustiza preferiu envialo ao cárcere, cumprir sete anos de condena por intercambiar dúas papelinas con 400mg de heroína

O PP e a xeración roubada

Un ministro, actual, do goberno do sr. Rajoy, de apelido Wert, manifestou en sede parlamentar que o obxectivo do seu ministerio é españolizar Cataluña, e non dixo Galiza porque aquí ten delegados rexos que fan moi ben o seu traballo.
SOCIAL

A xustiza desestima o recurso de Galicia Bilingüe: a consulta do PP ás familias, seis veces ilegal

O colectivo que preside Gloria Lago quería escoller a lingua nas aulas tamén na primaria, nos libros de texto e nas comunicacións oficiais da consellaría de Educación. En base ao sinalado nas outras cinco sentenzas, o TSXG recalca que corresponde á administración regular o idioma a usar nos centros de ensino non en función das preferencias de proxenitores ou alumnado, senón atendendo a criterios pedagóxicos
SOCIAL

As universidades erguen a voz contra os recortes do PP

Os tres reitores galegos tamén fixeron parte da lectura simultánea dun manifesto nos 50 campus públicos do estado en que convidan ao ministro de Educación e ao presidente do executivo español a entenderen a educación e a I+D+i "como un investimento e non como un gasto"
SOCIAL

O TSXG declara ilegal por quinta vez a consulta do PP ás familias

A máxima instancia xudicial do país vén de resolver o recurso que presentou STEG contra o decreto do plurilingüismo, e faino nos mesmos termos que empregou para A Mesa, Real Academia, CIG-Ensino e Queremos Galego. O sindicato de traballador@s do ensino celebra unha sentenza que "vai ao fundamento da mentira en que se baseou esta norma" e exixe a súa derrogación e a dimisión de Jesús Vázquez, a quen lle reprochan ter lexislado a favor dos intereses dun colectivo "absolutamente minoritario": Galicia Bilingüe
Alfonso Rueda e Núñez Feijóo
POLÍTICA

O PP celebrará en xaneiro un congreso con vontade de renovar todo o partido

Alberto Núñez Feijóo anunciou esta terza feira que o congreso non só procura facer balance após as eleccións, senón que terá por obxecto trazar as novas liñas de traballo e conformar novas equipas no que asegura é "a gran forza política de Galicia". Neste sentido, Alfonso Rueda, actual secretario xeral da formación e vice-presidente da Xunta de Galiza podería converterse no sucesor de Núñez Feijóo.
SOCIAL

Exixen a retirada dunha norma que materializará nas aulas ''a ideoloxía do PP''

O BNG reclamará no Congreso español que a dereita recúe e non saque adiante un texto ''que nos devolve á caverna do franquismo''. Pola súa banda, CIG-Ensino insiste no que xa advertiu nos últimos meses: "ante un ministro que actúa como valedor da patronal do ensino privado e da Conferencia Episcopal"
SOCIAL

O PP 'españoliza' o ensino cunha LOMCE onde a relixión importa máis que as linguas propias

Unha rebaixa do 45% ao 35% da autonomía dos territorios para achegaren contidos ao currículo educativo; aulas impartidas integramente en español en centros privados que pagarán as consellarías de Educación; liberdade para que cada centro decida cantas horas lle dedica ao galego; a posibilidade de superar a ESO sen coñecer os idiomas cooficiais; e unha alternativa á relixión rescatada da reforma feita por Aznar en 2002 e que satisfai unha demanda histórica da Igrexa. Debullamos o borrador da contrarreforma educativa de Wert que sairá adiante ''con consenso ou sen el''
Ferrín (Arquivo AELG)
CULTURA

Ferrín tarda dous meses en facerlle fronte ao PP polos recortes á Academia

O presidente da Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín tarda dous meses en facerlle fronte ao PP polo recorte dun 70% nos orzamentos do Estado e aproveita unha xuntanza coa vicevoceira de AGE, formación que el mesmo apoiou, para esixir á Xunta que compense a rebaixa que pon “en perigo” á institución que preside.

 
pensionistas
ECONOMÍA

Os recortes do PP abocan milleiros de pensionistas á exclusión social

A decisión do goberno español de non actualizar as pensións provocará aos e ás pensionistas unha diminución considerábel nos seus ingresos, de entre 140 e 400 euros. Máis nun país, Galiza,  que con 701 euros de pensión media, mantense como furgón de cola do Estado español. En Galiza hai 736.000 pensionistas. 
ECONOMÍA

O compromiso do PP coas gandeir@s, garantías ou desleixo?

O sector leiteiro atópase, máis unha vez, na agonía. Cómpre un ente que faga de árbitro e que garanta que os prezos que a industria paga por cada litro de leite cubran, polo menos, os custos de produción. A Xunta vén de dicir que fará ela as veces de mediadora. Xa o dixo noutras ocasións, e faltou á verdade. Tomámoslle o pulso a este novo preacordo e contámosche por que se tira co leite
Imaxe cedida pola organización
SOCIAL

Máis unha sentenza contra a política lingüística do PP

O Tribunal superior de xustiza de Galiza estima en parte o recurso presentado pola Real Academia Galega contra o decreto do plurilingüismo e resolve que a consulta vinculante ás familias e a potestade do alumnado para se expresar nas aulas na lingua da súa preferencia son disposicións ''contrarias ao dereito''
POLÍTICA

Feijóo revalida a presidencia co rexeitamento da oposición

O candidato 'popular' foi investido presidente por segunda vez esta quinta feira. A sesión parlamentar que aprobou a súa renovación como líder do executivo reflectiu que Núñez Feijóo só contará co seu grupo parlamentar, no entanto a maioría absoluta da que goza permitiulle, máis unha vez, ocupar a presidencia da Xunta de Galiza. Porén, o debate de investidura deu boa conta do ton que a oposición manterá ao longo desta lexislatura.
ECONOMÍA

O PP destrúe 23 empregos en Agader após recolocar a dedo @s xerent@s das fundacións comarcais

A Xunta de Feijóo vén de lle dar máis unha patada ao agro ao baleirar de actividade os centros comarcais vinculados ao desenvolvemento rural. No seu discurso de investidura o presidente do goberno galego fala dun pacto co BNG para a disolución destes centros, cando a consellaría do Medio Rural estaba en mans de Alfredo Suárez Canal. Porén, confunde o mandatario centros con fundacións, e omite que o persoal da xerencia destas últimas, designado durante a administración Fraga, foi recolocado no ente público polo PP
SOCIAL

O PP da Coruña négalle o apoio a un acto contra o terrorismo machista ''porque el Ayuntamiento ya va a leer un manifiesto''

A asociación de mulleres en situación de violencia Ve-la luz reclamou axuda do goberno local co suministro eléctrico nas protestas convocadas co gallo do 25N. Nunha comunicación, o concello rexeita colaborar argumentando que co seu acto institucional ''ya manifestamos nuestro apoyo''

A nulidade do discurso lingüístico do PP

As sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarando ilegais os preceptos centrais do Decreto de plurilingüismo de 2010 e desestimando paralelamente as pretensións de Galicia Bilingüe, deben servir para abrir novos camiños de recuperación de espazos para o galego, nomeadamente no ensino. O 5% anulado, nesa innovadora forma de valorar ao peso os fracasos xudiciais, é o cerne do discurso lingüístico do PP.
SOCIAL

CIG acusa o PP de avalar ''a súa política de exterminio'' da lingua ''cun verniz de consentimento social''

A federación de Ensino, que tamén recorreu o decreto 79/2010, exixe a derrogación da norma. Eliminar os artigos dos cales o Superior galego sinalou a súa ilegalidade non é dabondo "porque algo haberá que lexislar" respecto do que a xustiza bota abaixo, e convidan o PP a buscar o consenso no Parlamento
Concentración na defensa da flota galega
ECONOMÍA

O PP ''foxe pola porta de atrás'' e non responde das axudas á frota cefalopodeira prometidas en campaña

Mariñeir@s galeg@s que faenaban en Mauritania concentráronse na Coruña aproveitando unha xuntanza da conselleira de Mar, o ministro de Pesca e a comisaria europea de Pesca. Ningunha das tres persoas quixo ouvir as súas demandas, a pesar de levar xa catro meses coa frota amarrada
feijoo
LINGUA

O TSXG bota abaixo a consulta do PP ás familias sobre o uso do galego no ensino

O Superior galego comunica a súa resolución a A Mesa, Queremos Galego e CIG Ensino. Para alén da consulta ás familias, responsábel "do varrido do noso idioma no 96% dos centros de ensino", desaparece tamén máis un artigo que foi "chave nos ataques do PP contra a nosa lingua": que o uso do galego non era obrigatorio en materia ningunha, agás Lingua e Literatura galega