As escaleiras da Praza da Quintana visten de negro contra a impunidade do Prestige
Nunha acción silenciosa un grupo de moz@s cubriron de negro esta quinta feira as escaleiras da Praza da Quintana en Compostela baixo o lema 'Nunca Máis impunidade'. A plataforma Nunca Máis convoca mobilizacións este domingo nas vilas e cidades do país.