proxecto

O proxecto de Feijoo: a intrancendencia total de Galiza

Durante tres anos os problemas de Galiza foron intrascendentes en Madrid e Bruselas, só así se explica a situación de sectores estratéxicos para Galiza, dende o naval ata o sector financeiro.
SOCIAL

A Plataforma en defensa de Corcoesto dí que o proxecto mineiro incumpre normas da UE e o estado

A Plataforma refírese ás irregularidades do proxecto mineiro de Corcoesto con respecto á Normativa Comunitaria e á Lexislación Española sobre a xestión de residuos.
SOCIAL

A Xunta disfraza de abastecemento de auga o proxecto dunha minicentral

"Reforzar a capacidade de subministro" da Coruña é o obxectivo para o que se proxecta conectar o lago artificial de Meirama cun LIC da Rede Natura. Segundo denuncia Adega, construirase un túnel de 1,4 quilómetros para que faga, ao mesmo tempo, de tubaxe de presión para unha minicentral
POLÍTICA

O BNG de Cesuras presenta emendas á totalidade do proxecto de fusión con Oza

Nacionalistas e PSOE tildan as intencións dos dous rexedores do PP de ''pouco serias e rigurosas'', e chaman á realización dunha consulta popular e dun acto informativo onde a cidadanía poida posicionarse
Galiza

Anova-Irmandade Nacionalista, unha organización onde preocupa a horizontalidade

Foi o nome escollido na asemblea constituínte do Novo Proxecto Común onde o debate das emendas ao redor dos principios organizativos e os estatutos xirou ao redor da participación igualitaria e desde as bases. No acto de clausura non houbo sorpresas: pechouno Beiras cun discurso rotundo: ''Todo dios sabe o que é a independencia''
SOCIAL

O proxecto mineiro de Corcoesto non acata a normativa e non xera nin emprego nin riqueza

A Xunta defendeu o proxecto como ''unha oportunidade'' e dixo que apoiaría "sempre" os investimentos "que cumpran coa normativa vixente, e que xeren riqueza e emprego". Fechado o prazo de presentación pública e alegacións perante a Xunta, a Plataforma pola defensa de Corcoesto alerta de que nos plans da multinacional canadense Edgewater non se cumpre ningún dos supostos
POLÍTICA

Oza dos Ríos e Cesuras, a dous pasos da fusión

O PP quita a exposición pública e sen o apoio da oposición o proxecto para xuntar os dous municipios. É un trámite previo á aprobación definitiva, que en Oza sairá adiante coa maioría conservadora e en Cesuras cumpriralles o apoio dunha ou dun edil da oposición. Mais, de non conseguilo, tanto a Deputación da Coruña (PP) como a Xunta (PP) poderán impor a fusión
POLÍTICA

O PP quita a exposición pública o proxecto de fusión para Oza dos Ríos e Cesuras sen a oposición

É un trámite previo á aprobación definitiva da unión destes dous concellos. En Oza sairá adiante coa maioría conservadora. En Cesuras cómprelles o apoio dunha ou dun edil da oposición. Mais, de non conseguilo, tanto a Deputación da Coruña como a Xunta poderán impor a fusión
POLÍTICA

Preguntan ao Concello de Santiago se continuará coas 120 vivendas de luxo no Espiño

O BNG quere saber ''a decisión política'' que tomou o rexedor Ángel Currás. No caso de seguir adiante co convenio asinado coa inmobiliaria, o PP estaría a saltar por riba dunha sentenza do TSXG que recoñece a titularidade pública da finca
Darlle luz verde suporía "unha ameaza"

Verdegaia pide que se lle denegue a Corcoesto o carácter de “proxecto estratéxico”

Verdegaia apunta irregularidades no proxecto mineiro de Corcoesto: sinala o impacto que a mina pode ter sobre hábitats e especies, ou o nivel de contaminación dos estériles, algúns deles con niveis de arsénico moi superiores ao límite permitido.

Participantes na xuntanza entre Causa Galiza e o Acordo de Gernika
POLÍTICA

Causa Galiza transmite á delegación do Acordo de Gernika o seu apoio ao proxecto

POLÍTICA

O Novo Proxecto Común fai valer a súa presenza municipal

Teo, concello rexido por Martiño Noriega, dirixente do Encontro Irmandiño, foi o lugar elixido por concelleiros e concelleiras representantes de vinteseis entidades municipais vinculados a Máis Galiza, Encontro Irmandiño máis algún independente para facer patente a súa aposta por construir un “novo referente político”. Son a maior parte do grupo de cargos municipais elixidos polo BNG que abandonaron esta formación política conservando as súas actas.
Mariano Abalo, da FPG
POLÍTICA

A FPG participará "construtivamente" nos grupos de base do Novo Proxecto Común

A Fronte avoga por un proxecto “en contacto coa cidadanía” e rexeita que o NPC “se prefabrique a porta pechada”
Debate das formacións na USC
POLÍTICA

Acción Galega, EcoGaleguistas e Máis Galiza constituirán un proxecto político

As formacións Acción Galega (AG), EcoGaleguistas (EcoGal) e Máis Galiza (+G) anunciaron nun comunicado que acordaron crear un novo proxecto político.
Asemblea de Encontro Irmandiño
NOVO PROXECTO COMÚN

Encontro Irmandiño pide paciencia e insiste en que o NPC debe construírse “de abaixo arriba”

Lembra que "en ningún momento" se fixaron prazos
Pontón, Jorquera e militantes do BNG, en defensa da Finca do Espiño.
POLÍTICA

Un cento de persoas defenden a Finca do Espiño ante a especulación do PP de Compostela

O BNG reúne a centos de activistas nun acto lúdico para frear a construción de 120 vivendas nunha zona comunitaria e denuncia recortes orzamentarios na comarca.

Música na presentación da ACG de Barcelona
Països Catalans

Novo proxecto cultural galego en Barcelona

Un grupo de colectivos culturais crean a Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) e instálanse no Ateneu Roig do barrio de Gràcia. Algúns deles traballaran de xeito voluntario no Centro Galego de Barcelona até o novo cambio de directiva.