CULTURA
Fernández Prieto alerta da posíbel desaparición do proxecto Nomes e Voces
03/abr./13
"Cos poderes políticos actuais o pano do proxecto está a piques de caer". Así denunciou o director de Nomes e Voces a situación pola que atravesa o que está considerado un proxecto pioneiro de investigación universitaria na recuperación da memoria histórica. Lourenzo Fernández Prieto fixo as declaracións na súa intervención na XXX Semana Galega de Filosofía que se está a desenvolver en Pontevedra.