MEMORIA E HISTORIA
Ana Triñáns
21/xan./21 11:49
“Moitas veces os mártires crean mundos que os heroes nin tan sequera son capaces de concibir e na miña Terra cumprirase a vontade dos mártires" dixo no seu día Castelao, para engadir que "Bóveda terá de ser, nun mañá próximo ou distante, a bandeira de nosa redención”. O camiño a esa redención está máis preto desde que a pasada segunda feira as familias de Alexandre Bóveda, Amancio Caamaño e Ramiro Paz presentaron, no consulado arxentino de Vigo, as súas adhesións á querela 4591/2010, coñecida como a querela arxentina. Sobre isto, a reparación e a consecución da verdade xudicial falamos con Valentín García Bóveda, neto do dirixente galeguista fusilado o 17 de de agosto de 1936.