Real Academia Galega

Xosé Luís Méndez Ferrín
CULTURA

Consenso para que Ferrín continúe na Academia cando menos como numerario

Este sábado da 9 de marzo Xosé Luís Méndez Ferrín presidirá o que se anuncia desde a propia institución como último acto oficial á fronte da Real Academia Galega. A entrada do seu compañeiro de Brais Pinto, Xosé Fernández Ferreiro, porá o ramo á súa presenza na rúa Tabernas, se o escritor non escoitar as peticións cada vez máis fortes para que continúe na Academia, cando menos como numerario.
CULTURA

Villares agarda que quen suceda a Ferrín xestione "o poder simbólico" da Academia

O presidente do Consello da Cultura Galega di que o cargo do cal Ferrín demitiu "non é difícil" e acrecenta que para o desempeñar cómpre unicamente "unha certa ascendencia na cultura galega" e "unha mínima capacidade de xestión e representación institucional"
Xosé Luis Méndez Ferrín
CULTURA

A demisión de Ferrín deixa á vista unha grave crise na RAG de desenlace incerto

En menos de un mes desenvolverase o pleno que deberá aceptar a carta de demisión de Xosé Luís Méndez Ferrín á fronte da presidencia e o seu abandono do posto vitalicio de numerario.O golpe na mesa do escritor abriu o debate arredor da institución e deitou luz sobre unha grave crise interna.
CULTURA

ILG e CCG estudarán esta semana respostar ás acusacións de presións á RAG

As directivas do Instituto da Lingua Galega e o Consello da Cultura Galega decidirán nos próximos días que resposta dar ás declaracións do secretario da Academia, Xosé Luís Axeitos, segundo as cais esas entidades terían presionado para a institución até agora presidida por Ferrín retirar o recurso contra o Decreto do Plurilingüísmo.
Xosé Luís Méndez Ferrín
CULTURA

A demisión de Ferrín en once claves: da sombra de nepotismo á guerra polo control da RAG

A carta na que Xosé Luís Méndez Ferrín anuncia o seu abandono da Real Academia Galega revolucionou o mundo da cultura e fixo agromar un conflito con distintas caras que latexaba no interior. Acusacións de nepotismo, presións políticas, intereses económicos e tensións persoais saen á luz.
Ferrín reúnese en San Caetano con Feijóo
CULTURA

Ferrín elude esclarecer a contratación de familiares na RAG

“Non hai comentarios diso, non insista”. Así zanxou Xosé Luís Méndez Ferrín nunha entrevista na RG as preguntas de Kiko Novoa a respecto da contratación pola RAG de súa filla e de seu xenro. A tensión subiu de ton cando o xornalista lle preguntou polo uso de coche oficial.
Ferrín reúnese en San Caetano con Feijóo
LINGUA

A RAG recupera da Xunta o orzamento do ano pasado

Cultura repetirá o orzamento de 520.000 euros para o organismo que preside Xosé Luís Méndez Ferrín. A RAG considera a cifra “insuficiente” mais agradece o xesto do goberno galego.
SOCIAL

A Mesa pide que as institucións da Cultura se posicionen contra Wert

O borrador da LOMCE espertou tal rexeitamento en Catalunya que até o Barça emitiu un comunicado defendendo a lingua propia como "parte da nosa identidade" namentres na Galiza entidades como a Real Academia e o Consello da Cultura gardan silencio. Noutra orde de cousas, as organizacións que gañaron o recurso contra o decreto do plurilingüismo xuntáronse co BNG para artellar ''unha ofensiva'' pola derrogación desta norma
Plenario da RAG
LINGUA

As entidades da lingua dan o apoio á RAG no mantemento orzamentario

A resposta da RAG aos recortes orzamentarios de Madrid para o 2013 motivou un apoio unánime de entidades como o ILG, a CTNL, a AELG ou A Mesa. En Madrid, o BNG e o PSdeG-PSOE presentaron emendas á proposta do goberno de Rajoy.
Real Academia Galega
LINGUA

A Mesa pediulle á RAG "unha postura activa de defensa do galego"

Delegacións da Mesa pola Normalización Lingüística e a Real Academia Galega mantiveron unha reunión en que abordaron as recentes sentenzas sobre o decretazo contra o galego.
Eleccions2012

A RAG rememora o 105 aniversario do primeiro mitin en galego

“Mariñáns e montañeses, homes traballadores e honrados, saúde”. Así comeza o discurso que Manuel Lugrís Freire pronunciou o 6 de outubro de 1907 en Betanzos e que está considerado primeira intervención pública de carácter político en lingua galega. A RAG recupera na súa páxina web o texto, publicado en ANT, neste inicio de campaña.
POLÍTICA

Afirman que o bloqueo do PP a dotar máis fondos á RAG pon en perigo o novo dicionario da lingua

O socialista Francisco Cerviño criticou a negativa popular a incrementar as achegas da Xunta á Real Academia Galega en 250.000 euros

CULTURA

O Estado destina finalmente 682.000 euros á RAG, 300.000 máis dos previstos inicialmente

O aumento da partida provén da redución das achegas ás academias vasca e catalá
LINGUA

O fiscal superior da Galiza reclama ''que a RAG se proxecte por riba da literatura''

Carlos Varela e Méndez Ferrín mantiveron unha xuntanza ''histórica'' en que o fiscal manifestou a necesidade de que o uso da nosa lingua se normalice na Xustiza. Emprazou á Real Academia a que elabore un vocabulario que as e os profesionais poidan consultar na rede
Política cultural

EU únese ao Bloque na reivindicación dun maior orzamento para a RAG

Ademais do Congreso español, a petición tamén estará presente no Parlamento galego por iniciativa do BNG.