Real Academia Galega

María Obelleiro, na aula, esta terza feira. (Foto: RAG)
LINGUA

María Obelleiro: "Para a saúde do idioma é necesario un sistema de medios de comunicación en galego forte"

A directora de 'Nós Diario' participou hoxe nos Cursos de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras', organizados pola Real Academia Galega, cun relatorio titulado 'Medios e lingua galega, por que non?', no que ofreceu un extenso percorrido pola historia do xornalismo en galego até a actualidade, e reflexionou sobre os atrancos que limitan a presenza do noso idioma no ecosistema mediático.
Victor F. Freixanes, no centro, xunto as gañadoras e gañadores. (Foto: RAG)
CULTURA

O VI concurso de microrrelatos da Academia e PuntoGal entrega os seus premios

As persoas premiadas recolleron esta segunda feira na Fundación Luis Seoane os galardóns dunha convocatoria que segue a descubrir novas voces cheas de talento de distintas xeracións.
Luísa Villalta, en 2002 (Foto: Xurxo Gómez-Chao).
CULTURA

Luísa Villalta será a autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2024

A RAG acordouno esta quinta feira en sesión plenaria.
Lourenzo Fernández Prieto.
CULTURA

A RAG recibe a Lourenzo Fernández Prieto como académico de número

A sesión pública de ingreso na institución terá lugar no teatro Jofre de Ferrol, o sábado 3 de xuño, a partir das 12 horas.

Lourenzo Fernández Prieto (Foto: Miguel Grandío / RAG).
Agora

O historiador Lourenzo Fernández Prieto ingresará o 3 de xuño na RAG como membro de número

Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) ingresará o vindeiro sábado 3 de xuño na Real Academia Galega (RAG) como membro de número, ocupando a vacante producida no ano 2020 polo falecemento da poeta Luz Pozo Garza. A sesión extraordinaria pública terá lugar no teatro Jofre de Ferrol, a cidade onde creceu, a partir das 12 horas. A entrada é libre até completar o aforo do teatro e poderá seguirse tamén en directo na páxina web da Academia.

O pleno extraordinario do 17 de maio da Real Academia Galega decorreu no centro Ponte de Cuñas de Lourenzá. (Foto: RAG)
star
Día das Letras Galegas

Lourenzá centra un Día das Letras Galegas celebrado por toda a xeografía do país

A Real Academia Galega realizou esta cuarta feira o pleno extraordinario co gallo do Día das Letras Galegas en Lourenzá (A Mariña), localidade natal do seu protagonista, Francisco Fernández del Riego (1913-2010), o impulsor desta celebración que, ademais, facía 60 anos.
Libro da materia de Lingua galega e literatura.
Día das Letras Galegas

O Bierzo "non está para celebracións" este 17 de maio pola "inxustificada negativa" a introducir o galego nun instituto

Héctor Silveiro, membro correspondente polo Bierzo da RAG, denuncia a posición "insensíbel e fría" da Administración educativa de Castela e León en relación coas reiteradas peticións das familias de alumnado que estudou a materia de Lingua galega na escola e que quere continuar por esta vía no IES Fuentesnuevas de Ponferrada, mais non pode.
Del Riego, no seu despacho da Fundación Penzol, coa máquina de escribir que utilizou para redactar milleiros de páxinas de artigos e de libros (Imaxe: Xan Carballa e Gustavo Luca)
CULTURA

A Real Academia Galega celebra en Lourenzá o pleno extraordinario das Letras Galegas

O acto central do Día das Letras Galegas, aberto ao público, terá lugar no centro de usos múltiples Ponte de Cuñas a partir as 12.30 horas. Os académicos Xesús Alonso Montero, Francisco Díaz-Fierros e Margarita Ledo trazarán o retrato do autor e do seu legado.
Cartaz da primeira edición do Día das Letras Galegas (Foto: RAG).
LINGUA

A RAG repasa nunha mostra en liña as seis décadas do Día das Letras Galegas

En palabras do presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, a galería de imaxes pretende "ser unha mostra cronolóxica do que consideramos o grande acontecemento cultural da Galiza".
A guionista Belén Riveiro. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Belén Riveiro: "Cando saes do instituto, parece máis difícil coñecer a persoa homenaxeada co Día das Letras"

Belén Riveiro, guionista da webseries da Academia sobre Del Riego.
Florencio Delgado Gurriarán. (Foto: Nós Diario)
Lembra tamén a figura de Barreiro Fernández

Delgado Gurriarán centra o último número do ‘Boletín’ da RAG

A publicación académica lembra as homenaxes que se lle renderon ao poeta de Valdeorras na súa terra natal.
Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro.
CULTURA

A Real Academia Galega celebra na Rede os sesenta anos do ingreso de Cunqueiro na institución

Cunqueiro pronunciou, fiel ao seu carácter, un discurso no que fabulou diversas historias para analizar o imaxinario dos tesouros na mitoloxía popular. “Na aspereza da vida cotiá, soñar é necesario. Cando eu escoito nalgunha aldea nosa falar de tesouros, coido que na nosa pobreza aínda somos ricos”, concluíu
Antonio Raúl de Toro,
CULTURA

Os guións de Fernández del Riego para o 'Galician Programme' da BBC poden consultarse online

As emisións na canle británica abrangueron do ano 1947 a 1956.
Darío Xohán Cabana (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Darío Xohán Cabana será homenaxeado na Coruña o Día da Poesía

A homenaxe, de entrada libre, terá lugar na Fundación Luís Seoane (A Coruña) e poderá seguirse tamén en directo desde academia.gal e a canle de Youtube da RAG.
A coral da Asociación Solfa é un dos conxuntos do país que xa interpreta o Himno da Galiza na súa versión non deturpada. (Foto: Solfa)
star
CULTURA

A deturpación do Himno galego debaterase no pleno da Real Academia Galega

A plataforma social Vía Galega promoveu xuntanzas tanto cos tres grupos políticos que forman parte do Parlamento da Galiza como coa RAG para emprazalos a tomar posición a respecto da restauración do Himno galego, deturpado institucionalmente.  
Anxo Angueira, un dos participantes das xornadas.
CULTURA

A Academia reúne nove olladas sobre a onomástica literaria

O libro que recolle as achegas presentadas na VII Xornada de Onomástica Galega pode descargarse na sección de publicacións de academia.gal
Henrique Monteagudo é catedrático de Filoloxía Galega. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

A RAG insta a reverter a desgaleguización no ensino

Crianzas de Vite gozaron do concerto de 'Gatuxo'.
Alumnado do colexio público Barouta de Ames (Foto: Arxina):
Día da Lingua Materna

O ensino, a familia e a contorna son chaves para garantir a continuidade do galego

25% das mozas e mozos menores de 15 anos na Galiza recoñecen ser incapaces de falar en galego. “A situación é crítica”, alerta o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, en declaracións  'Nós Diario' con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, data que se conmemora esta terza feira.
Manuel Murguía, nun retrato realizado o día en que facía 89 anos. (Foto: RAG)
CULTURA

A última sesión das xornadas do centenario de Manuel Murguía abordou as relacións transatlánticas de Murguía e Rosalía

María Xesús Lama analizou os vínculos xornalísticos de Murguía coa emigración americana, Xurxo Martínez repasou a fixación dunha “literatura nacional” desde a obra de mocidade do intelectual e Ana Acuña falouda pegada da literatura popular na obra de Murguía e mais o seu labor para preservala.

O escritor e primeiro presidente da RAG, Manuel Murguía. (Foto: Arquivo Manuel Murguía)
CULTURA

Rematan as xornadas sobre Murguía

O derradeiro fogar da escritora será o escenario da sesión de clausura, que consistirá nunha mesa redonda sobre literatura e nación con María Xesús Lama, Xurxo Martínez e Ana Acuña, e mais Anxo Angueira como moderador.