represión

Estampa da serie Debuxos de Guerra, 1937, de Arturo Souto.
star
Reportaxes

Memorias da Galiza Mártir

Os ollos de Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac Díaz Pardo, fican quedos, acompañando o silencio do espazo interno. Fican quedos como a eterna promesa de quen puido ser, antes de que a negra sombra do totalitarismo e a inxustiza lle arrincase a vida. Os seus ollos gardan un berro, un canto pola reparación da memoria; pola restauración dos asasinados e represaliados; daqueles que tiveron que fuxir fóra do país ou dentro da súa alma. Os ollos de Camilo Díaz Baliño son os ollos da Galiza Mártir.
alex camara
MEMORIA E HISTORIA

O Goberno español financiará por primeira vez a exhumación de dúas fosas de vítimas da represión na Galiza

O delegado do Goberno español na Galiza, José Miñones, explicou na sexta feira que o Executivo de Pedro Sánchez apoiará a "procura, identificación e dignificación de persoas desaparecidas” durante a represión na Galiza cunha primeira achega de 106.395,08 euros á Xunta para actuar sobre dúas fosas comúns en Cotobade e O Pino.

Protesta e homenaxe a algunhas das vítimas. (Foto: Defende Meirás) #defendemeirás #memoriahistórica #franquismo #meirás #represión #vítimas
MEMORIA E HISTORIA

Iniciativa Galega pola Memoria exixe unha homenaxe as vítimas do franquismo en Meirás

As organizacións en defensa da memoria democrática trasladaron ao responsábel da área no Goberno español, Fernando Martínez, o “malestar pola decisión gobernamental de impedir a celebración da manifestación do 19 de xuño no interior de Meirás”. Aliás, protestaron pola falta de compromiso das Administracións para evitar o "espolio" de bens por parte dos Franco.

Detalle do reverso da listaxe.
star
MEMORIA E HISTORIA

Escritos do cárcere: unha listaxe sobre demócratas executados na área coruñesa ve a luz

Unha listaxe sobre demócratas executados na área coruñesa ve a luz
 

Ainda Colômbia

Policía agredindo cidadás en Barcelona, o 1 de outubro de 2017, para evitar o referendo. (Foto: Vilaweb)
INTERNACIONAL

A piques de ser imputados 50 policías pola violencia do 1-O

Avanzan as causas xudiciais contra case 50 axentes que participaron na represión contra a cidadanía que foi votar no 1-O, a pesar dos intentos da Fiscalía de pór obstáculos ao proceso, até o punto da Audiencia de Barcelona mostrarse sorprendida "polo descoñecemento da Fiscalía" sobre a xurisprudencia.

Colombia é intocábel

Manifestación en Barcelona en 2018 para pedir a liberación das presas e presos políticos cataláns. (Foto: Ómnium Cultural)
INTERNACIONAL

Néganse a imputar os altos mandos da Policía polo 1-O

Malia que recoñece a extralimitación no uso da forza e violencia "innecesaria e desproporcionada" na represión policial ao referendo de autodeterminación de Catalunya o 1 de outubro de 2017, a Audiencia de Barcelona desbota imputar os altos mandos policiais por unha operación que deixou 991 persoas feridas. 
A impulsora da iniciativa, Ana Pedrouzo Fariña (Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Ana Pedrouzo, mestra: "Se non hai vínculos co patrimonio, calquera veciño pode facer un merendeiro cunha mámoa"

O patrimonio pode servir para chamar a atención do alumnado sobre os tesouros que ten na súa contorna. Ana Pedrouzo Fariña, natural de Lalín e estudante de último curso do grao de Educación Primaria na USC, puxo en práctica esta idea na escola de Cea redescubrindo, a partir dun traballo de investigación que fixeron as rapazas e os rapaces de sexto de primario, os sucesos acontecidos en 1909 no mosteiro de Oseira. 

Myanmar retrocede unha década

Persoas refuxiadas de Tigrai en territorio de Sudán. (Foto: Will Carter / NRC)
INTERNACIONAL

Etiopía súmese nunha espiral de violencia

Ao estado de emerxencia na rexión de Amhara hai que engadir o conflito aberto na rexión de Tigrai e a violencia na de Juno, no límite con Eritrea e Xibutí
A sinatura de Torrente Ballester nas actas sobre Carvalho Calero (Imaxe: Manuel Gómez)
star
MEMORIA E HISTORIA

O aval de Torrente no Consello de Guerra contra Carvalho Calero

Pasamos máis dunha década reivindicando o Día das Letras Galegas para Ricardo Carvalho Calero (RCC) e mesmo se celebrou en 2020 o seu agardado e merecido ano. Porén, é unha realidade que as investigadoras e investigadores da memoria deixamos a un lado unha etapa de vital importancia que, sen dúbida, marcaría o devir da súa vida. As actas do proceso custodiadas no Tribunal Militar de Sevilla saen á luz
Un momento da protesta de hoxe na Coruña. (Foto: M.Dylan / Europa Press)
TRABALLO

Centos de persoas claman contra a "represión sindical" de Alu Ibérica

A convocatoria das tres centrais sindicais en apoio aos membros do comité de empresa da antiga Alcoa que foron despedidos congregou a numerosas persoas que tamén exixiron un "futuro industrial" para a factoría. Co proceso de venda da fábrica baixo investigación da Audiencia Nacional, séguese a demandar a intervención pública.

A casa Portela – Babío

Negociación

Negociar en tempos de Hasel

hasel
SOCIAL

Madrid fachendea de contar con "200 policías listos para pararlles os pés ás manifestantes"

Begoña Villacís di que a Policía de España "non é represiva".

As (e)leicións da Cataluña

A Falanxe da Ramallosa desfilando en Sabarís, no concello de Baiona. (Foto: Arquivo J. González)
Os cadros sindicais e políticos convertéronse nas grandes vítimas da represión franquista

A represión no Val Miñor ao descuberto

Co pouso do tempo, o historiador Carlos Méixome reelaborou escritos sobre a “criminal persecución franquista” no Val Miñor, esbozados en momentos de intensa actividade memorialista. Deles bota man en ‘Catas da memoria’, o seu último libro, que vén de ver de a luz. 

Tunisia: 10 anos do inicio da Primavera Árabe