residencia de maiores

Margaret Keenan vacina
SOCIAL

Unha residencia da área sanitaria máis afectada, punto de partida da vacinación da Covid na Galiza

O domingo, 27 de decembro, Galiza recibirá as primeiras 500 doses das vacinas da Covid-19. A Xunta destinaráas a un centro de maiores nun dos concellos coa máis alta incidencia da enfermidade. A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría aplaude a campaña mais sinala a súa premura. Coinciden con persoal dos centros en que a Administración galega debe achegar máis información sobre o fármaco para despexar as dúbidas de maiores e persoal traballador. 
Medidas fronte ao coronavirus na Galiza. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Covid: Detectan intentos de estafa a residencias de maiores de Vigo

A Policía Nacional alerta de que xente aínda non identificada chamaba a empresas, especialmente xeriátricos, pedindo diñeiro ás persoas responsábeis coa promesa de achegar materiais de protección fronte o coronavirus.
Persoal da residencia de Cervo denuncia as deficiencias laborais (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

O número de usuarios de residencias con Covid-19 cae a 118

Detectan dous novos casos en Móntea Tecla da Guarda e outro na DomusVi de Vimianzo

Residencia La Saleta, en Cea.
SOCIAL

Detectados 10 positivos nunha residencia de San Cristovo de Cea

Crece tamén o foco do CRAPD Vigo II, xa con 14 infectados. Na tónica xeral, os casos activos  continúan este sábado coa súa tendencia á baixa, con 133 infectados
A máxima directiva de DomusVi, Josefina Fernández, entre Núñez Feixoo e Ana Pastor, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Circulo.gal)
POLÍTICA

A Xunta entorpece as inspeccións nas residencias

A conivencia entre o Goberno e a patronal das residencias, no punto de mira.

Unha persoa maior é atendida por sanitarias en Italia. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Covid: Galiza chega as 1.336 vítimas após unha semana con baixada dos pasamentos

Entre a segunda feira e hoxe fontes da Consellaría de Sanidade comunicaron 24 falecementos polos problemas sanitarios derivados do coronavirus. Nove dos decesos tiveron relación coas residencias de maiores.
Protesta do persoal dunha residencia de maiores. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Persoal das residencias públicas denuncia os recortes da Xunta

Afirman que desde que Alberto Núñez Feixoo está no Goberno galego viron reducidos os cadros de persoal e os recursos, unha situación que é peor en plena pandemia.

Residencias

Residencia de DomusVi en Castro de Rei. (Foto: Carlos Castro/Europa Press)
SOCIAL

Covid: As usuarias das residencias só poderán saír unha vez para celebrar o Nadal

A Consellaría de Política Social presenta un plan de actuación que implicará a realización de probas PCR ás e aos residentes antes de regresar a estas infraestruturas para evitar novos surtos de gran alcance como até o de agora. Ademais, pasarán unha corentena de sete días illados das e dos compañeiros.

Un conto de Nadal

Traballador achegandose a unha residencia (Carlos Castro/ Europa Press).
SOCIAL

Seis contaxios nun surto no centro de atención á discapacidade de Sarria

Son 265 as persoas usuarias contaxiadas e 162 as traballadoras e traballadores de residencias e centros de discapacidade.
Sanitarias practican un cribado a posíbeis contaxiados. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Covid: As vítimas na Galiza xa superan as 1.300 desde marzo

A Consellaría de Sanidade notificou esta noite dez pasamentos, que se suman aos seis de onte e a aos seis rexistrados na cuarta feira.
Unha sanitaria amosa unha das vacinas no Reino Unido. (Foto: Liam Mcburney / DPA)
SOCIAL

Covid: Galiza rexistra oito novos falecementos

O número total de falecementos derivados do coronavirus achégase aos 1.300. Catro dos decesos rexistrados ao longo da xornada de hoxe teñen relación coas residencias de maiores.

Un home pasea por Vilalba cando incrementaron as restricións. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Covid: Sanidade notifica sete falecementos na residencia Doral decorridos en novembro

A Xunta escúdase en que faltaba a confirmación de que a causa dos pasamentos fose realmente unha infección polo coronavirus. Ademais, tiveron lugar outros sete óbitos polo que o número de vítimas da pandemia xa está en 1.273.
Persoal da residencia de Cervo denuncia as deficiencias laborais (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

As mortes da segunda vaga da pandemia xa superan as da primeira

A consellaría de Sanidade informou de catro pasamentos o sábado e 10 a sexta feira. Dos 1.250 falecementos relacionados co coronavirus desde marzo 524 corresponden a usuarias e usuarios das residencias de anciáns.
Un sanitario con protección fronte á Covid-19. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Covid: O Asilo de Vilalba rexistrou catro mortes que non se sumaron por un erro informático

A residencia da Terra Chá sufriu un gran gromo, do que non se tiñan coñecido grandes números de vítimas mortais. A Consellaría de Sanidade vén de aclarar que os pasamentos tiveron lugar entre a segunda quincena de novembro e o que vai deste mes. Ademais, hoxe faleceron seis persoas máis.
Un sanitario realiza un test PCR a un cidadán (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Covid: Galiza leva 1.236 vítimas desde que comezou a pandemia

As autoridades sanitarias veñen de informar de oito falecementos ao longo da xornada. Onte finaron outras sete persoas. Un terzo destas 15 persoas procedían de residencias de maiores de todo o país.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, compareceu hoxe na comisión de Economía e Facenda do Parlamento galego. (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

A Xunta non renova nos orzamentos o servizo de axuda ao fogar extraordinario

A oposición alerta da precariedade laboral no sector sociosanitario durante a comparecencia da conselleira de Política Social, Fabiola García, no Parlamento.
Unha sanitaria con probas PCR. (Foto: David Oller / Europa Press)
SOCIAL

Covid: Tan só dúas residencias seguen con máis de medio cento de usuarias afectadas

A pandemia comeza a remitir nos xeriátricos se ben nestes casos os cambios poden producirse dun momento a outro. Segundo o último parte da Xunta, quedan 610 casos positivos entre residentes e traballadoras. A pesar desta evolución, Sanidade notificou dez falecementos en toda Galiza nesta terza feira.

Un equipo das Urxencias Sanitarias da Galiza traslada en ambulancia unha persoa infectada polo novo coronavirus (M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

Sanidade notificou 280 falecementos de pacientes da Covid-19 en novembro, a segunda peor cifra desde marzo

En tanto, indicadores como os novos casos, o total de activos ou mesmo os pacientes ingresados en UCI ou en planta ordinaria seguen a descender no conxunto da Galiza.