SOCIAL
Suspenden as saídas de fin de semana nos centros de atención á discapacidade
22/xan./21
A Xunta da Galiza suspende as saídas de fin de semana para as e os residentes nos centros de atención á discapacidade.
Os positivos por coronavirus seguen aumentando tanto entre as usuarias e usuarios dos xeriátricos como nos cadros de persoal destas infraestruturas.
Ao foco declarado na residencia de Leiro, con 31 persoas contaxiadas, hai que sumarlle outro na residencia de atención á discapacidade Pai Menni de Betanzos, con 17 nocos casos.
Rexistra 66 casos positivos entre os usuarios e 16 entre os traballadores.
Así, a día de hoxe, hai 335 persoas usuarias contaxiadas nas residencias de maiores da Galiza e 149 traballadores.
Se o pasado Día de Reis eran 142 as persoas usuarias de residencias con coronavirus, en apenas catro días os contaxios duplicáronse até chegar este domingo aos 280 positivos.
As residencias galegas rexistran 28 novos contaxios.