Rexenera Fest

Pablo Astrain traballando este Rexenera Fest (Foto: David Lomba).
star
CULTURA

Queres saber algo máis sobre o Rexenera Fest?

Desde o pasado 30 de maio e até este domingo, Carballo (Bergantiños) está a ser epicentro do muralismo a través do Rexenera Fest. A iniciativa fai con esta edición dez anos e trae até Carballo unha mostra da arte urbana que se está a realizar na Galiza mais tamén en Catalunya, Euskal Herria, Portugal e Suíza. Alén de observar como se fan os murais, o público ten a oportunidade de aprender algunhas das técnicas máis singulares de pintura a través de varios obradoiros abertos a quen queira participar.
Mural de Alba Fabre realizado en 2022 (Foto:
star
CULTURA

A revolución da arte urbana regresa a Carballo

Até o 11 de xuño, seis proxectos artísticos liderados por sete creadoras e creadores farán que medre o número de obras murais en Carballo ao abeiro do Rexenera Fest, unha iniciativa que suma nove anos mostrando en directo como se transforman os espazos públicos. A vila, convertida en “museo público”, é xa un referente turístico internacional da arte urbana.