Samuel Luiz

Vixilia tres anos despois do asasinato de Samuel Luiz (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

Lembran Samuel Luiz cunha vixilia tres anos despois do seu asasinato

A asociación LGBTI+ ALAS A Coruña organizou a vixilia á beira da discoteca Playa Club, ao pé da praia de Riazor.
Varias persoas depositando flores no lugar onde Samuel Luiz foi asasinado (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

O inicio do xuízo polo asasinato de Samuel Luiz adíase ao 16 de outubro

A vista, prevista para mediados de setembro, tívose que aprazar porque un dos avogados tiña previamente sinalado outro xuízo

Varias persoas depositando flores no lugar onde Samuel Luiz foi asasinado (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

O xuízo pola morte de Samuel Luiz comezará o 13 de setembro

O mozo de 24 anos que faleceu durante a madrugada do 3 de xullo de 2021 tras recibir unha malleira e insultos homófobos no paseo marítimo da Coruña.
Mobilización na Coruña pedindo xustiza para Samuel Luiz (Foto: M Dylan).
SOCIAL

A Audiencia da Coruña prevé iniciar en setembro o xuízo polo crime de Samuel Luiz

Esta previsión coñeceuse no día en que se informou tamén da decisión do TSXG de excluír do material ao que poden ter acceso os membros do xurado popular os informes realizados por axentes policiais sobre o visionado de imaxes videográficas obtidas nas inmediacións do lugar da Coruña no que faleceu.
Unha persoa no espazo no que foi asasinato Samuel. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #samuel #samuelluiz #crime #asasinato #acoruña #senegal #inmigración #residencia
Xustiza

O xulgado finaliza a instrución do caso Samuel e abre xuízo contra cinco persoas por un delito de asasinato

Aprecia a agravante de discriminación por condición sexual con respecto a dous dos acusados.

Manifestación polo Día do Orgullo LGBTI na Coruña demandando xustiza para Samuel. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Xustiza

A Fiscalía cre que os acusados da morte de Samuel eran "plenamente conscientes" e actuaron "cunha crueldade extrema"

O Ministerio Público pide até 27 anos de prisión para os cinco acusados de seren "coautores" da brutal malleira, con "aleivosía e asañamento", que provocou a morte do mozo coruñés de 24 anos. No seu escrito de acusación, Fiscalía ve tamén claros indicios do móbil homófobo do crime: "O acusado interpretou que era homosexual, feito que desencadeou unha reacción aínda moito máis virulenta pola animadversión á orientación sexual que lle atribuíu, chegando a dicirlle: 'Deixa de gravar, a ver se te vou matar, maricón'".
Varias persoas depositando flores no lugar onde Samuel Luiz foi asasinado (Foto: M. Dylan / Europa Press).
Xustiza

A Fiscalía pide entre 22 e 27 anos de prisión para os cinco acusados do asasinato de Samuel Luiz

Catro homes e unha muller están acusados dun delito de asasinato con aleivosía e asañamento como "coautores" da brutal malleira que provocou a morte do mozo de 24 anos na Coruña en 2021.
Minuto de silencio na vixilia a Samuel Luiz esta segunda feira na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

O asasinato de Samuel Luiz fai dous anos sen xuízo á vista

O colectivo LGBT+ reclama xustiza "nas rúas e nos xulgados"
Manifestación do Orgullo LGBT+ na Coruña este 28 de xuño. (Foto: M. Dylan)
SOCIAL

"A LGBTIfobia existe", advirte o colectivo no segundo aniversario da morte de Samuel Luiz

O movento LGBT+ da Coruña renderá homenaxe á memoria de Samuel Luiz esta segunda feria no lugar onde recibiu a malleira que acabou coa súa vida.
Ibrahima e Magatte traballaban até agora en Puertas Betanzos (Foto: Casa Museo Emilia Pardo Bazán).
TRABALLO

A empresa que despediu por "coller vacacións" os traballadores que auxiliaron Samuel Luiz denunciará a CIG

No seu comunicado, a CIG argumentou que ambos os senegaleses foron despedidos por "coller vacacións" en Nadal e que por parte da empresa tiveron un "contrato abusivo", algo que a empresa nega.
Ibrahima e Magatte traballaban até agora en Puertas Betanzos (Foto: Casa Museo Emilia Pardo Bazán).
TRABALLO

Denuncian o despedimento por "coller vacacións" de dous homes que trataron de auxiliar Samuel Luiz

A empresa, en resposta a estas acusacións, alegou causas económicas e produtivas para o seu despedimento e, en particular, necesidade de empregados "máis cualificados", segundo sinalou un portavoz da propia empresa.
Manifestación de onte nas rúas de Vigo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Vigo marcha contra a LGTBIfobia e A Coruña lembra Samuel Luiz

A Galiza fecha os actos do mes do Orgullo.
Comparecen nos xulgados as persoas detidas polo crime de Samuel Luiz. (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

A xustiza dos EUA autoriza acceder aos datos das redes sociais dos detidos polo asasinato de Samuel Luiz

Os datos recibidos de redes sociais como Whatsapp e Instagram están a ser analizados por pola Policía Nacional española para a posterior redacción dun informe.
Concentración desta terza feira na Coruña. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A Coruña énchese de xente e cor para reivindicar os dereitos do colectivo LGTBI

Lembranza especial para Samuel Luiz, a días de que se cumpra o primeiro aniversario do seu asasinato.
Altar creado na honra do mozo Samuel Luiz, en xullo de 2021. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Tres anos e medio de internamento para os menores detidos polo asasinato de Samuel Luiz

Cumpren a condena nun centro de menores e, unha vez saian, estarán outros tres anos en liberdade vixiada.
Comparecen nos xulgados as persoas detidas polo crime de Samuel Luiz. (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

Os menores detidos polo 'caso Samuel', en internamento en réxime fechado após un acordo entre as partes

Fiscalía e acusacións piden un delito de asasinato para todas as persoas investigadas.
Mobilización na Coruña o 9 de xullo en contra da violencia contra as persoas LGTBI após a morte de Samuel Luiz. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

O xuízo do caso Samuel, pendente dos EUA

O xulgado pediu as mensaxes dos acusados en WhatsApp e Instagram poucas horas despois da súa detención, porén, a Xustiza dos Estados Unidos aínda non decidiu sobre a solicitude.
EuropaPress_3834592_agente_lleva_arrestado_acusados_declarar_presunto_autor_paliza_causo_muerte
O investigado debe comparecer semanalmente no xulgado

A Audiencia da Coruña deixa en liberdade o último detido polo asasinato de Samuel

O procedemento aberto polo asasinato homófobo de Samuel Luiz dá unha nova volta, tras decidir o xulgado da Coruña que instrúe a causa a posta en liberdade do último investigado detido.

Flores estragadas no lugar do asasinato de Samuel (Imaxe: Nós Diario).
SOCIAL

Decretan prisión para o último detido polo asasinato de Samuel Luiz

O arrestado, que pasou esta cuarta feira a disposición xudicial, está investigado por un delito de asasinato, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG).
Unha imaxe do mozo Samuel Luiz. (Foto: Cedida)
SOCIAL

Un novo detido en relación ao asasinato de Samuel Luiz

Xa son 7 as persoas investigadas en relación a este caso.