San Sadurniño

Concello de San Sadurniño
Galiza

San Sadurniño súmase aos concellos que pagarán os fármacos hospitalarios a doentes crónic@s

O alcalde de San Sadurniño, Secundino García (BNG), anunciou que a veciñanz non terá que pagar os tratamentos de enfermidades crónicas que o PP somete a re-pagamento. Asemade, acusa a Xunta de "ser cómplice" por non se opor a esta medida.