SOCIAL
O feminismo galego sae á rúa para exixir recursos para poder abortar na pública
28/set./23
"Saímos ás rúas da Galiza para pedir un aborto libre, seguro e garantido na sanidade pública!". A Marcha Mundial das Mulleres (MMM) e a plataforma do Feminismo Unitario de Vigo convocaron esta quinta feira concentracións nesta cidade máis na Coruña, Compostela, Lugo, Ourense, Ferrol, Pontevedra e O Porriño para reclamar cambios nas políticas da Xunta da Galiza, que agora, afirma a Marcha, "están en contra da saúde das mulleres".