Sanidade Pública

Imaxe dun colapso no CHUS (Foto: Asociación de Pacientes do CHUS).
SOCIAL

Pacientes nos corredores e salas de espera cheas. Denuncian múltiples colapsos nas urxencias galegas

A peor situación produciuse durante a última fin de semana e a segunda feira.
Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
SOCIAL

Médicos alertan dun novo "colapso" nas Urxencias mentres o conselleiro afirma que os galegos están "perfectamente atendidos"

Profesionais do servizo de Urxencias advirten dunha situación crítica sobre todo nas áreas sanitarias da Coruña, Pontevedra e Vigo.
Imaxe dun colapso no CHUS (Foto: Asociación de Pacientes do CHUS).
SOCIAL

Máis de 48 horas á espera de poder pasar a planta. Esta é a denuncia dun novo colapso no CHUS

Desde a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, resaltan que as situacións de colapso como a que se viviu no CHUS son debidas, en gran medida, á falta de persoal.
Rosa Cerqueiro, Iria Veiga e Concha Rodríguez. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Galiza atópase á cabeza en casos de depresión, por enriba da media estatal

Persoas expertas urxen un maior investimento en saúde mental e máis medidas sociais.
Protesta sanitaria en Cerdedo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Consellaría deixa sen pediatra Cerdedo, Cotobade e Forcarei

Os retallos sanitarios baten na Terra de Montes.

Xustiza ficción

Da telemedicina á fotomedicina

Urxencias nun centro de saúde. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Enfermeiras vense na obriga de enviar fotos para receitar antibióticos pola falta de persoal

A falta de persoal no PAC de Pontevedra leva a que as enfermeiras teñan que enviar fotos a médicos doutros municipios para poderen receitar antibióticos.
Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Xerencia da área sanitaria de Pontevedra deixou catro PAC sen persoal médico en Fin de Ano

As ambulancias cubriron a quenda das 15 horas do día 31 de decembro ás 8 horas do 1 de xaneiro nos PAC de A Parda e de Baltar, que estaban sen persoal médico.
A nova web de nosdiario.gal será máis áxil, dinámica e intuitiva.
SOCIAL

Unha última ollada ao 2022: estas foron as quince noticias máis lidas en 'Nós Diario' ao longo do ano

A Covid-19, o naufraxio do 'Vila de Pitanxo', as Tanxugueiras, a vaga de incendios, a xestión da sanidade pública ou o aniversario de Sermos Galiza, entre as informacións máis seguidas ao longo do pasado ano.

Un Goberno sen pulo

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, onte no Parlamento. (Foto: Nós Diario)
O BNG sitúa o PP como "problema para a saúde"

Pontón cualifica 2022 de 'ano negro' para a sanidade pública do país

Alfonso Rueda, esta quinta feira, na súa comparecencia após o Consello da Xunta. (Foto: Arxina)
Consello da Xunta

Rueda afianza a Comesaña ante a vaga de dimisións no Sergas

O presidente galego non variará a ponte de mando da Consellaría de Sanidade malia a vaga de dimisións estas semanas de responsábeis sanitarios en diferentes áreas e niveis. Alfonso Rueda afirmou onte que non fará cambios en Sanidade e defendeu que os problemas na sanidade "hainos en todo o Estado".
O tempo medio de agarda en cirurxía aumentou en 25% desde antes da pandemia. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

34% dos pacientes na sanidade galega son de "longa espera"

Un de cada tres pacientes da sanidade galega en lista de agarda son o que se denomina "de longa espera", é dicir, que levan máis de 60 días pendentes dunha consulta cun médico ou médica especialista e máis de seis meses en caso dunha intervención cirúrxica. Atópanse nesta situación o 34,4% dos pacientes.
Isidro Lago dimitiu como presidente do Consello Galego de Colexios de Médicos (Médicos y Pacientes).
SOCIAL

Isidro Lago dimite como presidente do Consello Galego de Colexios de Médicos após cargar contra Sanidade

Esta cuarta feira, nunha rolda de prensa, Isidro Lago anunciou publicamente unha decisión que a pasada terza feira xa comunicara a cada presidente dos respectivos colexios tras a reunión que mantiveron co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
A Galiza é o cuarto territorio do Estado onde menos se inviste en sanidade, segundo Airef (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

O investimento sanitario na Galiza está nos postos de cola do Estado

A Galiza é a cuarta comunidade do Estado onde menos se inviste en sanidade por habitante. O gasto fica en 1.691 euros ao ano por persoa, o que supón 37 euros por baixo da media estatal (1.728 euros por residente), segundo os últimos datos do organismo Airef.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, intervindo no Parlamento galego. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
SOCIAL

Ultimato de persoal médico a Rueda para sentar a negociar

O sindicato CESM apunta que se o 10 de xaneiro a Xunta non moveu ficha, estudará "unha escalada de mobilizacións a desenvolver en 2023".
Olalla Rodil, parlamentaria e viceportavoz do BNG. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Estas son as liñas estratéxicas do BNG de cara a 2023, un ano marcado polas eleccións municipais

"O BNG continuará defendendo os servizos públicos, especialmente a sanidade", sinala Olalla Rodil.
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. (Foto: Y. C. M.)
Vigo

Falece un bebé de cinco meses por meninxite dous días despois de ingresar no hospital

Sucedeu a comezos de decembro, cando a familia levou o neno a Urxencias en até dúas ocasións. Días despois empeorou considerabelmente e tivo que ser trasladado en ambulancia, momento no que xa se lle detectou esta doenza.
As listas de espera no sistema sanitario galego non deixan de incrementarse desde 2018 (Nós Diario).
SOCIAL

As listas de espera sanitaria suman máis de 362.000 persoas en toda Galiza

As cifras oficiais confirman a situación de colapso sanitario denunciado polos colectivos en defensa da sanidade. Un total de 362.016 persoas agardan por unha cita hospitalaria dentro dunhas listas de espera que non deixan de medrar desde 2014. A maiores, atópanse as incorporadas ás listas non estruturais.