Sanidade

Un sanitario realiza un test PCR a un cidadán (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Covid-19: Baixan contaxios, casos activos e hospitalizados

A taxa de positividade mantense por baixo do 2%.

Un acto do Movemento Galego da Saúde Mental, en setembro de 2018. (Foto: Europa Press)
star
Galiza, á cabeza da taxa no Estado

Rosa Cerqueiro: "Se o contexto é de tensión social, de non saír da situación, hai un aumento no risco" de suicidio

Galiza sitúase á cabeza do Estado español en número de suicidios. Os últimos datos oficiais fornecidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), referidos a 2019, colocan a taxa en 10,81 por 100.000 habitantes, unha cifra só superada por Asturies. Malia que as causas desta realidade responden a múltiples factores, as persoas expertas non dubidan en estabelecer unha relación entre os suicidios e o deterioro da situación económica. As consecuencias da pandemia preocupan aos profesionais da saúde mental. 

Outra volta de torca!

Terrazas na cidade da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Sanidade incrementará o número máximo de persoas que se poden reunir

A reunión entre representantes da Xunta e do comité clínico prevista para esta cuarta feira analizará novos pasos na desescalada das medidas para frear o virus, dado o avance da vacinación e a boa evolución epidemiolóxica. Os cambios para o lecer ao aire libre centrarán a conversa, polo que tamén podería fornecerse unha data para dicir un adeus parcial ás máscaras.
Un home recibe unha dose da vacina contra o coronavirus en Vigo. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Xunta e Estado pactan negociar as discrepancias da Lei de saúde á marxe do Constitucional

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o ministro de Política Territorial, Miquel Iceta, asinaron un acordo no que se comprometen a buscar un acordo sobre as discrepancias ao apartado segundo do artigo 38 da lei de saúde galega á marxe do proceso aberto no Tribunal Constitucional, que suspendeu este aspecto normativo.

A área de urxencias pediátricas da Coruña, decorada pola Fundación María José Jove. (Foto: Europa Press)
star
Pediatría, unha materia pendente

"É moi complicado coñecer o número de pediatras adscritos ao Sergas pola opacidade da Xunta", denuncian

A falla de pediatras déixase notar en toda a Galiza: o número caeu un 25% nos últimos 15 anos. Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), 192 concellos galegos carecen de atención pediátrica, nun proceso de constantes recortes do servizo desde os primeiros anos do século XXI. Ao tempo, a Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria destaca un acelerado envellecemento das e dos profesionais, até o punto de que 25% dos pediatras en exercicio no país superan os 60 anos.
Xente paseando por Ribadeo após decaer o estado de alarma e o fechamento con Asturies. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Lobios fica baixo fechamento perimetral e toda a hostalaría poderá abrir até a 1 da madrugada

A decisión foi tomada na reunión que mantiveron na quinta feira, despois de varios cambios de axenda, as e os expertos do comité clínico e os representantes da Xunta da Galiza. Ademais, os bares e cafetarías que teñan servizo de comida tamén poderán abrir até a unha da madrugada aínda sen licenza de restaurante. As medidas estarán en vigor a partir da medianoite do sábado.
O Parlamento de Galiza nunha sesión. (Foto: Europa Press)
LINGUA

Unanimidade no Parlamento para reclamar a normalización da presenza do galego nos centros sanitarios

A iniciativa do pedía garantir a atención sanitaria en galego e normalizar o seu uso nos centros de saúde.

 

García Comesaña e Núñez Feixoo nunha xornada de comité clínico o pasado mes de maio. (Foto: David Cabezón / Xunta da Galiza)
SOCIAL

Sanidade abre a porta a que o comité clínico mellore as condicións da hostalaría

A Xunta anuncia que na reunión prevista para a sexta feira someterase a debate o funcionamento das medidas ligadas coa desescalada após decaer o estado de alarma. Neste sentido, e despois de descartar ampliar os horarios de bares e cafeterías a semana pasada, agora si entrará esta cuestión na orde do día.

Recepción do cargamento con parte das vacinas. (Foto: Ana Varela / Xunta da Galiza)
SOCIAL

Sanidade prevé que toda a poboación galega estará vacinada este ano

Para iso será necesario que se "incrementen" o número de doses recibidas e "a comercialización de antíxenos desenvolvidos por outras farmacéuticas".
Os feitos tiveron lugar no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Foto: EP).
SOCIAL

O Sergas, condenado a pagar 32.000 euros polo atraso nun diagnóstico que lle custou a vida a unha anciá

O TSXG afirma que "non se puxeron á súa disposición todos os medios para detectar con antelación suficiente" a perforación intestinal que determinou o seu falecemento
Vacinación fronte á Covid-19 en Pontevedra. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
SOCIAL

Galiza supera as 2.400 vítimas pola Covid-19

Malia que agora non hai tantos falecementos como nos peores momentos das tres ondas do virus, o certo é que hai poucos días nos que non se comunique algún pasamento.
A Xunta prevé alcanzar este ano 60% de atención presencial nos centros de saúde, menos que antes da pandemia. (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press).
A xestión da Atención Primaria volve incomodar os colectivos médicos

Saturación e bloqueos no Sergas, mais para Sanidade "o gran problema é recordar as carteiras dos profesionais"

O colectivo médico de Atención Primaria, incómodo coa proposta do Sergas de ligar o plus de produtividade que cobra a un incremento das consultas presenciais de até 60%, volve aproveitar o envite da Administración para sinalar as debilidades reais da sanidade pública.
Doses da vacina de AstraZeneca. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
INTERNACIONAL

Saúde Pública decidirá a próxima semana se inocula a segunda dose de AstraZeneca ás vacinadas

O que deben analizar as e os expertos é se a poboación de menos de 60 anos que xa recibiu a primeira parte do tratamento con este fármaco continúa con el ou cambia de vacina.

Esta cuarta feira, 12 de maio, conmemórase o Día Internacional da Enfermaría. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
SOCIAL

Galiza precisa 8.000 enfermeiras máis para garantir a continuidade asistencial

A enfermaría conmemora este 12 de maio o seu día mundial. Faino, aínda, baixo o amparo do movemento global Nursing Now, unha campaña deseñada polo Consello Internacional de Enfermeiras en colaboración coa Organización Mundial da Saúde para elevar a súa posición e convertelas en axentes de cambio na promoción da saúde e o tratamento da enfermidade.
UCI do Hospital Clínico de Santiago. (Foto: Europa Press)
star
Recortes na sanidade pública: 952 camas hospitalarias menos

Galiza abeira o milleiro de camas desaparecidas na sanidade pública nunha década

O sistema sanitario galego perdeu camas hospitalarias e prazas de Unidade de Coidados Intensivos (UCI) na última década. Malia que a maioría das investigacións ligan a calidade e a eficiencia do modelo asistencial ao mantemento dunhas determinadas ratios nestas variábeis, optouse por recortar a cobertura de camas hospitalarias e de prazas de UCI. Evidénciao un recente informe do Instituto Galego de Estatística (IGE), que sinala que na última década deixaron de estar operativas 952 camas hospitalarias.
Imaxe de arquivo do buque confinado. (Foto: Vesselfinder.com)
SOCIAL

Sanidade confina un novo buque no porto de Vigo

Detectáronse oito casos positivos por coronavirus entre a tripulación. A embarcación xa estaba en corentena antes de atracar na Galiza. É o segundo barco que corre a mesma sorte por mor da pandemia, pois hai só uns días confirmábanse cinco infeccións no 'Prometheus Leader'. Tres dos casos eran da variante india.
Persoal sanitario xestiona varios viais da vacina de cara á súa administración. (Foto: Juan Manuel Serrano Arce / Europa Press).
SOCIAL

AstraZeneca: expertos chaman a respectar a pauta vacinal ante a falta de fundamento do estudo CombiVacs

Uns 60.000 galegos e galegas, pertencentes a colectivos esencias, están pendentes da segunda dose de AstraZeneca.
Os bares poderán abrir até as 23 horas; os restaurantes, até a 1 (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

Nin toque de recoller, nin feche perimetral: así prosegue a desescalada

Sanidade encoméndase á Xustiza para prohibir nos concellos do nivel máximo a mobilidade nocturna e os desprazamentos a outros municipios. Aliás, tentará evitar as reunións entre non conviventes tras a hora de fechamento da restauración en toda a Galiza.
A redución das citas presenciais motivou un aumento das queixas (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

O Defensor do Pobo tramitou 16,7% de queixas máis procedentes da Galiza

Triplícanse no Estado as queixas a causa da xestión sanitaria