Sanidade

SOCIAL

A CIG denuncia o “peche abusivo de camas” na área de Compostela

“Indignación” é a palabra escollida pola CIG para amosar o seu rexeitamento  ao “intento da Xerencia da área sanitaria por normalizar o peche abusivo de camas” durante o verán. A dirección do Sergas alega “descenso de actividade asistencial, falta de persoal para substitucións e obras de mantemento”. Para o sindicato, trátase dun “argumentario absurdo e inexacto”.
 

PAC
SOCIAL

De novo, PAC sen suficiente persoal nas gardas

PAC en pé de guerra denuncia que esta fin de semana puntos como o de Caldas, Marín ou A Parda (Pontevedra) estiveron cun médico menos pola mala xestión dos servizos mínimos da Xerencia.

60071301_434607607118523_31544391600439296_n
Enfermeiras eventuais en loita

“A #OPEnegra non é o final, é un primeiro paso: imos continuar até erradicar a precariedade na enfermaría”

Foron quen de socializar e visibilizar unha problemática, a da enfermería galega, até o de agora descoñecida para unha parte significativa da sociedade. Aliás, lograron sumar e ilusionar as profesionais desta rama sanitaria para poñerse en marcha e reivindicar conxuntamente a fin da eventualidade e precariedade na sanidade galega. Falamos con Tania, unhas das voceiras de Enfermeiras eventuais en loita.

Sergas
Privatizacións

Sinalan a empresa Galaria como porta xiratoria da ex conselleira de Sanidade

A CIG Saúde denuncia que a empresa Galaria continúa a xestionar diversos servizos sanitarios na área de Vigo para manter un retiro dourado á ex conselleira Rocío Mosquera, xa que esta decisión vai en contra do acordo de integrar todos os servizos baixo a mesma xerencia.

Pacs en pe de guerra
Sanidade pública

A reivindicación dos PAC fai 18 meses en pé de guerra

O persoal sanitario dos puntos de atención continuada (PAC) de Galiza fai 18 meses de mobilizacións e folgas en prol de melloras laborais, dereitos e recursos. Cunha vixilia nesta segunda feira, a plataforma PAC en Pé de Guerra continuará pulando por unha solución ao conflito.

Pacs en pe de guerra
Segunda feira 20 de maio

O persoal dos PAC convoca unha vixilia contra o deterioro do servizo

A sanidade pública revólvese contra as políticas da Xunta de Feixoo. O persoal dos PAC, agrupado na plataforma PAC en pé de guerra, convoca para este 20 de maio, segunda feira, unha vixilia en protesta contra o deterioro do servizo.
 

baixa médica
SOCIAL

Propoñen folga de licenciadas sanitarias na Galiza o 19 de xuño

A proposta parte da asemblea de médicos de atención primaria.

foto_4
SOCIAL

Outra primavera de pragas: a volta da bicharía

Tras o inverno, na primavera ten lugar o espertar biolóxico dos insectos. Comeza o seu período máis activo e con el empezan a aparecer as primeiras xeracións. Axiña se deixan ver en árbores, plantas e cultivos, sobre todo, os danos dos que son capaces. Son pragas que poñen en alerta as propietarias e propietarios, mais tamén os investigadores fitopatolóxicos e aos servizos de sanidade vexetal. Moitas son habituais e teñen tratamento fitosanitario; outras son exóticas, voraces, e moito máis difíciles de erradicar.

Ambulancia
Sanidade pública

Alertan de novos recortes da Xunta nas ambulancias da Mariña

A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia o recorte inminente e sen aviso previo no transporte de ambulancias na comarca da Mariña por medio do novo concurso de contratación.

Manifestación pola sanidade pública en Compostela. (Foto: Nós Diario)
Espimos os programas electorais

A sanidade pública que sobrevive aos recortes

Dez anos de recortes orzamentarios, reorganización neoliberal e precarización laboral estaláronlle ao Goberno de Alberto Núñez Feixoo ao longo do último ano. A sanidade pública pasou a ser unha das áreas sociais máis conflitivas de Galiza e onde o Partido Popular percibiu unha enorme vía de auga política que o levou a recuar en non poucas medias e ante non poucas protestas.
 

SOCIAL

Aviso do persoal de Atención Primaria ao Sergas: “Se non hai avances, retomaríase a folga”

“A experiencia mostra que o Sergas pode ter a tentación de non poñer en marcha as medidas [acordadas de negociar], polo que é necesario manter a unidade e a mobilización”, advirten desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.

Pacs en pe de guerra
Sanidade

PACs en pé de guerra critica “a cerrazón” do Sergas

O colectivo PACs en pé de guerra transmitiu publicamente a súa indignación polo trato dado ao seu comité de folga na reunión mantida coa Consellaría de Sanidade. Acúsana de non querer escoitar ao comité e de non consideralo como “lexítimo representante” das traballadoras e traballadores.

Lindano

O Defensor do Pobo demanda contundencia da Xunta ante a contaminación por lindano

O Defensor do Pobo insta a Xunta a declarar coma solo contaminado varios terreos do Porriño e esixe que actúe “con máis contundencia e determinación” para reverter a contaminación por lindano”.

Debate do estado da nación. Parlamento de Galiza.
Parlamento

O traslado de Ence e os recortes en sanidade protagonizarán o último pleno antes das eleccións

Na sesión do Parlamento, que terá lugar o vindeiro 9 e 10 de abril, a oposición denunciará o desmantelamento da sanidade pública e o PP voltará defender a permanencia de Ence na ría de Pontevedra.  

[Imaxe: SG] Feixoo no Parlamento
En resposta a unha pregunta de Villares

Feixoo nega a convocatoria de folga en Atención Primaria

En Marea e o PSdeG centraron as súas preguntas ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na situación que sofre a sanidade pública. As intervencións coincidiron no tempo coa peregrinación do colectivo Precarias pola Atención Primaria, que se manifestou contra os recortes.

Acceso principal do HULA, en Lugo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

En risco de ficar en cadeira de rodas por un ‘via crucis’ sanitario

Unha muller de Quiroga con doenza incapacitante denuncia os cambios e retrasos “sen explicación nin xustificación” de citas.

sergas
Denuncia da Mesa

Os consentimentos informados do Sergas, só en castelán

A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer o caso dun vigués ao que se lle impediu acceder a un consentimento informado para unha intervención cirúrxica en galego.

IMG-20190314-WA0005
SOCIAL

“Citas falsas para fecharnos a boca”, denuncia una paciente do Hospital da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña faise eco da denuncia dunha paciente que asegura que a Xerencia do hospital “dá citas falsas para fecharnos a boca”.

Ana Pontón
POLÍTICA

O BNG propón mudar as contas da Xunta para destinar 223 millóns máis á atención primaria

Isto non vai de enviar cartas a Madrid, senón de incrementar os recursos públicos destinados á sanidade. Iso é o que argumenta Ana Pontón, quen esta segunda feira presentou unha proposición de lei para inxectar 223 millóns de euros á atención primaria.

Endometriose
SOCIAL

Endometriose: loitadoras contra a dor

Máis de 170 millóns de mulleres en todo o mundo padécena. Na Galiza, estímase que afecta a 60.000 e que 9.000 posúen o grao máis grave. É a endometriose, unha doenza que consome por dentro e provoca dores extremas. Vén de ser o seu día mundial. Abordamos distintas perspectivas da enfermidade, que consiste no crecemento anómalo do endometrio, da man de mulleres que a padecen, dunha xinecóloga e dunha sexóloga.