Santiago de Compostela

Mariano Raxoi (no centro) visitou en 2011, como líder da oposición no Congreso, o daquela alcalde de Santiago, o 'popular' Gerardo Conde Roa (esquerda). Na imaxe, á dereita, Alberto Núñez Feixoo. [Foto: Concello de Santiago]
Santiago de Compostela

O PP critica a visita de Pontón a Sanmartín e o BNG lembra que Conde Roa recibiu Raxoi estando na oposición

"Non entendo esa dobre vara de medir do PP", cuestiona Ana Pontón, mentres Paula Prado ironiza coa súa visita á alcaldesa de Santiago: "Representa algunha institución a señora lideresa do BNG?".
A artista e docente Beatris S. Sáa. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Beatriz S. Sáa: "A mostra nace da experiencia que tiven coa miña avoa desde que ela desenvolveu Alzhéimer"

Beatriz S. Sáa pon en marcha a exposición 'Entre presenzas e ausencias' no Centro Sociocultural de Vite (Santiago de Compostela) coas obras realizadas no seu programa de didáctica artística involucrando tanto doentes de Alzhéimer como as súas coidadoras.
Membros de Galicreques mostrando o cartaz do festival. (Foto: Arxina)
CULTURA

Galicreques dá a coñecer as 60 funcións para a súa 28ª edición

O certame decorrerá do 7 ao 15 de outubro.
O concerto de Amancio Prada será un dos pratos fortes do festival. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Máis de 25 bandas e 200 artistas daranse cita no Festival Maré

Compostela acollerá unha nova edición do evento.
Fotograma do filme 'Farha', de Darin J. Sallam.
CULTURA

Un ciclo de cinema para reivindicar os dereitos da infancia

A Fundación Araguaney convida a acudir ao ciclo 'Cinema e dereitos da infancia. Construíndo un mundo mellor'.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril (no centro), nunha mobilización na Coruña (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A CIG convoca unha concentración en Compostela "por unha Europa dos Pobos e con xustiza social" o 21 de setembro

O sindicato nacionalista exixirá, ademais, a derrogación das reformas laborais e unha nova lexislación que restitúa os dereitos arrebatados á clase traballadora por mor das políticas ditadas da UE, que disciplinadamente asumen e aplican os Estados, nomeadamente o español.
Foto de familia do Ecofin en Compostela (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Baixa o pano a reunión de ministros da UE e América Latina que revolucionou Compostela

O comisario europeo de Comercio, Valdis Dombrovskis saudou o que os líderes europeos xa denominan "a Vía de Santiago” ou “Camiño Fiscal".

Imaxe promocional de 'Run Baby Run'. (Foto: Esmeralda Martín)
CULTURA

Sarabela leva Sechu Sende ao teatro

Sarabela Teatro estrea unha peza baseada no libro de Sechu Sende 'Made in Galiza', e Fátima Delgado estrea a súa 'Run Baby Run'.
Abraham Cupeiro
CULTURA

O festival Maré renderá homenaxe a Kepa Junquera

Novas incorporacións ao cartel do encontro.
A ministra de Economía e vicepresidenta primeira do Goberno español, Nadia Calviño, hoxe, na reunión do Ecofin en Santiago. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

Arrinca a "reunión histórica" do Ecofin en Santiago con Nadia Calviño como protagonista

A ministra española de Asuntos Económicos buscará na xuntanza cos seus homólogos europeos obter os apoios necesarios para presidir o Banco Europeo de Investimentos (BEI). Portugal, Francia e Alemaña preséntanse como aliados nesta cerna.
Goretti Sanmartín, durante a recepeción aos ministros do Ecofin, sendo escoitada por Nadia Calviño e Alfonso Rueda. (Imaxe: Concello de Santiago)
ECONOMÍA

Sanmartín denuncia o espolio eólico da Galiza na recepción dos membros do Ecofin

Compostela acolle na sexta feira e o sábado a reunión informal de ministras e ministros de Economía e Finanzas (Ecofin) da Unión Europea, que contará coa presenza de autoridades de 60 Estados, tanto da UE como de América Latina e os do Caribe. Precisamente, os actos previos á inauguración do Consello de Asuntos Económicos e Financeiros marcaron a actualidade económica da quinta feira na Galiza.

Unha das actuacións da edición de 2019 do WOS Festival.
star
CULTURA

O WOS Festival desvela a potencia creativa da música electrónica da Galiza

Hoxe comeza en Compostela o WOS Festival, un encontro recoñecido e premiado en Europa pola audacia e a calidade da súa programación. Entre as súas propostas, a música electrónica galega destaca por ter unha escena vibrante, variada e creativa.
Locomotora 'Sar', alcumada popularmente como 'A Sarita', inaugurada en 1873. (Foto: Nós Diario)
Mobilidade

O tren galego, unha rede ferroviaria de hai 150 anos

O mapa ferroviario da Galiza conformouse no século XX.
Henrique Alvarellos @Arxina
CULTURA

40 anos da Asociación de Editores centran o Simposio sobre o libro

Contará cun panel de experiencias coas editoras galegas presentes
'Rainer, a Vicious Dog in a Skull Valley', de Bertrand Mandico.
star
Cinema

A vangarda audivisual cítase en Curtocircuíto

A Sección Oficial do festival Curtocircuíto de Santiago de Compostela xa ten feitas as súas escollas e o resultado é heterodoxo e heteroxéneo: cine narrativo, ensaio fílmico, documental, cinema abstracto... Algúns dos nomes máis audaces da creación cinematográfica actual estarán presentes no encontro, no que o 50% das producións están lideradas por mulleres.
Artur M. Puga e Shoeg no WOS 2022. (Foto: WOS Festival).
star
Análise

Noite, baile e vangarda

Mauro Borrazás é xornalista de profesión e músico por afección da 'Xeración Xabarín'.
Estabelecemento turístico de Limehome.
Turismo

O grupo alemán Limehome prepara o seu desembarco en Santiago cunha vintena de pisos turísticos

Sería a primeira propiedade na Galiza desta compañía presente por todo o continente e concretaríase o vindeiro ano.
Xampatito Pato na presentación deste 6 de outubro en Compostela (Foto: Miguel Lamas)
star
CULTURA

O Camiño de Santiago, vía de intercambio para as artes escénicas

Onte presentouse en Santiago a quinta edición de Camiño Escena Norte, o programa de intercambio escénico entre a Galiza, Asturias, Cantabria Euskadi e Nafarroa, que se incorpora este ano. Do 17 de setembro ao 22 de outubro, quince espectáculos destes territorios poderán verse en 57 localidades do Camiño de Santiago.
O director xeral de Turismo, Xosé Manuel Merelles, e o deputado Daniel Pérez, esta cuarta feira, na Cámara. (Fotos: Parlamento)
POLÍTICA

A Xunta evita apoiar a taxa turística para Compostela

A iniciativa para a implantación dunha taxa turística en Compostela chegou esta cuarta feira ao Parlamento da Galiza. Mentres o promotor da mesma, o deputado nacionalista Daniel Pérez, defendeu as vantaxes da taxa, o director xeral de Turismo da Xunta da Galiza, Xosé Manuel Merelles, apostou polo silencio no debate dentro dunha ambigüidade calculada.
A vicepresidenta primeira do Estado español, Nadia Calviño, onte despois do Consello de Ministros e Ministras (Eduardo Parra / Europa Press).
ECONOMÍA

Compostela reunirá ministros de 60 países que representan "21% do PIB global"

A vicepresidenta Nadia Calviño pon en valor o cumio que a capital galega acollerá os días 16 e 17 de setembro e no que recibirá as e os titulares de Economía e Finanzas dos Vinte e sete da UE e mais doutros 33 países de América Latina e o Caribe.