Santiago de Compostela

Miriam Louzao, Ghaleb Jaber e Anxo M. Lourenzo (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A Semana do Cinema Euroárabe comeza cunha palestra sobre Israel e Palestina

AMAL 2023 proxectará un filme por xornada entre a terza feira e o sábado.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, na xornada de debate sobre o modelo turístico. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Compostela debate sobre o modelo turístico: "Hai que reequilibrar o custo de sermos un dos destinos máis cobizados do país"

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, abriu a xornada defendendo a necesidade de definir un novo modelo turístico "que sexa compatíbel coa vida das persoas que vivimos e traballamos aquí".
Marcial Castro Guerra, falecido esta quinta feira (Foto: Concello de Santiago)
Agora

Falece Marcial Castro Guerra, alcalde de Santiago de Compostela entre 1981 e 1983

O Concello de Santiago manifestou o seu pesar pola morte de Marcial Castro Guerra, alcalde da capital galega entre os anos 1981 e 1983. Castro Guerra foi o segundo rexedor compostelán tras o final da ditadura. Membro de Unión de Centro Democrático, tomou a substitución de José Antonio Souto Paz -falecido en 2017- tras a dimisión do seu compañeiro de partido en 1981. A etapa na Alcaldía de Castro Guerra terminou dous anos despois, cando o resultado das eleccións municipais de 1983 permitiu ao socialista Xerardo Estévez facerse co bastón de mando grazas ao apoio de UCD.

Míriam Louzao dirixe a Concellaría de Capital Cultural e Turismo de Santiago. (Foto: Arxina)
Entrevista

Míriam Louzao, edil de Turismo de Santiago: "A taxa turística é parte dun modelo de máis calidade"

O Pazo de Fonseca acolle mañá un foro de análise organizado polo Concello de Compostela para avanzar no deseño dun novo modelo turístico. Na véspera da xornada 'O impacto turístico nas cidades. Taxa turística e outros instrumentos de xestión', Nós Diario conversa coa concelleira de Turismo, Míriam Louzao.
'Fronterizas', de Mari Paula Danza & Performance. (Foto: Aureo Gómez)
CULTURA

Camiño Escena Norte bota o pano en Lugo e Santiago de Compostela

O domingo 22, a Cidade da Cultura acollerá, o encontro ESADs en camiño, no que o alumnado da escola galega de arte drámatica  se atopará coa bailarina e coreógrafa brasileira Mariana de Paula Ferreira.
O temporal provocou numerosas incidencias. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Unha tromba de auga de "alta intensidade" anega rúas e impacta en Santiago con coches atrapados

Unha muller tivo que ser axudada polos Bombeiros de Santiago a saír do coche na rotonda do Restollal.
O presidente da Asociación Eólica da Galiza, Manuel Pazo, esta terza feira na presentación do estudio da patronal en Santiago de Compostela (Foto: Arxina).
star
ECONOMÍA

As enerxéticas ven nas novas normativas da UE unha oportunidade para diminuír os requirimentos ambientais á enerxía eólica

A Asociación Eólica da Galiza (EGA) presentou esta terza feira en Compostela un estudo sobre o impacto económico e social do sector no país, nun acto que aproveitou para demandar maiores facilidades para a implantación dos seus proxectos no territorio galego. Ademais, a patronal carga de novo contra a actuación da Xustiza e os colectivos que recorren proxectos.
O Pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro, é a sede do Goberno municipal de Compostela. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Compostela asumirá a xestión directa do cobro das multas e aforrará así 250.000 euros

Os datos do Concello de Santiago apuntan que ingresaron 2.072.214,7 euros en concepto de multas e a empresa que xestiona o seu cobro percibiu 555.353 euros.
Acto de sinatura do convenio, esta terza feira na sede do IDIS, en Compostela (Foto: IDIS).
ECONOMÍA

A Caixa Rural Galega achegará 85.000 euros para a investigación en saúde

A entidade colaborará co programa de bolsas de posdoutoramento do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).
Foto Lucía Aldao. Autor- Seyfettin Dincturk 1
CULTURA

Compostela acolle a xornada de formación do Premio Narf

A final do Premio Narf terá lugar no seo dunha gala no Salón Teatro de Santiago o 28 de outubro ás 20.30 horas.

Turistas na praza do Obradoiro de Santiago. (Foto: Arxina)
Turismo

A taxa turística, a debate en Santiago nun foro internacional

O Salón Nobre do Pazo de Fonseca da capital galega acollerá esta sexta feira, a partir das 9.15 horas, a xornada de debate 'O impacto do turismo nas cidades', aberta a todo o público.
Miriam Louzao, Ghaleb Jaber e Anxo M. Lourenzo (Foto: Nós Diario).
CULTURA

O Festival Amal comeza baixo o lema "Ninguén está a salvo"

A Semana de Cine Euroárabe decorrerá do 23 ao 25 de outubro no Teatro Principal de Compostela

Aitor Bouza (Foto: PSOE).
Agora

Aitor Bouza é elixido como novo líder do PSOE de Compostela

O que fora secretario xeral das Xuventudes Socialistas da Galiza Aitor Bouza será o novo secretario xeral do PSOE compostelán ao encabezar a única candidatura presentada nas primarias locais convocadas tras a marcha do que fora alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo. En concreto, o prazo de presentación de candidaturas para liderar o PSOE local finalizou ás 14 horas desta cuarta feira e o proxecto de Bouza é o único que concorreu ao proceso.A súa candidatura será proclamada o próximo 21 de outubro e no seu proxecto inclúense nomes como os do delegado do Goberno español na Galiza, Pedro Branco, e a socialista compostelá Marta Álvarez Santullano, tal e como o propio Bouza confirmou.

Tren estacionado en Santiago con destino Vigo. (Foto: Arxina)
TRANSPORTE

Renfe incorpora esta nova frecuencia diaria entre Vigo e Santiago

O tren partirá da terminal viguesa de Guixar e parará tamén en Redondela, Pontevedra, Vilagarcía, Pontecesures e Padrón.
Vito Acconci, 'The Folowing Piece', 1969
star
As orixes da arte conceptual

A arte como idea e como transformación

O Centro Galego de Arte Contemporánea exhibe, até o 14 de xaneiro de 2024, Implosión: Arte Conceptual na colección CGAC (1965-1975), unha mostra que recupera o traballo dunha serie de artistas para reconsiderar a forma en que o seu traballo contribuíu a modificar as relacións entre institucións, arte e artistas, e mesmo a transformar a propia idea de arte.
Núcleo de vivendas na Coruña. (Foto: Álvaro BAllesteros / Europa Press).
Vivenda

O sector inmobiliario súmase á Xunta e oponse a declarar "zona tensionada" A Coruña e Santiago

Entenden que a medida "debe ir precedida dunha ponderada análise das circunstancias concorrentes en cada localidade e cada barrio e, moi especialmente, dos posíbeis efectos negativos".
Acto de clausura do Curtocircuíto.
Cinema

Palmarés: estas son as películas gañadoras do Festival Curtocircuíto

O popular certame pon o ramo á súa vixésima edición.
Rafael Rey Domech, da compañía Nauta.
star
CULTURA

O festival Galicreques faise eco do relevo xeracional no teatro de títeres

Galicreques volve a Compostela, do 7 ao 15 de outubro, coa súa edición máis ambiciosa até o de agora: 30 compañías ofrecerán 60 espectáculos, dos cales 14 serán estreas. O festival de títeres de Compostela reflicte no seu programa os cambios que se están a dar no xénero. 
 
Rúa Poza Real de Arriba, en Santiago, onde se produciu o incidente. (Foto: Google)
SOCIAL

Os detidos polo atropelo mortal en Santiago declaran ante a Policía, que non descarta a intencionalidade

A Policía Nacional mantén abertas todas as hipóteses nestes momentos, incluída a posíbel intencionalidade do atropelo na Rocha Vella (Conxo, Santiago) ao home de 59 anos que faleceu no acto.
Goretti Sanmartín e Jaione Camborda esta terza feira (Foto: Concello de Santiago).
Cinema

Jaione Camborda, sobre 'O corno': "É un triunfo tamén para a lingua, para que se normalice"

A cineasta asina o libro de honra do Concello de Santiago nunha recepción organizada pola alcaldesa.