Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín e Antonio López (Foto: USC).
SOCIAL

A USC e o Concello de Compostela fixan un marco de colaboración en oito ámbitos estratéxicos para a cidade

“Temos a vontade decidida de pór ao servizo da sociedade, do tecido económico de Compostela, o coñecemento xerado na Universidade e de ir avanzando en cada unha das liñas de actuación do protocolo para despois concretalas en convenios específicos”, sinalou Antonio López, reitor da USC.
carmne
star
Libros

As que pelexan para que non se faga o escuro

Pacientes nos corredores do CHUS (Foto: Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS).
Sanidade pública

"Outro colapso nos corredores": pacientes denuncian a situación do CHUS

Persoas usuarias alertan de problemas "permanentes" no hospital santiagués.
Protesta de Erguer. Estudantes da Galiza, esta quinta feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
Agora

Erguer levántase contra os prezos das cafetarías

Erguer. Estudantes da Galiza denunciou esta quinta feira en Compostela que "os prezos das cafetarías universitarias, reguladas pola Xerencia [da universidade], veñen de sufrir unha fortísima suba". Segundo sinalaron, "o prezo do menú do día subiu a 7,5 euros desde os 6 euros do ano 2021", o que supón un aumento de 25%. "Mais tamén sabedes ben que isto non é un feito illado: o aluguer medio de Compostela, por exemplo, aumentou 41% só desde 2017, e sempre pagamos nós, as estudantes", proseguiron. "Temos non só a responsabilidade, senón tamén a necesidade de alzarmos a voz, mobilizarnos e organizarnos", reivindicou a organización. Ademais, o colectivo demandou "unha universidade democrática e popular, onde a restauración universitaria non só sexa máis accesíbel, senón un dereito de todos e todas as estudantes".
O Concello lanzará un novo portal web que responde á crecente importancia dos dispositivos móbiles na interacción cos servizos dixitais.
Publirreportaxe

O Concello de Santiago inviste 1,8 millóns para modernizar a administración electrónica

Impulsa unha mellora da web, dos equipos informáticos e da rede de telecomunicacións no marco da EDUSI.
Fotograma de 'Toxos', de Jacqueline Reimúndez e Anxo Cambón.
Cinema

Facom Fest, o festival de cinema do estudantado galego

A selección inclúe numerosas estreas, pero tamén obras con traxectoria previa en festivais. O festival comezará a próxima semana.
Baldur Brönnimann dirixindo a Real Filharmonía de Galiza. (Foto: Manu Vidal)
star
CULTURA

Brönnimann e a Real Filharmonía traen ao palco a dimensión social da música: "Non é clasista; o marco en que se presenta, si"

Baldur Brönnimann, director titular da Real Filharmonía de Galiza desde hai un ano, explicou nunha conferencia no Ateneo de Santiago os fundamentos do seu proxecto musical, apoiándose na democratización da música e na renovación do repertorio.
Centro de Comunicacións proxectado por Norman Foster.
star
CULTURA

Compostela e a arquitectura que non chegou a ser

A cidade constrúena os arquitectos, mais tamén o pensamento das sociedades e as decisións políticas. A Casa do Cabido de Compostela acolle unha exposición na que se exhiben proxectos arquitectónicos e urbanísticos para a cidade que, por diversas razóns, nunca se chegaron a levar a cabo.
A comunidade educativa ateiga a praza de Praterías, en Compostela, en defensa do ensino público. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A defensa do ensino público mobiliza en Compostela máis de 4.000 de persoas

Profesorado e comunidade educativa reclaman redución dos cocientes, do horario lectivo e da burocracia. O 28 de novembro haberá unha folga xeral do persoal docente que culminará un mes de protestas.
Mobilización dos bombeiros esta sexta feira en Compostela. (Foto: Eva Cid Rivas)
TRABALLO

GALERÍA | Multitudinaria manifestación de bombeiros en Compostela

Protesta dos bombeiros na praza do Obradoiro. (Foto: Eva Cid Rivas)
TRABALLO

VÍDEO | Os bombeiros comarcais toman as rúas de Santiago e intensifican as protestas após cinco meses de folga

Se Xunta e deputacións "non dan mostras de retomar o diálogo", as medidas de presión sindical "terán que subir a un grao máis preocupante", alertan.
Á esquerda, estado do tellado do CRA Picaraña de Ponteareas; á dereita, aula anegada no CEIP Plurilingüe A. Rodríguez Cadarso, en Noia. (Fotos: Nós Diario)
Educación

Ratios, mal estado das aulas ou falta de recursos: docentes e familias denuncian eivas nos centros de ensino

Este domingo está convocada en Compostela unha nova manifestación nacional na defensa do ensino público.
Foto de familia coas gañadoras do premio.
CULTURA

As catalás Núria Figueras e Anna Font recollen o Premio Compostela de Álbums Ilustrados

'A visita' impúxose nunha edición do Premio Compostela á que se presentaron 261 proxectos procedentes de 22 países.
Xogos e videoxogos gratuítos introducen a cativada en dinámicas prexudiciais para un comportamento adictivo. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Cando comeza a construírse o xogador problemático? As apostas en liña consolídanse entre a poboación moza

Un 22% das persoas que no último ano probaron os xogos de azar teñen entre 18 e 25 anos. É o grupo de idade que máis risco corre de padecer trastornos do xogo. As apostas en liña son o seu enredo favorito, un ámbito no que 12% dos participantes acabará desenvolvendo condutas problemáticas.
A escritora Núria Figueras e a ilustradora Anna Font, autoras do álbum ilustrado  'A visita'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Núria Figueras e Anna Font: "Na obra non quixemos negativizar o silencio, senón axudar a entender que é algo agradábel"

Hoxe, no compostelán Pazo de Raxoi, Núria Figueras e Anna Font recollen da man da alcaldesa, Goretti Sanmartín, o Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados 2023, galardón convocado polo concello da capital. Na súa décimo sexta edición, a obra gañadora é A visita, un conto infantil editado por Kalandraka e escrito por Núria Figueras e ilustrado por Anna Font, e que leva a reflexionar sobre o silencio nunha sociedade na que só se escoita ruído.
Traballadoras da industria conserveira da Galiza (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Cales son as cidades galegas con maior incremento de afiliacións á Seguridade Social?

Máis de 73% das persoas traballadoras pertencen ao sector servizos.
Torre norte do Castelo da Rocha Forte. (Foto: Xosé Manoel Sánchez Sánchez)
'30 castelos para descubrir un reino'

O compostelán Castelo da Rocha Forte, de murallas concéntricas e foxos protectores

Son moitos os lugares do patrimonio galego que nos transportan a tempos pasados, a intres e contextos; espazos evocadores que pedra sobre pedra levan a quen os visita aos séculos dos entregos. Un deles, quizá dos máis salientados no caso da Galiza medieval, é o castelo da Rocha Forte. Pero non só coma lugar. Pedra sobre pedra, a súa construción conforma un edificio senlleiro na contorna compostelá, forte e rexo, de muros torres e adarves no seu tempo, como reza o seu nome. Pero ademais compréndese coma herdanza e produto dun conxunto de procesos sociais e políticos que, paseniño, ano a ano, decenio a decenio, século a século, deixaron nas súas rochas as pegadas daquilo que ocorrera, daquilo que se pensara... da vida, en definitiva.
Luís Zahera posa co seu Goya por 'As bestas' desde o Pazo de Raxoi de Santiago. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Cinema

Luís Zahera e Costa-Gavras non asistirán finalmente ao Cineuropa

Unha indisposición e unha intervención cirúrxica, respectivamente, impedirán ao actor compostelán e o director grego acudir ao festival de cinema.
Abel Lorenzo-Rodríguez e Gael Proupín, os agraciados na edición deste ano. (Foto: Europa Press)
CULTURA

Abel Lorenzo-Rodríguez e Gael Proupín gañan o concurso literario Mazarelos da USC

Proupín repite no podio, pois xa gañara en 2022 o certame co relato titulado 'Pater familias'.
Acto inaugural de Compostela Ilustrada.
CULTURA

As Xornadas de Ilustración Urbana afondan no debuxo como modo de vida

O 6º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela ilustrada reúne en Santiago debuxantes e artistas da ilustración nun intenso programa de obradoiros e clases maxistrais