Santiago de Compostela

María Rozas, Goretti Sanmartín e Ingrid Izquierdo, onte en Compostela. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Sanmartín propón convocar exames para a condución de taxis

A demanda do servizo supera a oferta en Compostela
Presentación do filme 'O Corno' esta terza feira e Compostela (Foto: Arxina).
Cinema

'O corno' de Jaione Camborda estréase na Galiza no festival Curtocircuíto

O flamante gañadora da última Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián, O corno de Jaione Camborda, abriu onte o festival Curtocircuíto que até o vindeiro domingo presentará o mellor da vangarda audiovisual en Compostela, con especial atención ao cine realizado por mulleres e ás novas creacións galegas.
Urxencias do CHUS, en Compostela. (Foto: Nós Diario)
Sanidade

Denuncian un novo colapso nas urxencias do CHUS: "Estaban os corredores cheos de pacientes"

Segundo a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS produciuse outro "colapso" no cal se vulneraron os dereitos á "intimidade e dignidade".
Rúa Poza Real de Arriba, en Santiago, onde se produciu o incidente. (Foto: Google)
SOCIAL

Dúas persoas detidas polo atropelo mortal en Santiago a un home de 59 anos após darse á fuga o condutor

O condutor deuse á fuga e contactou minutos despois coa Policía para informar do sucedido.
ambulancias-galicia-sergas-contrato
Agora

Morre atropelado un home de 59 anos en Santiago

Un home de 59 anos faleceu na madrugada desta terza feira ao ser atropelado por un vehículo no barrio de Conxo de Santiago de Compotela. O suceso produciuse contra as 5.44 horas desta terza feira, segundo informou Urxencias Sanitarias 061. Até o lugar do accidente desprazouse unha ambulancia do 061 que non puido facer nada pola vida do home, de iniciais J.S.S. e que tiña 59 anos.
Alfonso Rueda e Goretti Sanmartín. (Fotos: Arxina e Europa Press)
POLÍTICA

As consecuencias da presión turística e a capitalidade de Santiago, chaves da reunión entre Rueda e Sanmartín

A taxa turística, unha cuestión que desde hai anos paira sobre a capital galega, será unha das principais demandas que a alcaldesa transmitirá ao presidente da Xunta.
Dous peregrinos descansan na praza do Obradoiro, en Compostela. (Foto: Nós Diario).
star
Análise

O debate da taxa turística

Carmela Sánchez Carreira é profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compospela.
Protesta de persoal de Comfica o pasado mes de maio en Compostela (Foto: CIG).
TRABALLO

Persoal de Comfica, subcontrata de Movistar en Compostela, convoca dúas xornadas de folga

Segundo explica o secretario comarcal da federación de Industria da Confederación Intersindical Galega (CIG-Industria) de Compostela, Benedicto Blanco, o que pretende facer Comfica, que é a contrata de Movistar na zona de Compostela, é quedar con cada vez menos persoal propio e substituílo por outro subcontratado.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
POLÍTICA

8,6 millóns de euros: o custo de que Compostela sexa a capital da Galiza

A Xunta achega "algo menos" de 2,4 milóns de euros para compensar os gastos que lle supón a Compostela ser a capital galega
Toma de posesión de Goretti Sanmartín como alcaldesa de Santiago, o pasado 17 de xuño. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Santiago de Compostela

Sanmartín fai un balance "positivo" dos 100 primeiros días de mandato e critica o papel de PP e PSOE

"Parece, en certa maneira, que algúns non asumiron que non tiveron maioría absoluta e que os veciños no seu conxunto o que elixiron foi un goberno de esquerdas", afirma a alcaldesa de Santiago, en alusión ás forzas da oposición.
A publicación do concelleiro do PP en Compostela, Adrián Villa (Foto: X).
SOCIAL

"Recibimos dúas 'fashionarias', Pontón e Díaz". Este foi o comentario machista dun concelleiro do PP de Compostela

A publicación foi feita polo concelleiro do PP en Compostela, Adrián Villa, e segundo o Bloque trátase dun “novo exemplo do machismo máis rancio, que considera que se pode xulgar ás mulleres pola súa maneira de vestir”.
O comisario europeo de Emprego e Dereitos Sociais, Nicolas Schmit, e a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, onte en Compostela (Foto: Arxina).
star
ECONOMÍA

O Ministerio de Traballo relega o sindicalismo galego da cimeira da UE en Compostela

A CIG, o principal sindicato da Galiza, foi excluída por parte do Ministerio español de Traballo da reunión de alto nivel da Unión Europea que tivo lugar esta quinta feira en Compostela, despois das presións da Confederación Europea de Sindicatos e de ser previamente convidada.
Ana Pontón e Goretti Sanmartín, esta quinta feira, no Pazo de Raxoi. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Sanmartín e Pontón urxen á Xunta máis financiamento e a taxa turística para Santiago

"Pasou o tempo das promesas e é necesario que a Xunta se comprometa con Santiago", salienta a líder do BNG, que pide ao Goberno galego que "cumpra" coa capital.
Concentración da CIG esta quinta feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG toma a Praza do Obradoiro nunha concentración con motivo do evento sobre o futuro do traballo

Nun contexto de crise como o actual, apunta a CIG que instancias comunitarias xa avanzan novas medidas "de austeridade" que segundo avisa "empeorarán as condicións laborais, sociais e de vida da clase traballadora".
A artista Bía Ferreira mestura ritmos como soul, samba ou reggae. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Bía Ferreira: "Busco a incomodidade porque as persoas que están cómodas non mudan de lugar"

Bía Ferreira, artista brasileira, visita Santiago para rematar a xira europea de presentación do seu novo disco, 'Faminta', no marco do Festival Maré nun concerto que se celebra hoxe na Sala Capitol.
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Amaia Arrazola, 
Doa Oa, Eloise Gillow e Julieta XLF. (Fotos: Nohayachediaries / Jaiku187 / Love.whatsurvives)
star
CULTURA

O Delas Fest toma as rúas da comarca de Compostela

Despois de máis de medio ano de actividades, o festival de arte urbana feminista e contextual da comarca de Compostela, o Delas Fest, deixa nas rúas de Ames, Brión, Santiago e Teo catro murais nos que as artistas Amaia Arrazola, Julieta XLF, Doa Oa e Eloise Gillow plasman a súa visión de cada un destes territorios. Isto a partir dun enfoque no que se procura unha relación directa entre a arte e as persoas e historias dos lugares nos que intervén.
Xosé A. Fraga, Miguel Anxo Seixas e Antón Costa, esta cuarta feira. (Foto: Arxina)
MEMORIA E HISTORIA

Compostela evoca o Seminario de Estudos Galegos cunhas xornadas da AC O Galo

Os relatorios contaron con Miguel Anxo Seixas, Xosé Fraga e Antón Costa.
Ángel Bernardo Tahoces foi o máximo responsábel de Enerxía e Minas da Xunta até 2020. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Declara ante o xuíz un ex alto cargo da Xunta por "falsidade documental" en San Finx

Tahoces comparecerá esta quinta feira nos Xulgados de Santiago polas presuntas irregularidades cometidas cando el estaba á fronte de Enerxía e Minas dentro do organigrama da Xunta da Galiza.
Alba e Fabio, unha parella de Santa Comba tras o nacemento da súa filla, Aylen, no primeiro parto por cesárea no Hospital Clínico de Santiago no que a nai puido estar acompañada. (Foto: CHUS)
Sanidade pública

Primeira cesárea con acompañante no CHUS: "Foi algo inesquecíbel"

Aylen naceu ás 10.37 horas desta cuarta feira e o seu pai, Fabio, puido acompañar a nai, Alba, ambos os dous naturais de Santa Comba, durante o parto.

Antiga Casa da Xuventude de Santiago, na praza do Matadoiro.
Santiago de Compostela

BNG e CA negan división no Goberno a raíz dos proxectos para a Casa do Matadoiro, cuxo derrube pon o PSOE como liña vermella

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reivindica un Goberno "unido e que funciona" a pesar de diferenzas con Compostela Aberta sobre o futuro da antiga Casa da Xuventude. O proxecto de derrube, defendido en campaña polo BNG, suporía que o PSOE vote en contra dos orzamentos municipais, advirten os socialistas.