O líder da Segunda pon a proba o Lugo e o Osasuna fai o propio co Celta
Concluída a excursión de Real Madrid, Fútbol Club Barcelona, Athletic de Bilbao e Atlético de Madrid organizada pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF) por terras sauditas co gallo da Supercopa, volven os campionatos ligueiros e -polo de agora- aínda en territorio nacional con senllos compromisos no día de hoxe para Club Deportivo Lugo e Real Club Celta de Vigo.