Seguridade Social

Lugo incrementou 2,8% na cifra interanual de afiliacións (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Cada 100 persoas en idade de abandonar o traballo ingresan 19 na Seguridade Social

O Instituto Galego de Estatística (IGE) deu a coñecer esta sexta feira os datos de afiliación de maio. O mes  concluíu con 1.011.490 persoas afiliadas en alta laboral. 

Traballadores da construción. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

Inspección de Traballo realizará máis de 624.000 actuacións este ano

O pasado ano rematáronse 651.531 expedientes, a maioría relacionados coa prevención de riscos laborais.
Unha traballadora do fogar 
limpando nunha vivenda (Foto: Nós Diario).
star
TRABALLO

Cal sería a chave para que as traballadoras do fogar teñan convenio propio?

No mes de abril, indica a Seguridade Social, formaban parte do colectivo de traballadoras do fogar 23.145 persoas, das que 22.581 son mulleres e 564 homes. Un grupo de investigadoras e investigadores da Universidade da Coruña (UDC) estudou as posibilidades de que conten con convenio colectivo. Unha das propostas de actuación  apunta como posibilidade incentivar que se asocien as persoas empregadoras.
Operarias nunha carpinteiría industrial
TRABALLO

En que cidades galegas aumentou máis a afiliación á Seguridade Social?

Os afiliados á Seguridade Social subiron en marzo nas sete cidades galegas
828.446 cotizantes corresponden ao réxime xeral na Galiza. (Foto: Arxina)
TRABALLO

A Seguridade Social perde 11.752 cotizantes en xaneiro na Galiza

No total da Galiza, 828.446 cotizantes corresponden ao réxime xeral, 203.788 son persoas autónomas e 18.296 traballan no mar.
Os representantes da Fruga, Elías Somoza e Manuel Dacal (Foto: Nós Diario).
Agora

A Fruga demanda que a PAC só beneficie as persoas dadas de alta na Seguridade Social agraria

A Federación Rural Galega (Fruga) destacou que a Galiza é a única autonomía do Estado na que "todas as persoas beneficiarias" da Política Agraria Común (PAC) "son cotizantes da Seguridade Social agraria". Neste sentido, o sindicato criticou esta terza feira que no resto de autonomías "as persoas beneficiarias incumpren esta condición" na campaña da PAC de 2023.

Deste modo, a Fruga reclamou que se corrixa esta "anomalía" por parte das Administracións, emprazando á Xunta da Galiza a dirixirse ao Goberno do Estado español para que a PAC recaia "exclusivamente sobre todas aquelas persoas que poidan demostrar a súa condición de agricultor ou agricultora a título principal, profesional ou activo agrario mediante a alta na Seguridade Social Agraria".

Desta maneira, segundo defendeu o sindicato agrario, as persoas solicitantes "que non acrediten estar dadas de alta na Seguridade Social agraria quedarían excluídas, dándose a posibilidade de acrecentar os importes para cobrar por parte das persoas que si demostran a súa condición de profesionais do sector agropecuario".

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, no centro, na inauguración do foro Talentia de 2023 (Foto: Europa Press).
star
TRABALLO

Así evolucionan as altas laborais nas sete cidades: Compostela lidera a xeración de emprego

Entre as sete grandes cidades galegas, Compostela foi a que máis aumentou a súa taxa interanual de persoas con alta laboral na Seguridade Social, en 3,4%, o que supón máis do dobre do rexistro do conxunto da Galiza (1,5%). Pola súa parte, Ferrol, con 0,7%, experimentou o peor resultado entre as sete urbes, sendo a única destas que se situou por baixo da media da Galiza, segundo os datos de novembro publicados esta segunda feira.
Persoal traballando nun bar (Foto: Europa Press).
star
ECONOMÍA

As afiliacións á Seguridade Social caen en 1.283 persoas na Galiza e crecen no Estado

Galiza perdeu 1.283 afiliados e afiliadas á Seguridade Social en  decembro. Mentres no país o número de cotizantes cae en -0,12%, ficando en 1,06 millóns de persoas, no Estado increméntanse en 1,92%, sumando 20.836.010 inscritos. O número de ocupados e de  ocupadas na Galiza continúa por baixo do rexistrado en 2009.

Dous operarios da construción traballando (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
TRABALLO

A idade de xubilación aumenta coa entrada do novo ano: estas serán as mudanzas normativas

Os galegos e as galegas que queiran xubilarse a partir do 1 de xaneiro, con 100% da pensión, terán que ter polo menos 66 anos e seis meses cumpridos.
A reforma do PP de 2013 continúa a endurecer o acceso ás pensións. Foto: Nós Diario
TRABALLO

O gasto estatal en pensións alcanza a cifra récord de 12.120 millóns en decembro

Dos máis de 10 millóns de pensións contributivas no Estado, 6,42 millóns son de xubilación. O gasto total en pensións correspóndese a 11,5% do PIB.
Susana Méndez e Nicolasa Castro, esta quinta feira. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

A Seguridade Social vulnera a intimidade das mulleres de baixa

A CIG presenta unha denuncia contra o organismo.
Dúas persoas camiñando diante dunha oficina de emprego en Santiago de Compostela. (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

En novembro, 68% da contratación foi temporal

Os datos dados a coñecer esta segunda feira polo Ministerio de Traballo amosan unha caída do desemprego de 1,63% na Galiza, co sector servizos encabezando a contratación. Porén, dáse unha alta porcentaxe da temporalidade, sendo 39.053 os novos contratos asinados en novembro de carácter temporal.
A CIG cre que os datos do desemprego agochan unha faciana menos positiva (Foto: Europa Press).
TRABALLO

Novembro despediuse coa perda de 4.287 empregos na Galiza

A Seguridade Social perde 4.287 afiliados, 0,4%, seis veces máis que a media estatal.

Traballadoras da industria conserveira da Galiza (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Cales son as cidades galegas con maior incremento de afiliacións á Seguridade Social?

Máis de 73% das persoas traballadoras pertencen ao sector servizos.
Un mozo saíndo dunha oficina de emprego da Xunta da Galiza en Compostela (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A CIG valora os datos do desemprego como "negativos" e fai fincapé na temporalidade

“Non hai emprego nin seguro, nin con condicións dignas”, manifestan desde a CIG.
Un traballador acomete a instalación dun tellado. (Foto: Lola Fdez. Nogales).
TRABALLO

A afiliación á Seguridade Social subiu en xullo nas sete cidades, con Santiago á cabeza

A afiliación incrementouse 1,2% no conxunto do país.
A pensión media das persoas galegas xubiladas é 15,39% inferior á do conxunto do Estado. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

76% da poboación galega admite preocupación por non chegar a ter unha xubilación cómoda

A “preocupación” que provoca o incremento do custo das facturas está a ter un efecto negativo no benestar financeiro

Unha muller é atendida por un funcionario nunha oficina do Servizo Público de Emprego Estatal (Foto: Francisco J. Olmo).
TRABALLO

A afiliación á Seguridade Social obtén o mellor dato na Galiza desde o ano 2008

O número de persoas no paro é o menor da serie histórica do país.
Traballadores de hostalaría en Santiago (Foto: Arxina).
TRABALLO

O nivel de afiliación á Seguridade Social creceu 27,4% máis no Estado que na Galiza

A ocupación aumentou en 25.000 persoas na Galiza en 12 meses.
Un traballador acomete a instalación dun tellado. (Foto: Lola Fdez. Nogales).
TRABALLO

14 detidos no sector da lousa dos Ancares por estafar 5 millóns á Seguridade Social

A operación 'Dorma' destapa unha fraude composta por 19 sociedades.